Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
27Decembro2020Miranda analiza a situación das e dos retornados coa Asociación Mexicanos en Galicia e Madres Latinas audio O secretario xeral da Emigración e estas dúas entidades acordaron por en marcha unha colaboración que se desenvolverá ao longo de 2021 para axudar aos galegos e galegas que regresan deses países. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión coa presidenta da Asociación Mexicanos en Galicia, Lucero Dámaso, e a presidenta de Madres Latinas, Luisi Motta, para analizar a situación das e dos... Máis información
-
25Decembro2020A maxia destas datas festivas pon fin a “Un Nadal de Contos” na Aula GaliciaAberta audio Esta proposta de contacontos da Secretaría Xeral da Emigración conclúe mañá, dando paso a unha sesión especial na noite de Reis, dedicada a tódalas e tódolos nenos galegos no exterior e na nosa comunidade autónoma. As sesións corren a cargo de Polo Correo do Vento e contan cun concurso para que as e os máis pequenos poidan optar a un lote de produtos do Xacobeo. A Secretaria Xeral da Emigración remata mañá, sábado 26 de decembro, o programa “... Máis información
-
24Decembro2020Mensaxe de Nadal do presidente da Xunta de Galicia aos galegos e galegas do exterior audio O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, felicitou o Nadal 2020 e o Ano Novo 2021 aos galegos e as galegas do exterior. Máis información
-
23Decembro2020Mensaxe de Nadal do secretario xeral da Emigración audio O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, felicita o Nadal 2020 e o Ano Novo 2021. Máis información
-
23Decembro2020A Xunta habilita 32,2m€ para que as nenas e nenos nacidos no 2021 teñan acceso á Tarxeta Benvida, que consolida as facilidades para as galegas e os galegos retornados aprobadas a comezos deste ano audio As e os galegos que regresen á comunidade teñen tres meses para solicitar esta axuda, en lugar dos dous con que contaban inicialmente Durante os seus catro anos de existencia, esta prestación contou cun orzamento acumulado de 70 millóns de euros. No ano 2020 introduciuse un complemento do 25% para as familias que vivan en concellos de menos de 5000 habitantes, un complemento para as familias numerosas e a posibilidade de ampliar a axuda ata os... Máis información
-
22Decembro2020“Un Nadal de Contos” da Aula GaliciaAberta achégase ao seu remate con dúas historias centradas nestas festas audio Esta proposta de contacontos da Secretaría Xeral da Emigración rematará coas sesións deste mércores 23 e do próximo sábado 26 de decembro. O día de Reis haberá unha sesión especial para celebrar esta data con tódalas nenas e nenos galegos do exterior e da comunidade autónoma. As sesións corren a cargo de Polo Correo do Vento e contan cun concurso para que as e os máis pequenos poidan optar a un lote de produtos do Xacobeo. A Secretaria Xeral da... Máis información
-
21Decembro2020Feijóo salienta que o apoio fronte á covid e a aposta polo retorno serán as principais liñas para a Galicia exterior no 2021 audio Destaca o incremento das achegas para apoiar o sustento das entidades galegas, prestando especial atención a aquelas que contan con atención sociosanitaria, con acordos de colaboración específicos con elas de 1,2 millóns de euros. Afirma que se seguirá apoiando ás familias con achegas de apoio social que superarán os 3 millóns. Avanza que a Xunta está a traballar xa nunha nova Estratexia Galicia Retorna; sendo unha das comunidades que máis... Máis información
-
20Decembro2020Miranda analiza co secretario do CRE da República Dominicana a situación da colectividade galega neste país durante a pandemia audio O secretario xeral da Emigración e Antonio Sánchez Espantoso, mantiveron unha reunión na sede do departamento do Goberno galego. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión con Antonio Sánchez Espantoso, secretario do Consejo de Residentes Españoles (CRE) da República Dominicana onde se analizou a situación da colectividade galega neste país durante a situación de crise sanitaria que... Máis información
-
18Decembro2020O Consello da Cultura Galega, xunto á Secretaria Xeral da Emigración, sobe á rede nova documentación sobre o fenómeno migratorio audio “De Galicia a América: a chegada a un novo mundo” é o título dunha nova entrega do especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, que pretende difundir material sobre o fenómeno migratorio. Nesta ocasión, o especial ofrece unha vintena de fotografías e documentos sobre o momento da chegada dos galegos e galegas a América no século XX. A... Máis información
-
18Decembro2020Mensaxe co gallo do Día Internacional da Persoa Migrante audio Os tempos nos que vivimos están a ser duros para todas e todos, pero o colectivo das e dos migrantes está a sufrir de xeito moi especial a pandemia da covid-19, non só pola distancia das e dos seus seres queridos, senón pola debilidade económica de moitos deles e delas nun escenario de consecuencias complexas. Como a propia Organización das Nacións Unidas recoñece, a crise sanitaria non pode ser una escusa para retroceder na protección dos seus... Máis información
Páxinas |