Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
23Novembro2022A Xunta traballa na posta en marcha de programas para a capacitación e incorporación de traballadoras e traballadores retornados a sectores de alta demanda laboral audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, co obxectivo de poñer en marcha programas que faciliten a incorporación de traballadores retornados a sectores de alta demanda laboral favorecendo a súa capacitación. No encontro tamén estivo presente a subdirectora xeral do Retorno da Secretaría Xeral da... Máis información
-
23Novembro2022Galicia gañou poboación no primeiro semestre deste ano segundo o INE, tal e como destacou Rodríguez Miranda en Onda Cero audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, analizou en Onda Cero Galicia os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, INE, que veñen a reflectir que Galicia gañou poboación no primeiro semestre de 2022, grazas a un saldo migratorio positivo de 12.768 persoas. Rodríguez Miranda destacou que, deste xeito, logrouse reverter, durante os primeiros meses de 2022 o saldo vexetativo negativo da comunidade. Así, Galicia... Máis información
-
23Novembro2022Os programas Conecta e Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración axudaron a galegas e galegos do exterior como Conchi Rodríguez a volver a Galicia e difundir o Camiño de Santiago nos seus países de residencia audio A galega Conchi Rodríguez Iglesias, residente en México, foi unha das participantes no programa Conecta co Xacobeo que organizou este ano a Secretaría Xeral da Emigración para que galegas e galegos vinculados a entidades galegas puideran coñecer o Camiño de Santiago e posteriormente difundilo nos seus países de residencia. Conchi Rodríguez conta no seguinte vídeo a súa experiencia, destacando o valor que para este colectivo ten volver a... Máis información
-
22Novembro2022As entidades galegas en Cataluña, en colaboración coa Xunta de Galicia, organizan unha gran homenaxe ás e aos emigrantes dos anos 80 audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro cos e coas representantes das asociacións de Cataluña, dentro das reunións habituais que se veñen desenvolvendo cos centros de todo o mundo para planificar as actividades de promoción da cultura e lingua galegas. O acto terá lugar o próximo 10 de decembro no Gran Teatre del Liceu de Barcelona baixo o título “Unha xeración. Dous mundos”. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
-
22Novembro2022A delegada da Xunta no Uruguai asiste ao acto de recoñecemento ao emprendedor do ano organizado por AEGU en Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto de recoñecemento ao emprendedor do ano neste país organizado en Montevideo por AEGU e que, nesta ocasión, recaeu no empresario, descendente de galegos, Antonio García Rodríguez, propietario da firma de importación e distribución Sebamar. No acto tamén estivo presente a cónsul xeral de España, María Victoria Scola, o presidente da entidade, Estevan Regueira Ares, e as e os... Máis información
-
21Novembro2022Miranda e a Asociación de Casas de Galicia de Barcelona analizan o labor realizado por esta entidade durante estes dous anos en Cataluña na promoción do Xacobeo audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión cos representantes de Casas de Galicia de Barcelona e Provincia na que analizaron o labor realizado por esta entidade durante estes dous anos en Cataluña na promoción do Xacobeo. Na reunión estiveron presentes Marisol Pérez, José Ramón Regueira e Manoel Carrete. Os tres trasladaron ao secretario xeral o interese desta entidade, como Centro Promotor do... Máis información
-
21Novembro2022As delegacións da Xunta da Arxentina e Uruguai e Xabier Díaz colaboran na formación musical dos galegos e galegas residentes en ambos países audio O músico coruñés levou a cabo diversas masterclass así como un concerto en Rosario invitado polo Centro Gallego na Feira Nacional de Colectividades desta cidade. A Secretaría Xeral da Emigración e o músico galego Xabier Díaz colaboraron nas últimas semanas na formación musical dos galegos e galegas residentes en Arxentina e Uruguai con diversas masterclass que se desenvolveron tanto nas capitais de ambos países como na cidade de Rosario. O... Máis información
-
20Novembro2022O delegado da Xunta na Arxentina asiste á 38ª Feria Nacional de Colectividades de Rosario audio O delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu á 38ª Feira Nacional de Colectividades de Rosario onde se exhibe a mostra Iacobus Gaudet que serve como marco para a promoción do Camiño de Santiago no país austral. Durante esta exposición, que se instala a ceo aberto á beira do Río Paraná, e que reúne a miles de persoas durante os dez días que dura, púidose desfrutar, da man da Xunta de Galicia, do concerto do... Máis información
-
19Novembro2022O INE confirma que Galicia gaña poboación no primeiro semestre de 2022, grazas ao saldo migratorio positivo en 12.768 persoas audio O Instituto Nacional de Estatística acaba de publicar os datos provisionais relativos ao primeiro semestre de 2022, que indican que o saldo migratorio foi positivo co exterior en 12.106 persoas e tamén positivo en 622 co resto de CC.AA. Durante estes primeiros 6 meses, o saldo migratorio positivo conseguiu reverter o saldo vexetativo negativo, gañando poboación en 1.995 persoas. A poboación residente en Galicia a 1 de xullo de 2022 situouse en... Máis información
-
18Novembro2022Miranda recolle o interese da Fundación Araguaney por colaborar coa colectividade galega no exterior na difusión da cultura galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co director da Fundación Araguaney, Fernando González Méndez, quen lle trasladou o interese desta entidade por colaborar coa colectividade galega no exterior na difusión da cultura galega. Durante a reunión, Miranda e González Méndez analizaron as posibles vías de traballo conxunto neste senso e destacaron a importancia de impulsar a colaboración coas entidades... Máis información
Páxinas |