Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
04Xaneiro2021Emigración axudou a 204 familias galegas do exterior en situación de emerxencia social urxente e extraordinaria durante este ano de pandemia audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que as familias que recibiron estas axudas residían en 6 países distintos. Estes apoios económicos oscilaron entre un mínimo de 195 euros e un máximo de 850, dependendo do país de destino. A Secretaria Xeral da Emigración destinou en 2020 un total de 200.000 euros que permitiron apoiar a 204 familias galegas do exterior que, por cuestións urxentes e... Máis información
-
03Xaneiro2021“Un Nadal de Contos” da Aula GaliciaAberta “regala” ás e aos máis pequenos un especial sobre a noite de Reis audio A proposta de contacontos que desenvolveu este Nadal a Secretaría Xeral da Emigración pon o seu broche de ouro o próximo martes, día 5, cunha sesión especial dedicada á noite de Reis. A sesión correrá tamén a cargo de Polo Correo do Vento. A Secretaria Xeral da Emigración pon o seu broche de ouro á proposta de contacontos desenvolvida durante este Nadal cunha sesión especial dedicada á noite de Reis que os máis pequenos e pequenas poderán... Máis información
-
02Xaneiro2021A Aula GaliciaAberta da Secretaría Xeral da Emigración conclúe os seus obradoiros de 2020 con máis de 405.000 visualizacións audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que esta iniciativa busca manter a formación e divulgación da cultura galega en todo o mundo durante a crise do coronavirus. Durante este ano leváronse a cabo obradoiros de canto e pandeireta, percusión tradicional, gaita galega, baile galego e cociña, así como contacontos. A Aula GaliciaAberta, que se puxo en marcha o pasado 27 de abril para reforzar a... Máis información
-
01Xaneiro2021As Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en Galicia acompañaron en 2020 a case 3.500 familias chegadas a Galicia nos últimos anos audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou a importancia destas cinco oficinas que dispoñen de persoal especializado e permiten “acompañar persoalmente aos galegos e galegas do exterior en todo o seu proceso de retorno”. En 2019 retornaron a Galicia 6.574 galegas e galegos, convertendo a Galicia na comunidade autónoma con maior índice de retorno sobre as persoas que entran no país. Na provincia da Coruña atendéronse 8.... Máis información
-
31Decembro2020Mensaxe de Fin de Ano do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo audio Boas tardes a todos. Moitos de vostedes lembrarán este escenario. Ao longo deste ano, en numerosas ocasións, utilicei este mesmo atril para comunicarlles datos sobre a evolución da pandemia, acordos relacionados coa situación sanitaria e medidas para combater a covid-19. A miña primeira mensaxe ten que ser para recordar a aqueles galegos que nos dixeron adeus para sempre por culpa da pandemia. E tamén para as súas familias, e para todas as... Máis información
-
30Decembro2020Emigración destinou 1,6 millóns de euros en 2020 para apoiar a máis de 700 familias retornadas nos gastos extraordinarios derivados do seu regreso audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que estas axudas foron solicitadas por galegas e galegos retornados de ata 38 países. Por provincias, presentaron axudas extraordinarias para o retorno 327 da Coruña, 235 de Pontevedra, 96 de Ourense e 51 de Lugo. A Secretaria Xeral da Emigración destinou en 2020 un total de 1,6M€ para apoiar os gastos extraordinarios derivados do regreso de 709 familias... Máis información
-
30Decembro2020A páxina web da Secretaría Xeral da Emigración emitirá por streaming a apertura da Porta Santa que supón o inicio do Xacobeo 2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que se trata dun acontecemento histórico e lembrou que todas as galegas e os galegos do exterior están chamados a participar no Ano Santo. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda anunciou hoxe que a páxina web e redes sociais deste departamento emitirá por streaming a apertura da Porta Santa coa que se dá inicio ao Xacobeo 2021. Deste xeito, Miranda fai... Máis información
-
29Decembro2020A Xunta aproba 1,72 millóns de euros para atraer aos 200 mellores expedientes universitarios do exterior na quinta convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior audio O Goberno galego aumenta en 50 bolsas BEME para o curso 2021/22 de cara a atraer aos galegos e galegas do exterior de alta cualificación, incentivando así que fixen a súa residencia e a súa actividade laboral na comunidade autónoma. As bolsas sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, cunhas contías que oscilan entre os 7.000 e os 11.574 euros. O Consello da Xunta aprobou hoxe unha nova convocatoria, por parte da Secretaría Xeral da... Máis información
-
28Decembro2020Emigración destinou 600.000 euros en 2020 para apoiar a case un centenar de galegas e galegos retornados que puxeron en marcha un proxecto empresarial audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que o 65% das solicitudes proceden de América, mentres o 29% o fan dende Europa. Por provincias, A Coruña contou con 42 novos negocios de galegas e galegos retornados apoiados pola Xunta; Pontevedra con 35, 11 Ourense e 6 Lugo. A Secretaria Xeral da Emigración destinou en 2020 un total de 600.000 euros para apoiar a case un centenar de galegas e galegos... Máis información
-
28Decembro2020Máis de vinte anos de solidariedade do Centro Galego de Tenerife polo Nadal audio Substituíndo á tradicional cea que a entidade galega vén realizando nestas datas do Nadal dende 1999 a prol das persoas sen recursos, o Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife organizou unha entrega benéfica de máis de cen bolsas con bebidas e alimentos para aquelas e aqueles que máis o necesitan. Para a súa distribución, cumprindo os protocolos de seguridade sanitaria por mor da covid-19, habilitouse unha fiestra na planta baixa da sede do ... Máis información
Páxinas |