Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
13Outubro2022Rueda garántelles ás empresas pesqueiras galegas na Arxentina reforzo na cooperación por parte da Xunta por tratarse dun sector estratéxico para Galicia audio Na súa primeira viaxe a América do Sur como titular do Goberno galego, Rueda salienta o benestar que xeran en ambas beiras do Atlántico estas empresas. Remarca o compromiso da Xunta a velar pola súa actividade, ao igual que o está a facer co resto do sector pesqueiro galego ante o veto de Bruxelas á pesca de fondo. Gaba o labor destas firmas por representar “un valor engadido” para o tecido empresarial galego fóra das nosas fronteiras. O... Máis información
-
12Outubro2022Rueda anima á colectividade e ao empresariado galego no exterior a sumar sinerxías para seguir construíndo unha comunidade próspera e unida pola marca Galicia audio Na súa primeira viaxe a América do Sur como titular do Goberno galego, Alfonso Rueda quere estreitar lazos coa comunidade galega na Arxentina e no Uruguai, así como manter encontros cos e coas representantes das empresas galegas que operan neses países, especialmente coas do sector pesqueiro. Subliña que as galegas e galegos que emigraron e as e os seus descendentes “seguen sendo parte fundamental na vida de Galicia”, de aí que o seu benestar... Máis información
-
12Outubro2022Emigración recolle nun vídeo a xornada de benvida aos 250 beneficiarios e beneficiarias das bolsas BEME do curso 2022/23 audio A Secretaría Xeral da Emigración recolle nun vídeo a xornada de benvida celebrada a pasada fin de semana en Boqueixón aos novos bolseiros e bolseiras Excelencia Mocidade Exterior (BEME) do presente curso. Durante este encontro desenvolvéronse actividades formativas, lúdicas e de lecer. A iniciativa, organizada pola Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia (Ajerga) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, contou coa... Máis información
-
11Outubro2022Emigración lembra que nun mes remata o prazo para solicitar as axudas para as familias galegas do exterior en situación de emerxencia social audio A Xunta de Galicia destina 50.000 euros a atender ás e aos residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica. O prazo para solicitar estas axudas está aberto ata o próximo 15 de novembro. A Secretaría Xeral da Emigración recorda que as axudas para familias galegas do exterior que se atopen en situacións de emerxencia social continúan abertas ata o próximo 15 de novembro, cun apoio de ata 3.000€ por persoa... Máis información
-
10Outubro2022Emigración ofrece unha escolma das principais imaxes da xornada de benvida ás e aos 250 beneficiarios das bolsas BEME do 2022/23 audio A Secretaría Xeral da Emigración ofrece unha selección de fotografías do encontro que mantiveron as e os novos bolseiros Excelencia Mocidade Exterior - BEME do presente curso durante a xornada de convivencia que celebraron a pasada fin de semana en Boqueixón e durante a que recibiron a benvida do presidente da Xunta de Galicia en representación de toda a sociedade galega. A iniciativa, organizada pola Asociación de Jóvenes Emigrantes... Máis información
-
09Outubro2022Emigración anima aos interesados a preparar xa a documentación para solicitar a próxima Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, animou a todos os galegos universitarios do exterior a preparar xa a documentación para solicitar a próxima bolsa de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) co obxectivo de que poidan cursar un mestrado nunha das tres universidades públicas galegas. Miranda recordou, no transcurso do encontro cos 250 bolseiros beneficiados deste ano, que a solicitude da nova convocatoria abrirase a... Máis información
-
07Outubro2022Emigración recorda que está aberto o prazo para solicitar as bolsas para retornar a Galicia e cursar o FP de nivel básico audio A Secretaría Xeral da Emigración recorda que continua aberto o prazo para que os interesados que o desexen poidan acollerse ás bolsas do programa Retorna Mocidade, unha iniciativa que lles permite cursar en Galicia estudos de Formación Profesional de nivel básico, e para a cal a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina un total de 351.000€ para o vindeiro curso académico 2022-23. Trátase dun total de 54 bolsas, dotadas con... Máis información
-
06Outubro2022Miranda recibe ao ex presidente do Centro Gallego de Lima que acaba de iniciar o seu proceso de retorno a Galicia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao ex presidente do Centro Gallego de Lima (Perú), Francisco Prieto Bernández, quen acaba de iniciar o seu proceso de retorno a Galicia. Francisco Prieto Bernández chegou a Perú no ano 2000, converténdose en presidente do Centro Gallego de Lima onde colaborou cos galegos que residen no país americano. Nos anos 70 trasladouse ao Reino Unido e posteriormente a Finlandia, onde... Máis información
-
05Outubro2022A Delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, mantivo un encontro cos beneficiarios dos Programas Conecta e Reencontros da Secretaría Xeral da Emigración audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, mantivo un encontro cos beneficiarios dos programas Conecta e Reencontros da Secretaría Xeral da Emigración que viaxarán a España, nas próximas semanas a Galicia para vivir a experiencia do Camiño e do Xacobeo. A reunión xurdiu do Centro Cultural e Recreativo Hijos de Galicia, coa colaboración da Federación de Asociaciones Gallegas no Uruguai, e tivo coma obxectivo que as persoas que van... Máis información
-
05Outubro2022O secretario xeral da Emigración recibe as inquietudes do Concello de Catoira en apoio aos seus emigrantes e retornados audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao concelleiro delegado responsable das relacións institucionais de Catoira, Iván Caamaño, quen lle trasladou o interese deste municipio respecto dos seus emigrantes e retornados. Miranda informoulle que, ademais do traballo que se realiza de xeito cotiá cos galegos do exterior, a Secretaría Xeral da Emigración conta con cinco oficinas integrais de Asesoramento e... Máis información
Páxinas |