Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
28Novembro2025Miranda inicia hoxe unha viaxe institucional a Uruguai para reforzar os vínculos coa colectividade galega e acompañar os actos culturais e asociativos do país audio Miranda participará no aniversario da Asociación de Empresarios Galegos no Uruguai onde tamén se entregarán os Premios Novo Talento Emprendedor— e manterá encontros coa colectividade en distintos espazos culturais, sociais e empresariais. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia hoxe unha viaxe institucional a Uruguai co obxectivo de reforzar a colaboración coa colectividade galega e acompañar os actos organizados... Máis información
-
27Novembro2025A Xunta reforza desde a delegación o seu apoio á cultura galega en Uruguai na estrea de Hugo en Montevideo audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu en Montevideo á posta en escea da obra "Hugo", da compañía galega Os Náufragos Teatro, un espectáculo que volveu encher o auditorio de galeguidade, memoria e emoción. Domínguez salientou o valor cultural desta iniciativa, que achega á colectividade galega do país propostas teatrais actuais e de alta calidade, reforzando así os vínculos coa creación artística feita en Galicia. Durante o... Máis información
-
26Novembro2025A Xunta reforza o seu apoio ao deporte da colectividade galega en Uruguai audio A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, participou na cerimonia de entrega de trofeos da Liga Española de Deportes de Uruguai, celebrada nas instalacións do Centro Alma Gallega en Montevideo, onde esta institución resultou proclamada campiona da edición 2025. Domínguez puxo en valor o papel desta entidade e do conxunto da colectividade galega no desenvolvemento deportivo e cultural, salientando que a presenza galega no... Máis información
-
25Novembro2025A Xunta reforza o apoio á contratación de titulados BEME dentro do novo modelo "Galicia Suma Talento: Emprégate" audio As empresas que incorporen mozos do exterior que completaron un máster en Galicia poderán recibir ata un 25% máis de axuda. A Xunta avanzou hoxe na posta en marcha do novo modelo Galicia Suma Talento: Emprégate, que coordina por primeira vez as accións formativas e os incentivos á contratación para facilitar a inserción laboral das persoas desempregadas. Esta iniciativa, dotada con 19,7 millóns de euros, busca priorizar a contratación de quen... Máis información
Páxinas |



