Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
29Febreiro2024Emigración lembra que nos próximos días remata o prazo para solicitar as axudas para o funcionamento dos centros galegos do exterior e o desenvolvemento das actividades sociais e culturais audio Esta convocatoria conta con tres liñas: gastos de funcionamento, axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude e un terceiro de axudas para accións de especial relevancia. A Secretaría Xeral da Emigración lembra que nos próximos días remata o prazo para solicitar as axudas para o funcionamento dos centros galegos do exterior e o desenvolvemento das actividades sociais e culturais. O... Máis información
-
28Febreiro2024Emigración lembra que o prazo de solicitude do programa Escolas Abertas segue aberto ata o 12 de marzo audio Este programa desenvolverase en Galicia do 6 ao 16 de xullo e ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais ou cociña galega. Trátase de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no exterior, tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinamizar as comunidades... Máis información
-
24Febreiro2024A Xunta pon en valor o labor dos 8.000 galegos que participaron na construción da Canle de Panamá e a súa contribución ao desenvolvemento do país audio O Goberno galego destaca a importancia de recoñecer o legado e esforzo destes traballadores que axudaron a executar unha infraestrutura singular que cambiou o transporte marítimo internacional, un feito pouco coñecido na comunidade galega. Ángeles Vázquez lembrou que moitos destes profesionais se asentaron en Panamá e formaron as súas familias no país, converténdose así nun exemplo máis da universalidade do pobo galego. A vicepresidenta segunda... Máis información
-
24Febreiro2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Pontevedra, Foz, Xinzo de Limia e Ribeira audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
23Febreiro2024A Xunta investirá case 46 M€ en formar máis de 2.000 persoas desocupadas con máis dun cento de obradoiros e programas de emprego entre 2024 e 2025, nos que se prioriza ás e aos emigrantes retornados audio O Diario Oficial de Galicia publicou onte a convocatoria para o desenvolvemento de obradoiros duais (máis de 39,1 millóns de euros), mentres que hoxe faino a de programas mixtos de formación e emprego dirixidos a persoas mozas (case 6,6 millóns). No caso dos obradoiros duais, prevese beneficiar 1.820 persoas sen emprego a través da realización de 91 accións por parte de concellos ou doutras entidades. Canto aos programas para menores de 30 anos... Máis información
-
22Febreiro2024O Consello da Xunta autoriza o acordo coa Federación Venezolana de Galicia que facilitará o mantemento das oficinas de información e asesoramento ás e aos retornados audio Ao longo do ano pasado, FEVEGA asesorou a máis de 3.000 galegas e galegos retornados e ás súas familias en diversas cuestións, tanto de xeito telemático como presencial. A Federación Venezolana de Galicia é unha agrupación de asociacións sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico que naceu en 2009, co obxectivo de apoiar ás e aos seus asociados nos seus ámbitos de actuación e desenvolver accións de atención ás e aos emigrantes retornados no seu... Máis información
-
20Febreiro2024O DOG publica axudas por valor de 2,3 M€ para que entidades sen ánimo de lucro ofrezan atención a mulleres vulnerables, nas que se inclúen as emigrantes retornadas, e axuden á conciliación audio Poden optar a estes apoios entidades sen ánimo de lucro que traballen con mulleres especialmente vulnerables e que desenvolvan accións de conciliación. A resolución conta cunha primeira liña dotada con 1,8 millóns para financiar actuacións para atender, entre outras, vítimas da violencia de xénero, de explotación sexual, laboral ou de trata, inmigrantes, emigrantes retornadas, refuxiadas ou reclusas. Destínanse outros 500.000 euros a accións que... Máis información
-
17Febreiro2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Viana do Bolo, Baiona e Arzúa audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
16Febreiro2024Emigración amplía o prazo para solicitar as axudas para o funcionamento dos centros galegos do exterior e o desenvolvemento das actividades sociais e culturais audio O Diario Oficial de Galicia publica hoxe que o prazo amplíase ata o 2 de marzo. A Secretaría Xeral da Emigración acaba de ampliar o prazo para solicitar as axudas para o funcionamento dos centros galegos do exterior e o desenvolvemento das actividades sociais e culturais que remataba hoxe. A nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior contará cun crédito orzamentario de 1,35 millóns de euros e se destinará a axudar ao... Máis información
-
15Febreiro2024A Xunta aproba o Retorna Talento FP para o vindeiro curso, con axudas de entre 6.500 e 10.800 € para o regreso de 108 rapazas e rapaces galegos do exterior audio A modalidade A inclúe 48 prazas para estudar programas vencellados á FP Básica, con bolsas de 6.500€. A modalidade B conta con 60 prazas para cursar ciclos de FP Dual con axudas de 10.800€, podendo facer unha parte da formación a distancia. O orzamento da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para esta convocatoria, que se enmarca na Estratexia Galicia Retorna, é de case 1 M€. O Consello da Xunta deu hoxe luz verde á... Máis información
Páxinas |