Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
24Agosto2020A Secretaría Xeral da Emigración pospón a primeira edición de Reencontros de Lecer ata o vindeiro ano ante o agravamento da situación sanitaria en Europa por mor do coronavirus audio O programa está dirixido a galegas e galegos pensionados maiores de 60 anos que residan desde hai máis dunha década nalgún país do Vello Continente, e non participen nalgún programa do Imserso. A Secretaría Xeral da Emigración vén de pospor ata o vindeiro ano a primeira convocatoria de Reencontros de Lecer, o programa dirixido ás e aos emigrantes galegos ou os seus fillos e fillas maiores de 60 anos pensionados que residan desde hai alo menos... Máis información
-
21Agosto2020A Xunta amplía en máis de 343.000 euros o orzamento do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino audio O investimento inicial na convocatoria deste ano era de 1,7 M€ e con esta ampliación, superará os 2 M€. O programa apoia a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresarias constituídas por mulleres e inclúe unha liña complementaria para apoiar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. A convocatoria deste ano reforza a ‘liña Activa’ destinada a axudar ás empresas que están a atravesar unha situación económica... Máis información
-
19Agosto2020A Xunta convoca dúas novas prazas de persoal investigador distinguido a través do programa Oportunius audio A Axencia Galega de Innovación (Gain) vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a iniciativa, destinada a profesionais gañadoras ou gañadores de axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC). A través do Oportunius, que busca xerar, captar e reter talento investigador en Galicia, xa se teñen impulsado outros tres contratos, ademais de apoiar a 16 persoas gañadoras e 15 finalistas destes apoios europeos. A Xunta, a través da Axencia... Máis información
-
17Agosto2020A Aula GaliciaAberta da Secretaría Xeral da Emigración conclúe os seus obradorios con preto de 400.000 visualizacións audio A iniciativa buscaba manter a formación e divulgación da cultura galega en todo o mundo durante a crise do coronavirus. Os seminarios comezaron o luns 27 de abril e concluíron esta semana, sendo gratuítos e de libre acceso para todos os públicos. As sesións formativas abordaron inicialmente canto e pandeireta, percusión, gaita e baile, sumándose logo un contapinta para as e os máis cativos. A Aula GaliciaAberta, que se puxo en marcha o pasado... Máis información
-
14Agosto2020A Xunta destina preto de 3,2M€ á nova convocatoria de préstamos directos para impulsar proxectos innovadores de pemes galegas audio A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar unha nova edición do programa de instrumentos financeiros innovadores vinculado á execución de proxectos de I+D+i (IFI Innova). Concederanse créditos de entre 50.000 e 500.000 euros con condicións financeiras vantaxosas. Están dirixidos especificamente a que micro, pequenas e medianas empresas melloren a súa competitividade. Esta iniciativa ten permitido xa apoiar investimentos por... Máis información
-
13Agosto2020A Xunta modifica os prazos de execución dos proxectos das beneficiarias do programa Emega debido á crise da covid-19 audio O DOG publica hoxe os cambios na convocatoria de 2018 sobre o período mínimo de mantemento da actividade subvencionada, así como da duración dos contratos dos postos de traballo creados. O Goberno galego adaptou na orde deste ano os requisitos de acceso das solicitantes e reforzou a liña Activa destinada ás empresas que están a atravesar unha situación económica adversa agravadas polo coronavirus. A Administración autonómica pretende con estas... Máis información
-
12Agosto2020Case 150 mozas e mozos do exterior cursarán os seus mestrados nas 3 universidades galegas grazas ás Bolsas Excelencia Mocidade Exterior audio Arxentina, Venezuela, México, Uruguai e Reino Unido son os países cun maior número de beneficiarias e beneficiarios, dos que 59 cursarán os seus estudos na USC, 57 na Universidade de Vigo, e 31 na UDC. 23 mozas e mozos naceron en Galicia e volven agora á Comunidade a seguir os seus estudos universitarios, cumprindo así un dos obxectivos prioritarios deste programa: facilitar o retorno á súa terra da mocidade galega no exterior. A idade media do... Máis información
-
10Agosto2020A Xunta apoia a contratación de 111 persoas para realizar tarefas de I+D+i en empresas e organismos de investigación audio O Diario Oficial de Galicia publicou este venres a resolución da quinta edición do programa Principia destinado a impulsar a contratación de persoal de ata 35 anos e a impulsar o desenvolvemento da súa carreira profesional. Ofrece axudas de 10.000 euros por contrato e, como novidade, un bono de formación de 1000 euros. Esta iniciativa, á que se destinan preto de 1,2 millóns de euros, forma parte do programa Talento 2021, que busca xerar, reter e... Máis información
-
07Agosto2020O programa para mulleres en situación de vulnerabilidade, que inclúe ás retornadas galegas, vén de ampliar o seu orzamento audio O Diario Oficial de Galicia publicou fai uns días a resolución pola que se amplía en algo máis de 24.000 euros o orzamento da convocatoria de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para que desenvolvan programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, onde se inclúen ás emigrantes retornadas, co obxectivo de atender a todas as solicitudes presentadas. Trátase da segunda vez que se incrementa o orzamento... Máis información
-
05Agosto2020A Xunta prioriza aos emigrantes retornados nas axudas de apoio ao emprego para centros especiais audio A Xunta vén de abrir o prazo de solicitude para as axudas coas que se apoiará o emprego de 3200 traballadores con discapacidade dos centros especiais de Galicia. Unha convocatoria que prioriza aos emigrantes retornados e coa que a Administración autonómica mantén o seu compromiso coa economía social para que Galicia poda seguir desenvolvendo un modelo centrado nas persoas, integrador e que proporciona emprego de calidade. O Diario Oficial de... Máis información
Páxinas |