Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
15Xaneiro2021Unha nova entrega do especial “Historias de ida e volta” documenta os oficios masculinos na emigración audio A cuarta entrega do especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, pon o foco nesta ocasión nos oficios desempeñados polos emigrantes nos países de acollida. Fotografías de operarios da construción, limpadores, fogueiros nos ferrocarrís, cargadores nos peiraos, choferes ou empregados no servizo doméstico son algúns dos traballos que documenta... Máis información
-
14Xaneiro2021Emigración apoia a representación de “O charco de Ulises”, unha revisión da “Odisea” de Homero dende a perspectiva da emigración galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu esta tarde no Salón Teatro de Santiago de Compostela, xunto ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, á estrea da primeira produción propia da actual tempada do Centro Dramático Galego, O charco de Ulises, un espectáculo de gran formato dirixido por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, que revisa a Odisea dende a perspectiva da emigración galega,... Máis información
-
14Xaneiro2021Miranda recibe ao presidente da Federación de Centros Españoles en Venezuela audio O secretario xeral da Emigración analizou con Roberto González Pérez a situación das galegas e galegos residentes neste país en especial en relación á actual pandemia da covid-19 e ás súas necesidades sanitarias. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión con Roberto González Pérez, presidente da Federación de Centros Españoles de Venezuela, co obxectivo de analizar a situación actual das... Máis información
-
13Xaneiro2021Emigración analiza coa Asociación de Xóvenes Emigrantes a inminente convocatoria das bolsas BEME audio O secretario xeral deste departamento, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coas representantes desta agrupación co obxectivo de reforzar o acompañamento e a información a futuros galegos e galegas do exterior que desexen ampliar estudos en Galicia. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro telemático coas representantes da Asociación de Xóvenes Emigrantes que traballa en pro dos bolseiros e... Máis información
-
12Xaneiro2021Miranda analiza coas entidades galegas na Comunidade de Madrid as súas necesidades na actual situación de pandemia audio O secretario xeral da Emigración agradece o esforzo feito a prol da colectividade durante a “difícil situación que nos está a tocar vivir” e interésase por como están a vivir as consecuencias da tormenta Filomena. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta tarde unha reunión de traballo coas entidades galegas na Comunidade Autónoma de Madrid co obxectivo de coñocer as súas necesidades actuais ante a actual... Máis información
-
11Xaneiro2021A Xunta detecta nichos de emprego en atención sanitaria, limpeza industrial, xestión de chamadas, loxística, educación, industria farmacéutica e empresas TIC audio Entre as novas tendencias destacan as e os profesionais tecnolóxicos vencellados coa sanidade, coa robótica para a industria automobilística, atención telefónica e xestión de pedidos para o comercio electrónico e suprevisoras e supervisores de limpeza industrial. A Xunta desenvolve un estudo de tecnoloxías emerxentes para a transformación do emprego que avalíe os cambios nos requirimentos do mercado de traballo. Estas áreas poden ser de... Máis información
-
09Xaneiro2021GaliciaAberta incrementou en 2020 o seu número de usuarias e usuarios ata superar os 276.000 audio O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu o ano pasado preto de 401.100 visitas, o que supón un 5% máis ca no exercicio anterior. As redes sociais do departamento do Goberno galego suman case 38.000 seguidoras e seguidores en todo o mundo, o que supón un incremento de preto do 25% respecto ao 2019, destacando Instagram, con máis dun 50% de crecemento. O portal de retorno sumou 43.560 visitas, ofrecendo unha atención 24 horas ás e... Máis información
-
08Xaneiro2021O universo Balbino celebra seis décadas da publicación de 'Memorias dun neno labrego', que se sitúa entre as obras máis vendidas audio A obra mestra de Xosé Neira Vilas saíu do prelo en Bos Aires en xaneiro de 1961 e revalidou o seu posto entre as dez publicacións máis vendidas por Galaxia en 2020. Román Rodríguez puxo en valor o papel deste ilustre escritor, que tamén foi emigrante na Arxentina, na literatura infantil galega e a súa capacidade de transmisión interxeracional da lingua. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou no acto de... Máis información
-
07Xaneiro2021Emigración apoiou a case 8.200 familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade económica e social audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que estas axudas foron solicitadas dende 7 países diferentes. Estes apoios centráronse en dúas liñas de axuda, de carácter económico e individual, destinadas directamente ás persoas en grave risco social. A Secretaria Xeral da Emigración destinou en 2020 un total de 2,95M€ do seu orzamento para apoiar a case 8.200 familias galegas do exterior que se atopan en... Máis información
-
06Xaneiro2021A Hermandad Gallega de Valencia realizou a súa tradicional doazón de alimentos á Casa Hogar de Ancianos San Vicente de Paúl audio Como vén sendo xa tradicional por estas datas do Nadal, a Hermandad Gallega de Valencia (Venezuela) realizou unha doazón de alimentos á Casa Hogar San Vicente de Paúl de Naguanagua (Estado Carabobo), na que residen máis de 150 maiores, dos e das que vinte son de orixe galega. Sissi Iglesias, secretaria de Emigración da Hermandad, e Oswaldo Lucena, secretario xeral, fixeron entrega dos alimentos a sor Susana, directora do Hogar, un dos máis de... Máis información
Páxinas |