Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
20Xullo2022As Festas do Santiago Apóstolo do Centro Galego en Vitoria-Gasteiz arrancan coa actuación da Banda Unión Musical de Allariz audio Tras un parón de dous anos por mor da pandemia, o Centro Galego en Vitoria-Gasteiz comezou as actividades das Festas de Santiago Apóstolo coa actuación da Banda Unión Musical de Allariz, previa á participación do grupo no World Music Contest 2022, un concurso internacional coñecido como a Olimpíada da música. O Centro Galego en Vitoria-Gasteiz prolongará a celebración o resto da semana con actividades gastronómicas, xogos tradicionais, baile... Máis información
-
20Xullo2022Emigración lembra que este venres péchase a convocatoria do programa “Reencontros co Xacobeo”, destinado a 205 galegas e galegos do exterior vinculados ás entidades de España, Europa e América audio O programa está dirixido a galegas e galegos do exterior maiores de 65 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo Xacobeo. Este ano recupérase a convocatoria para as persoas dos centros galegos de América. O programa desenvolverase na primeira quincena de outubro, realizando pequenas etapas do Camiño de Santiago. A Secretaría Xeral da Emigración recorda que este venres, día 22, péchase a convocatoria do... Máis información
-
19Xullo2022Emigración facilita a consolidación en Galicia de máis de 100 novos negocios anuais de emigrantes retornadas e retornados a través do Programa Merlo audio Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral deste departamento, destacou o éxito da anterior convocatoria de mentorización. Este programa ten como obxectivo apoiar e asesorar, a través da colaboración coa Fundación Ronsel, ás e aos emprendedores galegos que regresan e poñen en marcha un negocio de cara a que poidan contar cunha maior garantía de éxito que favoreza a súa integración social na comunidade. O 60% das persoas beneficiarias do... Máis información
-
19Xullo2022O Centro Gallego de Mar del Plata (Arxentina) actúa en Marín como actividade complementaria do VI Día da Galicia Exterior audio O conxunto artístico Alborada do Centro Gallego de Mar del Plata (Arxentina) actuou esta pasada fin de semana no concello de Marín, continuando coas actividades do VI Día da Galicia Exterior. Este municipio pontevedrés conta cunha importante cifra de galegas e galegos que residen no exterior, cun total de 2.389 persoas. Na actuación estivo presente a subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da... Máis información
-
18Xullo2022Remata a presentación de solicitudes do programa “Conecta co Xacobeo”, destinado a que 250 persoas vinculadas ás entidades galegas de Europa, España e América, percorran o Camiño de Santiago audio A convocatoria remata hoxe ás doce da noite e está dirixida a persoas de entre 18 e 64 anos vinculadas aos centros galegos do exterior, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. O programa desenvolverase na segunda quincena de setembro, percorrendo os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago en diferentes etapas. A presentación de solicitudes da convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para... Máis información
-
17Xullo2022A Asociación Cultural Caballeros de Santiago de Salvador de Baía e a Casa de Espanha de São Paulo actuaron en Ponte Caldelas con motivo do VI Día da Galicia Exterior audio Os grupos culturais da Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago de Salvador de Baía e da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução - Casa de Espanha de São Paulo actuaron na noite do pasado venres, 15 de xullo, na Alameda do concello de Ponte Caldelas como actividade complementaria do VI Día da Galicia Exterior. Este municipio conta cunha importante cifra de veciñas e veciños residentes no exterior, cun total... Máis información
-
16Xullo2022Emigración convida a volver desfrutar do VI Día da Galicia Exterior a través dunha galería de fotos das distintas actividades realizadas polos centros galegos do exterior audio A Secretaría Xeral da Emigración publica unha galería de fotos que recompila as diferentes actividades realizadas polas 30 agrupacións culturais dos centros galegos do exterior no VI Día da Galicia Exterior celebrado en Santiago de Compostela. O pasado sábado, 9 de xullo, máis de un milleiro de galegas e galegos do exterior realizaron diversas actividades para celebrar o VI Día da Galicia Exterior, unha xornada de confraternidade para celebrar... Máis información
-
15Xullo2022Emigración destina 20.000 € á Associação Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro para a atención socioasistencial básica da cidadanía galega desta cidade brasileira audio Esta axuda ten como obxectivo contribuír na mellora da saúde, o benestar social e a calidade de vida dos galegos e galegas con dificultades económicas residentes nesta cidade. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 20.000 euros para a Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada de Río de Xaneiro, Brasil, de cara a axudar na atención das necesidades socioasistenciais da cidadanía... Máis información
-
14Xullo2022Emigración invita a gozar das actuacións musicais realizadas durante o VI Día da Galicia Exterior a través dun vídeo recompilatorio audio A Secretaría Xeral da Emigración publica un vídeo que recolle as diferentes actuacións de baile e música galegas das 30 agrupacións culturais dos centros galegos do exterior que percorreron as distintas prazas do casco histórico de Santiago de Compostela co gallo da celebración do VI Día da Galicia Exterior. O sábado pasado, 9 de xullo, máis dun milleiro de galegas e galegos do exterior, membros ou socios e socias das entidades galegas de todo... Máis información
-
13Xullo2022Emigración continúa a apoiar as novas iniciativas empresariais das e dos emigrantes retornados con ata 10.000 € de axuda audio A Secretaría Xeral da Emigración lembra aos galegos e galegas do exterior que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento que permite regresar a Galicia para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, ao igual que o fixo José Armando Chao Gil, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento deste negocio con ata 10.000 euros de subvención, aumentando a contía respecto ao ano anterior en 2.000 euros. No... Máis información
Páxinas |