Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
09Xuño2023Os galegos emprendedores German Ricoy e María Eiriz responden ás preguntas máis habituais á hora de decidir retornar e poñer en marcha a súa iniciativa en Galicia audio Os emprendedores galegos Germán Ricoy e María Eiriz, retornados da Illa Reunión (Francia), responden ás preguntas máis habituais ás que se enfrontan aquelas e aqueles membros da colectividade que deciden regresar a Galicia e poñer en marcha unha iniciativa empresarial. A Secretaria Xeral da Emigración lembra que os interesados e interesadas en retornar contan cun apoio do Goberno galego de entre 6.000 e 10.000 euros para comezar coa súa nova... Máis información
-
08Xuño2023Emigración recorda que mantén aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor a través da historia persoal dunha parella de retornados procedentes da Illa Reunión audio A Secretaria Xeral da Emigración lembra, grazas á historia persoal dunha parella de retornados procedentes da Illa Reunión (Francia), German Ricoy e María Eiriz, que as e os interesados en solicitar a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor teñen aínda ata o próximo 29 de setembro para presentar a súa solicitude. Estas axudas aportan un apoio económico de entre 6.000 e 10.000 euros aos galegos e galegas que regresaron á súa terra de orixe para... Máis información
-
07Xuño2023Emigración apoia ao Centro Gallego de Mar del Plata con 10.000 euros destinados a manter a atención social a galegas e galegos residentes nesta localidade arxentina audio Esta axuda ten como obxectivo colaborar no funcionamento do centro de día desta entidade sen ánimo de lucro que asiste anualmente a unha quincena de galegas e galegos. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 10.000 euros para a o Centro Gallego de Mar del Plata, co obxectivo de apoiar a atención social das e dos galegos residentes nesta localidade arxentina. Na cidade de Mar del Plata reside unha... Máis información
-
06Xuño2023As entidades galegas en España celebran o Día das Letras Galegas con coloquios, concertos e exposicións sobre a figura do ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego audio Os centros galegos situados nas distintas comunidades autónomas de España desenvolveron ao longo do mes de maio diversos actos para enxalzar a figura do ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego , a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas. As entidades desenvolveron diferentes coloquios, concertos, conferencias, exposicións e charlas relativas á figura do homenaxeado este ano. Deste xeito, o Centro Gallego de Santander ofreceu... Máis información
-
05Xuño2023Emigración publica a relación de persoas propostas do programa Escolas Abertas que se desenvolverá en Santiago de Compostela o próximo mes de xullo audio Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega e confección de traxes tradicionais. En total, participarán membros de 56 entidades galegas do exterior, 44 de América e outras 12 de Europa e España. A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe a relación de persoas propostas para participar no programa de Escolas Abertas na súa edición do... Máis información
-
04Xuño2023A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en A Coruña informa sobre a tramitación da documentación para a atención sanitaria audio A Secretaría Xeral da Emigración remata a súas achegas sobre o labor da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en A Coruña, explicando o seu labor para aportar información e asesorar aos galegos e galegas do exterior que acaban de retornar ou que estean pensando en facelo. Grazas á colaboración do programa Lembrando a Galicia da TVG, dende a Oficina de Retorno da Coruña apórtase, neste caso, a información relativa á... Máis información
-
03Xuño2023Emigración destina 15.000€ á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo para a atención de necesidades asistenciais básicas dos galegos e galegas audio Esta axuda, que aumenta este ano en 3.000 euros, ten como obxectivo contribuír ao financiamento para a asistencia ás persoas galegas acollidas no seu centro de día. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun convenio de colaboración, 15.000 euros, 3.000 máis que o pasado ano, para a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo de cara a axudar na atención das necesidades básicas aos galegos e galegas residentes nesta... Máis información
-
02Xuño2023Rueda indica que a nova Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo recollerá os novos riscos que é necesario afrontar e previr no mercado laboral audio Indica que o Plan do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia conta este ano con 7,5 M€ para formar a máis de 4.000 persoas e levar a cabo actuacións de asesoramento e sensibilización. O Goberno galego traballa no obxectivo de previr os accidentes laborais ao máximo, reducilos ao mínimo e levar a cero a mortalidade. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que a nova Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo recollerá... Máis información
-
01Xuño2023O filme ‘Código Emperador’ e o documental sobre María Casares centran as proxeccións de xuño dos centros galegos que participan no Ciclo Mestre Mateo audio Os centros galegos de España, Europa e América que participan no Ciclo Mestre Mateo de 2023 proxectarán, ao longo deste mes de xuño, a película Código Emperador e o documental María Casares, a muller que viviu mil vidas, grazas á colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual. Esta iniciativa permite achegar o cine feito en Galicia, e en concreto, os finalistas dos premios Mestre Mateo 2023, aos... Máis información
-
31Maio2023Emigración mantén a súa colaboración coas entidades galegas de Venezuela para o mantemento das súas oficinas sociais audio Esta axuda ten como obxectivo contribuír a achegar información e asistencia aos galegos e galegas residentes neste país sobre os programas e liñas de axudas da Xunta de Galicia. A Secretaría Xeral da Emigración ratificou a súa colaboración coas entidades galegas de Venezuela para o mantemento das súas oficinas sociais de asesoramento aos galegos e galegas residentes neste país caribeño, de cara a continuar a aportar os datos necesarios a quen... Máis información
Páxinas |