Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
05Xullo2019Miranda recibe os 30 primeiros mozos galegos do exterior que aterraron en Alvedro procedentes do Uruguai para participar no “Conecta con Galicia” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá os 30 primeiros mozos que aterraron en Galicia procedentes do Uruguai para participar na convocatoria de 2019 de Conecta con Galicia. O programa, dirixido á mocidade galega do exterior de entre 15 e 20 anos, busca reforzar os lazos que unen os descendentes de emigrantes galegos coa súa terra de orixe. Esta nova convocatoria do programa permitirá a arredor de 130... Máis información
-
02Xullo2019Miranda renova o seu compromiso coas actividades de difusión da cultura galega que desde hai anos leva a cabo a Casa de Galicia de Córdoba audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro con representantes da Casa de Galicia de Córdoba, a quenes animou a seguir a traballar polas letras e a tradición galega O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, renovou, un ano máis, o compromiso do Goberno galego cos centros galegos que desde diferentes cidades e países do mundo dedican gran parte da súa actividade a preservar e difundir a cultura galega. Fíxoo durante o... Máis información
-
27Xuño2019Miranda remata a súa primeira viaxe do ano á Arxentina cunha reunión con representantes do Goberno español audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro co embaixador de España na capital arxentina, Javier Sandomingo Núñez O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, pechou a súa primeira viaxe do ano á Arxentina cunha reunión institucional con representantes do Goberno de España na capital porteña. O responsable do departamento autonómico mantivo un encontro co embaixador español en Bos Aires, Javier Sandomingo Núñez, que se... Máis información
-
27Xuño2019O retorno á comunidade medra por quinto ano consecutivo e deixa en Galicia máis de 40.000 galegos que regresaron do estranxeiro na última década audio No último exercicio volveron á súa terra de orixe 6.705 galegos, dos que case o 80% son menores de 65 anos Os datos que publica hoxe o Instituto Nacional de Estadística reflicten un incremento do 107,46% na volta de galegos residentes no exterior respecto a 2009 O retorno incrementouse en máis dun 8% só nos últimos doce meses, que se suma ao 21% do ano anterior e ao 20% do 2016, o que implica un aumento do 50% nos derradeiros tres anos Venezuela... Máis información
-
26Xuño2019Miranda invita os máis de 110 mozos beneficiarios de Conecta con Galicia da Arxentina e o Uruguai a “deixarse impresionar” pola súa terra de orixe audio O secretario xeral da Emigración reuniuse cos participantes na primeira quenda do programa para exporlles a axenda de actividades que van poder realizar en compañía doutros mozos da Galicia territorial O responsable do departamento autonómico iniciou a súa estadía en Bos Aires coa sinatura dun convenio co Centro Gallego de Mar del Plata e unha xuntanza cos presidentes das asociacións que integran a Unión de Asociacións Gallegas O secretario... Máis información
-
25Xuño2019Miranda reúnese co novo embaixador do Uruguai por primeira vez desde a súa chegada ao país andino audio O secretario xeral da Emigración celebrou sendas xuntanzas con José Javier Gómez-Llera y García-Nava e co consejero de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social, Vicente Pecino Medina A axenda institucional do primeiro día centrou gran parte da actividade en Montevideo nos encontros coa colectividade galega na capital uruguaia O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse esta mañá co novo embaixador de España en... Máis información
-
25Xuño2019Galicia duplica o seu saldo migratorio co estranxeiro, que se achega as 13.000 persoas, e deixa un balance positivo no do resto de España, desde onde entraron 252 persoas máis das que saíron audio O Instituto Nacional de Estadística publica hoxe as cifras da poboación que gañou Galicia por mor dos movementos migratorios Os datos reflicten un incremento de case o 93% no balance co estranxeiro e do 22,57% co nacional A diferenza entre a poboación que entra na comunidade autónoma e a que sae multiplicouse por máis de 3,5 desde 2009 Os menores de 30 anos supoñen máis da metade do total de novos habitantes e constitúen o grupo máis numeroso,... Máis información
-
24Xuño2019Miranda asina convenios coas principais entidades sociais de orixe galega do Uruguai, que garanten atención para galegos sen recursos audio O secretario xeral da Emigración renovou a colaboración do seu departamento co Hogar Español de Montevideo, a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos e a Casa de Galicia A axenda institucional tamén levará ao responsable autonómico desta área á Arxentina, o país do mundo con maior presenza galega, con máis de 176.000 galegos. O Uruguai é o terceiro, con máis de 41.000 residentes de orixe galega O secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
-
23Xuño2019A Secretaría Xeral da Emigración celebra coas galegas e galegos do Reino Unido o Día da Patria Galega no Instituto Cañada Blanch audio A Secretaría Xeral da Emigración celebrou hoxe o Día da Patria Galega coas galegas e galegos do Reino Unido. O subdirector xeral da Emigración e as Comunidades Galegas, Antonio Casas Calviño, asistiu ao acto que organiza cada ano o Centro Galego de Londres no Instituto Español Vicente Cañada Blanch, onde agradeceu á colectividade galega que reside tanto na capital do Reino Unido como na súa zona de influencia que manteñan viva a cultura e os... Máis información
-
22Xuño2019Feijóo dá a benvida ás e aos maiores do exterior beneficiarios de Reencontros na Casa e ás súas familias, a quen agradece o seu labor como embaixadoras e embaixadores de Galicia en América, no 30 aniversario do programa audio O presidente da Xunta lembroulles, durante un acto oficial celebrado en San Martiño Pinario, que están “na que é, e sempre foi, a súa casa”. Esta nova edición dunha das iniciativas máis antigas da Secretaría Xeral da Emigración, que este ano cumpre 30 anos, deu a oportunidade de regresar a Galicia a 135 galegas e galegos do exterior. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deu a benvida os galegos e galegas do exterior que este ano se... Máis información
Páxinas |