Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
26Setembro2022Miranda presenta ao novo Director da Casa de Galicia en Madrid ás Entidades Galegas na capital española audio No encontro analizáronse cuestións como a situación da colectividade na comunidade madrileña, as necesidades dos centros e o calendario das súas actividades para os próximos meses. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo cos representantes das entidades galegas en Madrid na que aproveitou para presentar ao novo director da Casa de Galicia na capital española, Juan Carlos Serrano. A reunión... Máis información
-
26Setembro2022A Delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asiste ao almorzo de consulta do Ministro de Medio Ambiente na Cámara Española de Comercio audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao almorzo de consulta “Uruguai país sostible”, que ofreceu o ministro de Medio Ambiente do país do Cono Sur, Adrián Peña, invitado pola Cámara Española de Comercio, Industria y Navegación de Uruguay (Camacoes). No acto, Elvira Domínguez estivo acompañada polo director de Uruguay XXI, Sebastian Risso, a xerente da Cámara Española de Comercio, Carmen Miranda, a vicepresidenta de Uruguay... Máis información
-
25Setembro2022Miranda felicita á Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria polas súas iniciativas solidarias audio O secretario xeral da Emigración rematou nesta illa coa rolda de visitas ás entidades galegas nesta comunidade autónoma onde puido comprobar as obras realizadas trala reinauguración posterior ao incendio que sufriu este centro. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, finalizou na Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria a rolda de visitas que realizou estes días ás entidades galegas situadas nesta comunidade autónoma.... Máis información
-
24Setembro2022Miranda visita a Casa de Galicia de Fuerteventura-Amigos de Canarias animándoos a incorporarse ao Rexistro da Galeguidade audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Casa de Galicia de Fuerteventura-Amigos de Canarias, destacando a súa xuventude e animándoas e animándoos a incorporarse ao Rexistro da Galeguidade para impulsar, aínda máis, as súas iniciativas. Durante a visita, o secretario xeral destacou as iniciativas postas en marcha por esta entidade en prol de potenciar a cultura galega nesta illa canaria, así como manter a... Máis información
-
24Setembro2022Emigración participa no acto de benvida ao alumnado internacional que estudará na USC este curso académico audio A subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais, María Baleato, participou no acto de benvida ao alumnado internacional que estudará na USC este curso académico, que tivo lugar hoxe no Pazo de Fonseca. A representante de Emigración recordou aos alumnos e alumnas que Galicia é unha terra que sabe acoller á xente que chega dos países do exterior e que agradece a pegada cultural e social que aportan. O acto,... Máis información
-
23Setembro2022Miranda retoma o contacto coas entidades de Canarias no Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife audio O secretario xeral da Emigración iniciou unha rolda de visita polas entidades galegas nesta comunidade autónoma para coñecer como retomaron as actividades trala pandemia e agradecer o seu apoio na difusión do Ano Santo Xacobeo. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou no Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife a rolda de visitas que realizará nestes días ás entidades galegas situadas na comunidade autónoma canaria.... Máis información
-
23Setembro2022O secretario xeral da Emigración recorda en Onda Cero que o Goberno galego sempre apoiou a derrogación definitiva do voto rogado audio O secretario xeral da Emigración destacou a satisfacción institucional pola aprobación definitiva no Senado, xa que “é de xustiza” e facilita a participación nas eleccións dos galegos e galegas do exterior sen minguar as garantías das e dos inscritos no CERA. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou en Onda Cero Galicia a satisfacción do Goberno galego pola aprobación definitiva da derrogación do voto rogado, trala... Máis información
-
23Setembro2022O especial “Historias de ida e volta” de setembro destaca o centenario da Asociación do Partido de Corcubión en Bos Aires audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. A entrega de setembro do especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, céntrase, nesta ocasión, no... Máis información
-
22Setembro2022Miranda traslada na TVG a satisfacción do Goberno galego pola aprobación definitiva da derrogación do voto rogado audio O secretario xeral da Emigración recordou que o Goberno galego sempre ten apoiado, “porque o considera de xustiza”, a súa substitución por outro procedemento que favoreza o voto en urna e facilite a participación sen minguar as garantías das e dos inscritos no CERA. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou hoxe no programa Bos Días da TVG a satisfacción do Goberno galego pola aprobación definitiva da derrogación do... Máis información
-
22Setembro2022Emigración organiza 36 obradoiros de música, cociña e cultura galega para as entidades do exterior audio Estas actividades serán organizadas polos propios centros en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, e continuarán este ano sendo telemáticas en América e presenciais en España e Europa. A Secretaría Xeral da Emigración acaba de publicar a adxudicación dos 36 obradoiros que se realizarán en colaboración coas entidades galegas do exterior para dar formación ás persoas asociadas en folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura... Máis información
Páxinas |