Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
03Abril2024A delegada da Xunta no Uruguai asiste á celebración centenaria de Manuel Rodiño Buceta, expresidente das máis relevantes institucións galegas de Montevideo audio Manuel Rodiño Buceta, expresidente das máis relevantes institucións galegas de Montevideo, nado en Poio, Pontevedra, conmemorou o seu centésimo aniversario o pasado 31 de marzo, rodeado de familiares, amizades e a delegada da Xunta de Galicia no Uruguai, Elvira Domínguez. A presenza da delegada da Xunta en Uruguai reafirma o forte vínculo entre Galicia e a comunidade galega no exterior, destacando a importancia da emigración galega no Uruguai... Máis información
-
01Abril2024A Xunta apoia a segunda edición de cinEScultura en Ingolstadt, destacando a rica cultura galega e anima á súa participación audio A Xunta de Galicia colabora na organización do festival cinEScultura en Ingolstadt, Alemaña, e expresa o seu apoio nesta segunda edición, do 19 de abril ao 12 de maio de 2024. Este evento, que se consolida como unha cita imprescindible na axenda cultural alemá, dedícase este ano á promoción da cultura galega, ofrecendo unha ventá única ao cine, a lingua e as tradicións de Galicia O festival comezará co pase da película Matria, contando coa... Máis información
-
29Marzo2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Antas de Ulla, Marín, Castro Caldelas e Sada audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
27Marzo2024Membros da Irmandade Galega de Rubí son recibidos por responsables da Xunta de Galicia tras completar a súa peregrinación polo Camiño de Santiago audio Membros da Irmandade Galega de Rubí concluíron este mércores a súa peregrinación polo Camiño de Santiago chegando á Praza do Obradoiro. Esta xornada non só representa o final da súa viaxe física, senón tamén o reflexo do seu compromiso coas raíces culturais e espirituais de Galicia. Tras varios días de percorrido, as peregrinas e peregrinos foron recibidos por responsables da Secretaría Xeral da Emigración e do Xacobeo, que incluíu unha foto... Máis información
-
26Marzo2024A delegada da Xunta no Uruguai participa no ciclo "Falando con Elas” e lembra o compromiso do Goberno galego coa promoción da igualdade audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou na segunda edición do ciclo "Falando con Elas", organizado pola Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay (AEGU). Un espazo dedicado a destacar o papel da muller na sociedade e no ámbito empresarial. Este encontro serviu para reafirmar os lazos culturais e empresariais entre Galicia e Uruguai, promovendo ao mesmo tempo o empoderamento feminino e a igualdade de oportunidades... Máis información
-
25Marzo2024O profesor e antropólogo Xoán Carlos García Porral, convidado especial no curso en liña de galego da Secretaría Xeral da Emigración audio O curso está aberto a todas as persoas interesadas na lingua e cultura galegas, xa sexan principiantes ou con coñecementos previos. A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia anuncia a participación especial de Xoán Carlos García Porral, destacado membro da comunidade cultural galega, no curso en liña de galego deste martes. Este evento inscríbese na serie de iniciativas promovidas pola Xunta para promocionar o uso da lingua pola... Máis información
-
23Marzo2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Santa Comba e Boborás audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
21Marzo2024Emigración axuda a máis de 100.000 galegas e galegos do exterior en situación de vulnerabilidade económica e social na pasada lexislatura audio O prazo para solicitar as axudas económicas individuais deste ano remata o luns 25 de marzo. A Secretaria Xeral da Emigración destinou na pasada lexislatura máis de 13M€ do seu orzamento para apoiar a máis de 30.000 familias galegas do exterior que se atopan en situación de vulnerabilidade económica e social. A nova liña de axudas da Secretaría Xeral da Emigración para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade, publicada... Máis información
-
20Marzo2024A delegada da Xunta no Uruguai participa nas reunións entre representantes do Porto de Vigo e o Goberno do Uruguai para reforzar os lazos entre Galicia e Uruguai en materia pesqueira e agrícola audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu xunto ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, ao encontro co ministro de Trabajo y Seguridad Social de Uruguai, Pablo Mieres, para continuar afondando nas relacións e alianzas galegas con este país. Esta reunión tivo como eixo central o apoio aos investimentos das empresas galegas en territorio uruguaio. No encontro tamén participaron figuras destacadas como o... Máis información
-
19Marzo2024O número de emigrantes galegas e galegos diminúe en 2.861, mentres se incrementou o número de descendentes nados no exterior, sumando un total de 534.972 audio O aumento de cidadás e cidadáns galegos residentes no estranxeiro ten a súa base na descendencia das e dos galegos nados xa no seu país de destino. O número de emigrantes galegas e galegos (persoas que naceron en Galicia e residen no exterior) volve baixar un ano máis en 2.861, continuando a tendencia dos últimos exercicios. Mentres a poboación galega total que reside no exterior segue a incrementarse debido ás novas inscricións de persoas... Máis información
Páxinas |