Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
05Xullo2022Emigración recorda que segue aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais con ata 10.000 € de apoio económico audio A Secretaría Xeral da Emigración lembra aos galegos e galegas do exterior que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento que permite regresar a Galicia para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, como é o caso de Manuel Sangiao, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento deste negocio con ata 10.000 euros de subvención, unhas axudas que no presente ano aumentaron en 2.000 euros respecto á campaña... Máis información
-
04Xullo2022Emigración publica o listado definitivo das e dos 250 admitidos nas Bolsas de Excelencia para a Mocidade Exterior (BEME) audio A Secretaría Xeral da Emigración informa da publicación dos listados definitivos das 250 persoas candidatas ás Bolsas Excelencia para a Mocidade Exterior (BEME) na súa páxina web, mediante as que universitarias e universitarios galegos do exterior poden realizar másteres nunha das tres universidades galegas. As e os interesados poden comprobar os datos nesta ligazón. Este ano aumentouse o número de convocadas e convocados ata 250 galegas e... Máis información
-
03Xullo2022Emigración participa no acto de presentación da bandeira orixinal da Liga de Amigos do Carme do Concello de Pontecesures (Pontevedra) audio A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, asistiu hoxe ao acto de homenaxe á emigración galega no concello de Pontecesures, que tivo, como eixe central, a presentación pública da acta fundacional da Liga de Amigos do Carme e a bandeira orixinal desta efeméride que posúen no concello. Acompañou así ao alcalde da localidade, Juan Manuel Vidal, e á corporación... Máis información
-
02Xullo2022Máis dun millar de galegas e galegos do exterior compartirán a vindeira fin de semana en Compostela o VI Día da Galicia Exterior audio Trátase dunha festa conxunta coa que os galegos e galegas do exterior e os da propia comunidade autónoma celebrarán o Ano Santo Xacobeo. As actividades comezarán coa realización do último tramo do Camiño de Santiago o venres 8 no que participarán preto dunhas 700 persoas. O sábado 9 será o día grande, coas actuacións das agrupacións culturais participantes nas diferentes prazas do centro histórico compostelá, xunto á celebración dunha misa na... Máis información
-
02Xullo2022O documental “Welcome to ma maison” proxectouse nos centros galegos do exterior dentro do Ciclo Mestre Mateo audio Este documental protagonizou no mes de xuño o ciclo de proxeccións en ata oito entidades do exterior. Esta actividade enmárcase dentro da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración coa Academia Galega do Audiovisual. O Ciclo Mestre Mateo continuou nos centros galegos do exterior coa proxección do documental, Welcome to ma maison. Esta actividade está organizada dende a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Academia Galega... Máis información
-
01Xullo2022Miranda reúnese co presidente da Sociedade de Socorros Mútuos Rosalía de Castro de Santos para analizar a situación e necesidades das persoas galegas residentes no Brasil audio No Brasil vive unha importante comunidade de galegas e galegos, 49.970, sendo o segundo país do continente americano onde máis cidadás e cidadáns galegos residen. A entidade desenvolve unha política socioasistencial ás persoas galegas, atendendo de xeito habitual a preto dunha vintena delas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro de... Máis información
-
30Xuño2022A Xunta nomea delegada da Xunta de Galicia no Uruguai a Elvira Domínguez Alonso audio O Consello da Xunta acordou nomear a Elvira Domínguez Alonso como nova delegada da Xunta de Galicia no Uruguai. Elvira Domínguez, filla de emigrantes galegos, é licenciada en Administración e conta cunha extensa experiencia no sector público do país americano como profesional e directiva. Obtivo o título de Contadora Pública, licenciada en Administración, e conta cun máster en Dirección de Empresas de Saúde da Escuela de Negocios de... Máis información
-
30Xuño2022As e os galegos retornados pódense beneficiar da axuda da Xunta de 250 euros do Bono alugueiro para a mocidade audio O DOG publica hoxe as axudas desta iniciativa para persoas entre 18 e 35 anos. Esta subvención, que conta cun orzamento de 22,8 millóns de euros, beneficiará como mínimo a preto de 3.800 mozas e mozos galegos. No mes de xullo tamén está previsto convocar o bono de alugueiro social, co que a Xunta seguirá asumindo o 100% do custo do arrendamento de familias e persoas en situación de vulnerabilidade. As galegas e galegos retornados poderán... Máis información
-
29Xuño2022Miranda recibe ao presidente do Centro Galego de Valencia para analizar novas iniciativas da entidade audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho, na sede da Secretaría Xeral da Emigración, ao presidente do Centro Galego de Valencia, Manuel Fortes, para analizar novas iniciativas e a situación da entidade, así como para facer balance sobre as diferentes actividades realizadas nos últimos meses para a difusión do Camiño de Santiago polo Ano Santo Xacobeo, destacando a divulgación nestes intres en Galicia... Máis información
-
28Xuño2022Emigración destina 30.000€ ao Hogar Gallego para Ancianos de Domselaar para a atención socioasistencial básica ás e aos galegos residentes na capital arxentina audio Emigración destina 30.000€ ao Hogar Gallego para Ancianos de Domselaar para a atención socioasistencial básica ás galegas e galegos residentes na capital arxentina. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 30.000 euros para o Hogar Gallego para Ancianos de Domselaar de cara a axudar na atención socioasistencial básica aos galegos e galegas residentes na capital da Arxentina. Esta entidade sen ánimo de... Máis información
Páxinas |