Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
01Setembro2023Representantes de Casas de Galicia de Barcelona e do Centro Galego de Tarragona reúnense co secretario xeral da Emigración audio Marisol Pérez e Manoel Carrete aproveitaron o encontro para facer balance das actividades deste primeiro semestre nas súas respectivas entidades. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu a Marisol Pérez, secretaria de Casas de Galicia de Barcelona, e a Manoel Carrete, vicepresidente de cultura do Centro Galego de Tarragona. Ambos representantes mantiveron un encontro para facer balance das actividades que levaron a... Máis información
-
31Agosto2023Miranda visita en Ribadeo unha respostería artesanal e ecolóxica posta en marcha por dúas galegas retornadas audio O proxecto empresarial “Pan de Limón”, fundado no ano 2021, xorde da iniciativa de dúas galegas retornadas do Reino Unido e Alemaña e está integrado nas liñas de Axudas ao Retorno Emprendedor. Esta subvención da Secretaría Xeral da Emigración ten aberto o prazo de solicitude ata o 29 de setembro e a contía comprende entre os 6.000 e 10.000 euros. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega,... Máis información
-
30Agosto2023Rodríguez Miranda recibe aos representantes da Asociación Casa Argentina en Vigo audio Esta entidade cultural, fundada no ano 2008, converteuse nun referente cultural e, na actualidade, desenvolve un importante labor de acollida para a colectividade arxentina na cidade olívica. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá a Hugo Aloe e Ana Rosas, presidente e secretaria da Asociación Casa Argentina en Vigo. Esta entidade cultural fundada no ano 2008 é, na actualidade, un referente cultural... Máis información
-
30Agosto2023As entidades galegas do exterior contarán cun total de 40 obradoiros de música, cociña e cultura galega audio A Secretaría Xeral da Emigración vén de publicar a adxudicación definitiva dos 40 obradoiros que se organizan en colaboración coas entidades galegas do exterior de América, España e Europa. Estas actividades serán presenciais, excepto os seminarios de cultura galega que se realizarán de forma virtual, e darán comezo este mes de setembro. A Secretaría Xeral da Emigración vén de publicar no día de hoxe a adxudicación definitiva dos 40... Máis información
-
29Agosto2023Rodríguez Miranda recorda que ata o 29 de setembro continúa aberto o prazo para solicitar as Axudas Extraordinarias ao Retorno audio O secretario xeral da Emigración, acompañado do delegado territorial Gonzalo Trenor, visitou hoxe a sede da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno situada na cidade herculina, onde tamén destacou a ampliación das e dos técnicos destinados a apoiar os eidos laboral, social, fiscal e xurídico das galegas e galegos retornados. Das 60.000 consultas realizadas nas 5 sedes da comunidade desde a apertura da oficina no ano 2020, a sede... Máis información
-
28Agosto2023O secretario xeral da Emigración recibe á presidenta da Casa de Galicia de Curitiba (Brasil) audio Esta mañá, Antonio Rodríguez Miranda recibiu na Secretaría Xeral da Emigración a Maribel Mariño González, actual presidenta da Casa de Galicia do Centro Español do Paraná. Entre outros asuntos, Miranda e Mariño conversaron sobre as actividades que esta entidade galega localizada na cidade de Curitiba (Brasil) levou a cabo o último ano, destacando a súa aposta por manter a tradición e cultura galegas co Grupo Folclórico “Aires Galegos”, que... Máis información
-
26Agosto2023Miranda lembra en esRadio que segue aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor que apoia economicamente os novos proxectos empresariais das e dos galegos que apostan polo regreso a Galicia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, lembrou en esRadio Galicia que a Xunta de Galicia mantén nestes intres aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor a través das que se busca apoiar os novos proxectos empresarias de aqueles galegos e galegas que apostan polo regreso a Galicia. O prazo para poder solicitar esta colaboración económica remata o 29 de setembro, e os beneficiarios e beneficiarias poden obter entre 6.000... Máis información
-
25Agosto2023O secretario xeral da Emigración felicita aos máis de 40.000 galegos e galegas do Uruguai a Festa Nacional deste país audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicitou hoxe aos máis de 40.000 galegos e galegas residentes no Uruguai co gallo da Festa Nacional deste país americano. Galicia quere felicitar así a conmemoración do 198º aniversario da indendencia do Uruguai coa iluminación, tralo solpor, coas cores da súa bandeira na Torre de Hércules da Coruña, as Torres Hejduk da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e as fontes da rúa... Máis información
-
25Agosto2023Ángeles Vázquez asistiu á recepción da Embaixada do Uruguai pola Festa Nacional a bordo do veleiro escola Capitán Miranda audio A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asistiron esta mañá á recepción da Embaixada do Uruguai con motivo da Festa Nacional a bordo do veleiro escola Capitán Miranda. Máis información
-
24Agosto2023Miranda destaca en Marín que o retorno a Galicia dinamiza os diferentes sectores económicos galegos como o da cultura e o do audiovisual audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, asistiron á inauguración do John Balan Fest, que se celebra dende hoxe e ata o próximo sábado na localidade pontevedresa e que ten como principal obxectivo conectar a creadoras e creadores locais con comunidades audiovisuais internacionais. O director do festival é un galego retornado do Perú que contou cunha axuda da Secretaría Xeral da... Máis información
Páxinas |