Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
06Maio2023A Xunta lanza unha nova convocatoria con 39M€ para obradoiros duais de emprego que priorizan ás galegas e galegos retornados audio Prevese a celebración de máis de 70 accións para unhas 1.400 persoas, priorizando a colectivos con dificultades no acceso ao traballo, como pode ser o colectivo de persoas retornadas, as mulleres, as vítimas de violencia de xénero ou as e os parados de longa duración. Esta iniciativa forma parte da Estratexia Galicia Retorna 2026 que ten como obxectivo facilitar o regreso das e dos galegos do exterior que desexan integrarse na sociedade galega... Máis información
-
05Maio2023Miranda interésase pola colectividade galega en Río de Xaneiro durante o encontro con Juan Alvite e compromete unha futura visita audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con Juan Alvite, un importante referente das e dos galegos residentes en Río de Xaneiro, no que se interesou polo momento que viven os galegos e galegas neste estado do Brasil, comprometéndose a visitalo nos próximos meses. Tal e como destacou Rodríguez Miranda, Juan Alvite é un destacado membro da colectividade galega xa que liderou, en diferentes momentos, as... Máis información
-
04Maio2023A Xunta aposta por apoiar o eido da empregabilidade das e dos galegos do exterior duplicando o financiamento do programa formativo e mentores da Fundación Ronsel para emprendedoras e emprendedores retornados audio A Administración autonómica destina 200.000 euros para a posta en marcha do programa de apoio para emprendedoras e emprendedores retornados Merlo e para novos obradoiros, cursos e itinerarios individualizados de inserción laboral e coñecemento do mercado laboral galego. A Secretaría Xeral da Emigración asinará tamén un convenio coa Federación Venezolana de Galicia para manter o funcionamento das súas oficinas de asesoramento e formación ás e aos... Máis información
-
04Maio2023Rueda anima a estimular o coñecemento e a impulsar o talento dos países unidos por lazos históricos ás dúas beiras do Atlántico audio Resalta a importancia de “construír a mellor universidade posible” para mellorar e avanzar como sociedade. Aposta por crear espazos comúns sobre educación, ciencia, tecnoloxía ou innovación e iniciativas que apelen “á cooperación e fraternidade”. Subliña que a Xunta ten en marcha diferentes medidas coas que fortalecer as relacións con outros países para promover o intercambio de coñecemento e impulsar oportunidades como a Estratexia Galicia... Máis información
-
03Maio2023Emigración mantén aberto o prazo para solicitar a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor para galegas e galegos retornados audio A Secretaria Xeral da Emigración lembra, a través da historia do galego retornado de Venezuela, Alejandro Rincón, que mantén aberta a convocatoria da nova liña de Axudas ao Retorno Emprendedor que permite aos galegos e galegas que regresaron á súa terra de orixe para poñer en marcha unha iniciativa empresarial sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento do seu negocio con ata 10.000 euros de subvención. No seguinte... Máis información
-
02Maio2023Os informativos de A3 recollen a Estratexia Galicia Retorna como unha ferramenta imprescindible para conseguir o regreso de profesionais cualificados e cualificadas que aporten unha vantaxe competitiva á sociedade galega audio Os informativos da cadea nacional Antena 3 TV recolleron a importancia da nova Estratexia Retorna, destacando que se trata dunha ferramenta imprescindible para que Galicia poida conseguir o regreso de profesionais cualificados e cualificadas que aporten unha vantaxe competitiva á sociedade galega. A nova Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia ten como obxectivo afrontar o reto demográfico e facilitar o dereito ao retorno dos galegos e... Máis información
-
01Maio2023O especial “Historias de ida e volta” amosa o papel das sociedades microterritoriais de emigrantes na Arxentina audio O especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, chega documentando o papel das sociedades microterritoriais de emigrantes na Arxentina. Arxentina foi un país de acollida para milleiros de emigrantes e exiliados galegos e galegas que, desde a outra beira do Atlántico, participaron activamente na configuración social e política de Galicia.... Máis información
-
30Abril2023Miranda destaca o traballo do Centro Galego de Mallorca pola galeguidade durante a inauguración da súa nova sede audio O secretario xeral da Emigración asistiu á inauguración da nova sede da entidade que conta con máis instalacións que permitirán dinamizar as actividades e atraer á colectividade galega máis nova da illa. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu na tarde de onte á inauguración da nova sede do Centro Galego de Mallorca, que abre as súas portas na rúa Carrer de Covadonga. O responsable autonómico destacou o traballo... Máis información
-
29Abril2023Emigración lembra que o próximo día 4 pecha a convocatoria do programa Escolas Abertas que se desenvolverá en Santiago de Compostela o próximo mes de xullo audio Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais, cociña e formación de persoal directivo. A Secretaría Xeral da Emigración lembra que o próximo 4 de maio pecha o prazo para participar na convocatoria do novo programa de Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración que se volve a desenvolver este ano tras... Máis información
-
29Abril2023A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Lugo informa sobre o ámbito educativo e as homologacións de títulos audio A Secretaría Xeral da Emigración continúa co espazo informativo, iniciado o domingo pasado, que aporta asesoramento ás galegas e galegos retornados do exterior, neste caso da man da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Lugo. Grazas á colaboración do programa Lembrando a Galicia da TVG, dende esta Oficina infórmase sobre os datos máis esenciais relativos ao ámbito eductivo e da homologación de títulos das persoas que... Máis información
Páxinas |