Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
14Outubro2023O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu ao acto de bendición da mouteira do Camiño de Santiago en Chascomús audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu ao acto de bendición da mouteira do Camiño de Santiago en Chascomús, no que estivo acompañado pola embaixadora de España, María Jesús Alonso Jiménez, e o intendente de Chascomús, Javier Gastón. O delegado da Xunta na Arxentina destacou que “son moitos os lazos que unen a Galicia con Chascomús, polo que hoxe o pobo galego fai entrega a esta cidade dunha mostra de respeto e... Máis información
-
13Outubro2023Miranda e o presidente do Centro Gallego de Rosario, Arxentina, analizan as políticas de promoción da galeguidade entre a colectividade máis nova audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente do Centro Gallego Asociación Mutual Social y Recreativa de Rosario, en Arxentina, Leandro Nicolás Barba Palacios, nunha reunión na que se analizaron as necesidades dos galegos e galegas desta localidade arxentina, así como as iniciativas que están poñendo en marcha para os próximos meses de cara a continuar apoiando á colectividade galega. Rodríguez Miranda... Máis información
-
13Outubro2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asiste aos actos organizados co gallo do Día da Hispanidade en Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos diferentes actos que se desenvolveron en Montevideo co gallo da celebración do 12 de outubro, acompañando así ás máximas autoridades españolas na capital do país do Cono Sur, como son o embaixador de España, Santiago Jiménez, e a cónsul xeral María V. Scola. En primeiro lugar asistiu á ofrenda floral que realizou a Embaixada ao pé do monumento de José Gervasio Artigas, na praza da... Máis información
-
12Outubro2023As e os participantes no programa Reencontros con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración percorren as rúas de Vigo e Pontevedra audio As e os 112 participantes no programa de Reencontros da Secretaría Xeral da Emigración puideron coñecer, durante as últimas horas, as rúas de Vigo e de Pontevedra, achegándose ata o porto da cidade olívica e percorrendo as prazas do casco histórico da vila do Lérez. As e os participantes no programa Reencontros con Galicia proceden de Venezuela, Cuba, Brasil, Arxentina e Uruguai. Este programa ten como obxectivo facilitar o contacto dos... Máis información
-
12Outubro2023Emigración e Fundación Araguaney presentan o novo programa Galicia é Cine nun vídeo resumo das películas que compoñen o ciclo audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez, presentan neste vídeo o novo programa Galicia é Cine, que achegará o cine de maior éxito aos centros galegos do mundo, dende a Patagonia arxentina ata as rúas de Londres. O obxectivo deste novo programa é dar a coñecer o cine feito en Galicia aos centros galegos, comezando por dous de Arxentina:... Máis información
-
11Outubro2023Miranda anima á ABC do Partido de Corcubión, como novo membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, a seguir avanzando na mellora do potencial dos centros galegos do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Asociación Benéfica Cultural do Partido de Corcubión de Bos Aires, Carlos Óscar Ameijeiras Miñones, que se converteu o pasado mes de setembro en novo membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. Ambos analizaron o traballo conxunto a poñer en marcha nos próximos anos para avanzar na mellora do potencial das institucións galegas do exterior... Máis información
-
11Outubro2023As e os participantes no programa Reencontros con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración visitan a cidade da Coruña audio O centenar de participantes no programa de Reencontros da Secretaría Xeral da Emigración visitaron esta mañá a cidade da Coruña, coñecendo os principais monumentos e prazas, e percorreron o monte de San Pedro. As e os participantes no programa Reencontros con Galicia proceden de Venezuela, Cuba, Brasil, Arxentina e Uruguai. Este programa ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e galegas do exterior de máis de 65 anos coa Galicia... Máis información
-
10Outubro2023A Xunta achega o cine galego de maior éxito aos centros galegos do mundo, dende a Patagonia ata as rúas de Londres audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou o ciclo "Galicia é Cine" que se pon en marcha da man da Fundación Araguaney e que permitirá que galegas e galegos residentes en Arxentina, Reino Unido e Venezuela poidan coñecer as películas feitas en Galicia máis taquilleiras dos últimos anos. As películas comezarán a proxectarse o xoves, día 12, no Centro Gallego de Río Gallegos na Arxentina. A Secretaría Xeral da... Máis información
-
10Outubro2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, visitou a mostra pictórica de Mariella Zilli no Hogar Español de Mercedes audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, visitou a mostra pictórica da artista plástica Mariella Zilli, coincidindo co Día del Patrimonio do Uruguai, que se puido contemplar durante as últimas semanas no Hogar Español de Mercedes. Estivo acompañada do vicepresidente da entidade, Julio Riós, da representante da Comisión de Cultura do Centro Gallego de Montevideo, Rosario Antón, e da profesora de baile May de la Peña Costas, quen... Máis información
-
09Outubro2023Miranda dá a benvida á súa terra ás e aos maiores do exterior que hoxe chegaron aos aeroportos galegos para participar no programa da Xunta “Reencontros con Galicia” audio Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social, levarase a cabo do 9 ao 19 de outubro. As e os participantes, todas e todos eles de máis de 65 anos e procedentes de Cuba, Venezuela, Brasil, Arxentina e Uruguai, aloxaranse na residencia de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón. Ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e galegas do exterior de maior idade coa Galicia actual e coas e cos seus... Máis información
Páxinas |