Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
28Febreiro2022A Fundación Luis Seoane analiza a cultura gastronómica galega e mexicana no novo episodio do seu podcast “Galicia é migrante” audio A Secretaria Xeral da Emigración presenta un novo episodio do podcast que realiza a Fundación Luis Seoane, “Galicia é migrante”, e no que, nesta edición, se analiza a cultura gastronómica galega e mexicana. Este proxecto, que conta co apoio da Secretaría Xeral, permite ofrecer información tanto sobre as galegas e galegos do exterior como sobre as e os novos galegos chegados de outros países do mundo, aportando entrevistas, actualidade e humor... Máis información
-
27Febreiro2022Miranda analiza coa Asociación de Empresarios Galegos en Portugal os proxectos futuros da entidade audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en Lisboa un encontro con Francisco Guisado, representante da Asociación de Empresarios Galegos en Portugal, no que analizaron os proxectos planificados para os próximos meses pola entidade, dentro dos contactos habituais de colaboración da Secretaría Xeral coas asociacións de empresarias e empresarios do exterior. Durante esta reunión, tamén se puxeron sobre a mesa as... Máis información
-
27Febreiro2022O secretario xeral da Emigración valora positivamente o labor da Sociedade Española de Beneficiencia de Lisboa durante a pandemia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en Lisboa un encontro co presidente da Sociedade Española de Beneficiencia, José Aser Castillo Pereira, con quen analizou a actual situación tras dous anos de pandemia. Miranda agradeceu o importante labor que realizou esta entidade durante estes dous “difíciles e complexos anos” e destacou o traballo “serio e intenso” realizado dende esta asociación para paliar as... Máis información
-
26Febreiro2022Javier Caprarelli conta a súa experiencia como bolseiro BEME, que lle permitiu poñer en marcha un negocio en Galicia xunto á súa familia audio A Secretaría Xeral da Emigración ten convocadas as novas 250 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que as e os galegos residentes no exterior ou as e os descendentes de galegos e galegas poidan cursar un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2022/23. Javier Caprarelli optou por solicitar unha bolsa BEME para facer un mestrado na Universidade de Vigo que lle permitira vir a España a estudar e emprender á vila dos... Máis información
-
25Febreiro2022Miranda destaca a importancia da instalación da nova sede da UNED no Centro Galego de Lisboa para impulsar a actividade do mesmo entre a mocidade audio O secretario xeral da Emigración participou na inauguración da segunda aula que a universidade a distancia española crea en Portugal, despois da de O Porto. Dende a Xunta destácase que a colaboración entre administracións públicas españolas e entidades galegas do exterior permite ofrecer mellores servizos que permitan xerar máis prestacións que poidan incluso servir, coma neste caso, de impulso ao retorno. O secretario xeral da Emigración,... Máis información
-
24Febreiro2022Emigración lembra que o próximo 28 de febreiro remata o prazo de solicitude das axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior audio Este ano mantense a convocatoria para a adquisición de aplicacións informáticas de xestión que permitan facilitar a comunicación co Rexistro de Comunidades Galegas e a solicitude e xustificación de axudas á Administración. En total, destinaranse a este fin 575.000 euros. A Secretaría Xeral da Emigración recorda que o próximo 28 de febreiro remata o prazo de presentación das solicitudes da liña de axudas para as entidades galegas do exterior... Máis información
-
23Febreiro2022O próximo 9 de xullo celebrarase o VI Día da Galicia Exterior en Santiago de Compostela audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou a data a tódolos centros galegos do mundo animándoos a participar nunha cita lúdica e festiva que se agarda “histórica”. Esta xornada telemática foi seguida por máis de 150 representantes dos galegos e galegas nos diversos países de América e Europa, así como das diferentes comunidades autónomas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anunciou esta... Máis información
-
22Febreiro2022Miranda e Fevega reúnense para facer un seguimento ao traballo de colaboración a prol das e dos galegos retornados a Galicia de cara a este 2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co presidente da Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA), Manuel Pérez, para facer un seguimento ao traballo de colaboración neste 2022 en prol das galegas e os galegos retornados de Venezuela a Galicia a través da colaboración de ambas institucións. Na reunión estivo tamén presente María Fernanda Ruíz, coordinadora xeral da Federación Venezolana de Galicia.... Máis información
-
22Febreiro2022A Xunta inviste 2M€ en axudas para impulsar o emprego estable en pequenas empresas de nova creación e iniciativas de base tecnolóxica, ás que poden acollerse as e os galegos retornados audio O Diario Oficial de Galicia publicou as bases dos dous programas cos que se aspira a apoiar a 350 empresas e autónomas e autónomos de Galicia en 2022. A actuación, nos dous casos, inclúe axudas ata un máximo de 3.000 euros para sufragar o custo dos servizos das escolas infantís ou a contratación dunha persoa para o coidado de menores ou persoas maiores. As empresas interesadas poderán solicitar estas axudas ata o 31 de xullo, no caso das... Máis información
-
21Febreiro2022Miranda recibe en Santiago ao presidente do centro Airiños da nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet ao remate da súa peregrinación audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu nas últimas horas, ante a catedral de Santiago de Compostela, ao presidente do Centro Cultural “Airiños da nosa Galicia” de Santa Coloma de Gramenet, ao remate da súa peregrinación polo Camiño dende Fisterra, que realizou en compañía de outros dous socios e socias da entidade. O secretario xeral agradeceu ao presidente da entidade, Xosé Canosa, así como ás e aos seus ... Máis información
Páxinas |