Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
06Outubro2023Miranda explica no Welcoming Spaces Forum os efectos positivos do retorno nos eidos económicos e demográficos do rural galego audio O secretario xeral da Emigración participou unha mesa redonda durante a xornada organizada no Consello da Cultura Galega pola Universidade da Coruña co obxectivo de analizar as políticas das diferentes administracións para a revitalización de zonas rurais pouco poboadas da Unión Europea. Resaltou que a Xunta de Galicia está a traballar, con distintas medidas sociais, económicas e produtivas incluídas na Estratexia Galicia Retorna 2026, para a... Máis información
-
05Outubro2023Galicia participa na 21º Edición de Termatalia que organiza Expourense en Salto audio Os delegados de Uruguai e Arxentina asistiron a maior feira termal do mundo, e que contou tamén coa presenza do presidente de Uruguai, Luis Lacalle Pou. Os delegados da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, e en Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiron a inauguración da 21º edición de Termatalia que organiza Expourense en Salto e que sitúase como a maior feira termal do mundo. O acto contou coa presenza do presidente de Uruguai, Luis... Máis información
-
05Outubro2023O secretario xeral da Emigración interésase pola situación da colectividade galega en Salvador de Bahía nun encontro coa Asociación Caballeros de Santiago audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Asociación Hispano-Gallega Caballeros de Santiago (Brasil), Carlos García Hermida, e co vicepresidente da entidade, Francisco Javier Piñeiro García, para analizar a situación da colectividade galega residente no país brasileiro e do propio centro que agrupa, actualmente, a mais de 300 socios galegos. Rodríguez Miranda destacou o labor desta entidade que... Máis información
-
04Outubro2023Miranda felicita ao director da Banda de Gaitas da Irmandade do Centro de Bolos Valle Miñor de Uruguai polos 20 anos de traxectoria difundindo a música galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co director da banda de gaitas do Centro Social Cultural e Deportivo de Bolos Valle Miñor de Uruguai, Vicente Carlos González Siri, a quen trasladou a felicitación da Xunta de Galicia á entidade galega pola creación desta agrupación que acaba de cumprir 20 anos de traxectoria difundindo a música galega non só entre a colectividade, senón tamén entre a propia... Máis información
-
04Outubro2023Os documentais A foreing song e Onde máis doe centran as proxeccións de outubro dos centros galegos que participan no Ciclo Mestre Mateo audio Os documentais A Foreing Song e Onde máis doe centran a programación do mes de outubro do Ciclo Mestre Mateo de 2023 nos centros galegos que participan este ano neste programa que se desenvolve grazas a colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual. Esta iniciativa permite achegar o cine feito en Galicia, e en concreto, os finalistas dos premios Mestre Mateo aos galegos do exterior a través destas... Máis información
-
03Outubro2023Miranda traslada o apoio da Xunta aos retornados a través de novas accións acordadas nunha reunión coa FEVEGA en Ourense audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recolleu as principais problemáticas ás que se enfronta esta colectividade como poden ser é a vivenda ou a homologación de títulos. A Federación Venezolana de Galicia completa a acción da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento da Secretaría Xeral da Emigración, ofrecendo información a retornados e desenvolvendo actividades formativas de acollida. O secretario xeral da... Máis información
-
03Outubro2023Miranda e a Asociación Recreo dos Anciáns analizan accións conxuntas para difundir as axudas da Xunta entre os galegos de Río de Janeiro audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con Esther Pérez Pérez, presidenta da Asociación Recreo dos Anciáns para Asilo da Vejez Desamparada de Río de Janeiro. Durante esta reunión, ambos analizaron a posta en marcha de accións conxuntas que permitan achegar, de xeito máis eficaz, a información sobre as axudas da Xunta de Galicia de xeito máis efectivo aos galegos residentes nesta localidade brasileira.... Máis información
-
02Outubro2023Emigración e a Fundación Ronsel analizan novas accións para implementar a labor de orientación laboral dos galegos retornados, tanto por conta allea como no autoemprego audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe co representante da Fundación, Luis García Deber, e outros directivos, unha reunión na que se avaliou o realizado no presente ano tanto no programa de apoio para emprendedores retornados Merlo como na formación laboral de alumnos Beme. Nesta reunión apostouse por poñer en marcha novas iniciativas relativas a obradoiros, cursos e itinerarios individualizados de inserción... Máis información
-
01Outubro2023O especial “Historias de ida e volta” documenta a emigración galega a Estados Unidos audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos séculos XIX e XX. O especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, documenta nesta ocasión a emigración galega a Estados Unidos... Máis información
-
30Setembro2023A Xunta recorda que o próximo martes, día 3 de outubro, remata o prazo para que a mocidade galega do exterior solicite as bolsas Retorna Talento FP audio A Xunta de Galicia recorda que o martes, día 3 de outubro, remata o prazo para que a mocidade do exterior poida solicitar algunha das 108 bolsas Retorna Talento FP co fin de realizar estudos de Formación Profesional que lles permitan mellorar a súa cualificación e volver á súa terra de orixe. Por primeira vez ofértanse neste marco prazas en ciclos de FP Dual, coa colaboración de 25 empresas, unha modalidade que favorece a inserción laboral das... Máis información
Páxinas |