Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
11Setembro2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, agradece a participación das institucións galegas de Montevideo no Expo Prado 2023 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, agradeceu esta fin de semana a colaboración da Cámara Española e das distintas institucións galegas de Montevideo na Expo Prado 223 organizada pola Federación de Asociaciones Gallegas de Uruguay polos 40 anos do pavillón de España nesta mostra, o que permitiu promocionar Galicia e demostrar a pervivencia da colectividade galega no país do Cono Sur. Xunto a delegada da Xunta estiveron tamén... Máis información
-
11Setembro2023O secretario xeral da Emigración comprométese co presidente do Centro Pontevedrés de Montevideo en asistir ao seu aniversario audio José Vidal, presidente desta entidade social e deportiva, convidou a Rodríguez Miranda aos seus actos de aniversario, que terá lugar a finais de outubro. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu a José Vidal, presidente do Centro Pontevedrés de Montevideo con quen analizou as actividades do centro para os próximos meses, así como as realizadas ao longo de todo este ano. O máximo representante desta entidade social e... Máis información
-
08Setembro2023140 mozos e mozas do exterior participaron en diferentes programas da Secretaría Xeral da Emigración durante o presente ano audio Cos e coas 17 participantes do programa Conecta Voluntariado Galicia, que Rodríguez Miranda recibiu esta mañá, son 140 as e os nados ou descendentes que descubriron a cultura, historia e patrimonio de Galicia. Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude e a Consellería de Cultura e Educación, destínase a galegas e galegos residentes no exterior de entre 21 e 30 anos, e levarase a cabo do 8 ao... Máis información
-
07Setembro2023Galicia pon en marcha unha Oficina Móbil de Atención a Emigrantes Retornados para achegar o asesoramento integral ao rural audio A Secretaría Xeral da Emigración destinará 250.000 euros á posta en marcha deste servizo que achegará a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno aos concellos con maior número de retornados. O obxectivo é poder chegar a todas aquelas familias que o precisen e que presentan dificultades para achegarse a unha das cinco sedes físicas desta Oficina nas catro provincias galegas. Dende a posta en marcha deste servizo, que forma parte... Máis información
-
07Setembro2023Emigración aposta por potenciar o eido de información laboral e fiscal básica na Oficina Integral de Retorno en Ourense audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe a sede situada na rúa Concello da cidade das Burgas onde destacou a aposta da Xunta polo retorno coa ampliación das e dos técnicos destinados a apoiar aos galegos e galegas do exterior nos eidos laboral, social e xurídico na súa volta a Galicia, que contará ademais, como no resto de Galicia, dende agora con asesoramento tributario e fiscal básico. Recordou que a... Máis información
-
06Setembro2023Rodríguez Miranda interésase nos proxectos previstos polo décimo aniversario da Casa de Galicia en Alcorcón audio A secretaria da entidade, Carmen Lamas, compartiu co secretario xeral da Emigración as actividades previstas por esta entidade, a máis nova da comunidade madrileña. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu á secretaria da Casa de Galicia en Alcorcón, Carmen Lamas, coa que falou, entre outros temas, dos proxectos previstos polo décimo aniversario deste centro galego. Esta entidade, que conta cunha ampla actividade... Máis información
-
06Setembro2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, destaca a importancia dos xogos de salón para manter a unión entre a colectividade galega audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao inicio das 48ª Olimpiadas de Juegos de Salón da Liga Española Deportes del Uruguay, na que participan as entidades galegas Centro Gallego de Montevideo, o Centro Pontevedrés, A Casa de Galicia, o Club Social CUTCS e o Centro Alma Gallega, entre outras. A delegada destacou a importancia que este tipo de iniciativas teñen para manter a unión entre a colectividade galega e española no... Máis información
-
05Setembro2023Emigración destaca a figura de Antonio Palacios como afianzador da identidade galega a través da arquitectura audio Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou a mostra “Construír a paisaxe” realizada pola artista Amelia Palacios, sobriña-bisneta do famoso arquitecto galego, co gallo do 150º aniversario do seu nacemento. O secretario xeral da Emigración agradeceu a iniciativa posta en marcha pola Federación de Asociaciones Gallegas en Madrid, FAGAMA. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á inauguración da exposición que sobre a figura... Máis información
-
04Setembro2023Miranda analiza con Manuel Enríquez, presidente do Consello da Comunidade Española da Baixada Santista, a situación da colectividade no Brasil audio Manuel Enríquez aproveitou a visita para valorar e agradecer a colaboración da Secretaría Xeral da Emigración no que a apoio económico, humano e social se refire. Antonio Rodríguez Miranda recibiu na Secretaría Xeral da Emigración a Manuel Enríquez, presidente do Consello da Comunidade Española da Baixada Santista, colonia que agrupa ao Centro Español de Santos, á Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficencia Rosalía de Castro así como ao... Máis información
-
04Setembro2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asiste ao 144º aniversario do Centro Gallego de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto de homenaxe ao Centro Gallego de Montevideo co gallo do seu 144º aniversario, que tivo lugar no polideportivo de Carrasco. Durante o evento, a delegada da Xunta estivo acompañada de outras autoridades españolas como o encargado de negocios da embaixada de España, Carlos Domínguez, ou a consejera de Trabajo y Seguridad Social, Isabel de Zulueta. Elvira Domínguez destacou a... Máis información
Páxinas |