Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
06Xaneiro2022GaliciaAberta aumentou o seu número de usuarias e usuarios ata superar os 288.000 en 2021 audio O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu o ano pasado máis de 419.000 visitas, superando as 400.000 do 2020. As redes sociais do departamento do Goberno galego suman máis de 6.600 novas e novos internautas en todo o mundo. O portal de retorno sumou máis de 57.000 visitas, ofrecendo unha atención 24 horas ás e aos emigrantes galegos e ás e aos seus descendentes na procura da volta a Galicia. GaliciaAberta, o portal web da... Máis información
-
05Xaneiro2022A Xunta destinou 2,4M€ a 1.332 familias de galegas e galegos retornados para facer fronte aos gastos extraordinarios derivados da súa volta a Galicia audio Estas axudas contaron en 2021 cunha liña específica destinada directamente aos problemas derivados da pandemia. A Secretaría Xeral da Emigración destinou un total de 2,4 millóns de euros ás galegas e galegos retornados para facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do retorno e das dificultades actuais da pandemia. En total, beneficiáronse 1.332 galegas e galegos retornados. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,... Máis información
-
04Xaneiro2022Emigración destinou máis de 2,6M€ a garantir a viabilidade e o funcionamento das entidades galegas no exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou o apoio destinado a gastos de funcionamento, actividades, infraestruturas e equipamentos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou os 2,6 millóns de euros destinados en 2021 ás entidades galegas no exterior e que tiveron como fin facer fronte aos gastos de funcionamento, actividades, infraestruturas e equipamentos. En concreto, destináronse a... Máis información
-
03Xaneiro2022A Xunta apoiou 315 proxectos empresariais de galegas e galegos retornados en 2021 audio A Secretaría Xeral da Emigración destinou 1,5M€ para iniciativas emprendedoras, tanto para 146 galegas e galegos que puxeron en marcha un novo negocio como para outras e outros 169 retornados que necesitaron apoio para as súas empresas a causa da covid-19. Os tres países con maior número de solicitudes das Axudas ao Retorno Emprendedor foron nos últimos anos Venezuela, Reino Unido e Suíza. A Secretaría Xeral da Emigración apoiou a un total de... Máis información
-
02Xaneiro2022Emigración anima aos galegos e galegas do exterior a optar á próxima campaña de Bolsas de Excelencia Mocidade BEME audio A Secretaría Xeral da Emigración recupera as experiencias de antigos galegos e galegas do exterior que regresaron a Galicia grazas a unha das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME que acaban de iniciar a súa tramitación de cara a unha próxima apertura da súa convocatoria. Prepara a túa documentación e anímate a solicitala se queres cursar un máster no curso 2022/23 nunha das tres universidades galegas. Nerea Couto cóntanos como... Máis información
-
01Xaneiro2022Mensaxe de Fin de Ano do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo audio Boas tardes a todos. Chegadas estas datas, é tempo de botar a vista atrás e facer balance dun ano que unha vez máis volveu estar condicionado pola covid e que lamentablemente volve a condicionar este Nadal, que non está a ser como a todos nos gustaría. Por iso, antes de nada, quero mandar unha aperta a todas esas familias que perderon un ser querido por mor da pandemia e a todos os que se atopan nos hospitais loitando por superar a... Máis información
-
31Decembro2021O secretario xeral da emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicita o Aninovo aos galegos e galegas do exterior audio O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, felicita a todos os galegos e galegas do mundo o Aninovo, desexando moita prosperidade e saúde, e recordando que a Xunta de Galicia continuará a traballar ao longo do 2022 para acompañalas e acompañalos alá onde estean e no seu retorno, se esta fora a súa decisión. Máis información
-
31Decembro2021“Historias de ida e volta” ofrece un especial en lembranza da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia que cumpre 150 anos audio Esta publicación fai así memoria dunha das sociedades benéficas máis destacadas da emigración en Cuba no seu aniversario. Este proxecto web, que se ofrece mes a mes, está realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, aportando fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. O proxecto web Historias de ida e volta, realizado polo Consello da... Máis información
-
30Decembro2021Emigración anima aos galegos e galegas do exterior a preparar a súa documentación para a próxima convocatoria das bolsas de máster BEME audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anima aos galegos e galegas do exterior que desexen facer un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 22/23 a comprobar se cumpren os requisitos para poder solicitar unha das 250 Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME que acaba de autorizar o Consello da Xunta de Galicia. Miranda recorda que nos próximos meses sairá a convocatoria destas bolsas, que teñen... Máis información
-
29Decembro2021A Xunta aproba 2,15M€ para atraer aos 250 mellores expedientes universitarios do exterior na sexta convocatoria das bolsas BEME máster audio O Goberno galego aumenta, por segundo ano consecutivo, en 50 as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior para o curso 2022/23 de cara a atraer aos galegos e galegas do exterior de alta cualificación, incentivando así que fixen a súa residencia e a súa actividade laboral na comunidade autónoma. As bolsas sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, cunhas contías que oscilan entre os 7.000 e os 11.574 euros dependendo do continente do... Máis información
Páxinas |