Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
17Outubro2022Rueda traslada ao presidente do Uruguai a colaboración de Galicia para potenciar as relacións comerciais ás dúas beiras do Atlántico audio Rueda interésase pola situación dos galegos e galegas no Uruguai e reafirma a vontade do Goberno galego por colaborar co futuro do Hogar Español e do patrimonio da Casa de Galicia en Montevideo. Coa reunión mantida con Lacalle, o mandatario galego pecha cinco días dunha viaxe que cualificou como “moi satisfactoria” polas oportunidades que ofreceu para ampliar as relacións entre as galegas e galegos e as e os seus irmáns ao outro lado do... Máis información
-
17Outubro2022Rueda participa na presentación oficial dos selos do Xacobeo 21-22 e dun cuño conmemorativo da súa visita ao Uruguai audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Montevideo no acto de presentación oficial dun cuño e de dous selos do Xacobeo 21-22 e doutro cuño en conmemoración da súa visita ao Uruguai. No evento estiveron presentes os ministros uruguaios de Gandería, Agricultura e Pesca, Fernando Mattos, e o interino de Turismo, Remo Monzeglio. Alfonso Rueda destacou o papel clave da Administración Nacional de Correos para manter en contacto aos... Máis información
-
16Outubro2022Rueda resalta o papel das entidades galegas á hora de difundir a cultura e as tradicións da terra entre as novas xeracións do Uruguai audio Destaca que o seu labor contribúe a manter vivos os fortes lazos que unen o país charrúa con Galicia e lembra que as e os residentes no exterior contan co apoio da Xunta para estudar ou emprender de volta na Comunidade. Sinala o impacto do presente e do legado galego na cidade de Montevideo, onde se asentan once centros que contribúen a manter viva a súa cultura e as súas tradicións ao longo dos anos. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda,... Máis información
-
16Outubro2022Rueda tende a man aos galegos e galegas do exterior para escoitar as súas necesidades e ofrecer oportunidades como os incentivos ao retorno audio Amosa o compromiso da Xunta con aquelas e aqueles que queiran beneficiarse dos incentivos para a posta en marcha de negocios ou para completar a súa formación en Galicia. Destaca a “galeguidade” de milleiros de familias no Uruguai e o seu importante labor por manter viva a cultura e as tradicións do outro lado do Atlántico. Durante o primeiro día da súa viaxe a Montevideo, o presidente participou nunha reunión coa Asociación Española de Socorros... Máis información
-
15Outubro2022Rueda participa nunha reunión de traballo co embaixador de España no Uruguai audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu a unha recepción e xantar de traballo co embaixador de España no Uruguai, José Javier Gómez-Llera y García-Nava, na que estivo presente tamén a ministra conselleira da embaixada, Silvia Cosano Nuño; a cónsul xeral de España en Montevideo, María Victoria Scola Pliego; o conselleiro de Traballo, Migracións e Seguridade Social; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; e a delegada... Máis información
-
15Outubro2022Rueda garante aos galegos e galegas do exterior que teñen as portas de Galicia abertas para retornar e emprender na terra das súas orixes audio Convídaas e convídaos a aproveitar as oportunidades que lles ofrece o Goberno galego para formarse, emprender ou asentarse na terra dos seus avós e avoas. Recalca que A Arxentina é “o país do mundo con máis galegos”, xa que residen unhas 180.000 persoas con raíces na Comunidade. No segundo día da súa estadía na capital bonaerense, inaugura a exposición "Iacobus gaudet. Los Caminos de Santiago en Galicia", e asiste ao inicio da Semana do Camiño... Máis información
-
14Outubro2022Rueda agradece o recoñecemento como visitante ilustre de Bos Aires e lembra que os galegos e galegas teñen “unha débeda eterna de gratitude” coa capital arxentina audio O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, agradeceu hoxe á Lexislatura da Cidade Autónoma de Buenos Aires o seu recoñecemento como visitante ilustre e lembrou que os galegos e galegas teñen “unha débeda eterna de gratitude” coa capital arxentina. Durante a súa intervención, Rueda subliñou a “irmandade” existente entre A Arxentina e Galicia desde hai décadas e fixo especial fincapé na excelente acollida que este país americano realizou... Máis información
-
14Outubro2022Rueda eloxia a pegada da emigración na Arxentina e en Galicia e reedita o compromiso e o apoio da Xunta coas entidades do exterior audio Na súa primeira viaxe a América do Sur como titular da Xunta, gabou o labor da emigración galega na Arxentina e da emigración arxentina en Galicia: “A historia con minúscula de miles de emigrantes fraguou a nosa Historia con maiúscula”, dixo perante un auditorio de 200 persoas. Destacou o labor do Club Español, “que foi durante 170 anos un fogar e un emblema para españois e galegos na Arxentina”, dixo. Subliñou a obra social de Ospaña, que... Máis información
-
13Outubro2022Encontro do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, co xefe do Goberno da Cidade Autónoma de Buenos Aires audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse co xefe de Goberno da Cidade Autónoma de Buenos Aires (CABA), Horacio Rodríguez Larreta. Máis información
-
13Outubro2022Recepción de Alfonso Rueda na Embaixada de España na Arxentina audio O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, asistiu a unha recepción e xantar de traballo coa embaixadora de España na Arxentina, María Jesús Alonso Jiménez, na que estivo presente tamén o cónsul de España en Buenos Aires, Fernando García Casas. Máis información
Páxinas |