Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
23Outubro2022O secretario xeral da emigración traslada ás entidades galegas do Brasil o impulso dos programas de apoio ao retorno postos en marcha pola Xunta e pediulles colaboración na súa divulgación audio Antonio Rodríguez Miranda mantivo unha reunión cos e coas representantes destes centros informándolles tanto das convocatorias das bolsas para máster BEME como das destinadas á realización de cursos de FP para traballar en Galicia. Tamén analizou con estas entidades as súas necesidades actuais e a programación das súas actividades futuras. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas un encontro de... Máis información
-
23Outubro2022Miranda participa na Xuntanza de entidades galegas do Brasil que organiza a Casa de España de Río de Xaneiro audio O secretario xeral da Emigración destacou a colaboración anual con esta entidade, que en 2022 superou os 40.000 euros, e que ten como finalidade apoiar o funcionamento do seu centro social e manter a súa oficina de atención social. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou onte na xuntanza de entidades galegas de Brasil organizada pola Casa de España de Río de Xaneiro, acto no que estivo acompañado polo presidente... Máis información
-
22Outubro2022Chegan a Galicia os case 200 galegos e galegas do exterior que realizarán o Camiño de Santiago dentro do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración audio Esta iniciativa, na que volven participar galegas e galegos procedentes de países americanos trala pandemia, ten como obxectivo difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. As e os participantes realizarán os últimos 100 quilómetros do Camiño Portugués e da Vía da Prata en diferentes etapas. As e os case 200 participantes do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración, procedentes de diferentes países de América e... Máis información
-
21Outubro2022Miranda visita Brasil para coñecer a situación actual da colectividade galega trala pandemia audio O secretario xeral manterá unha reunión de traballo coas entidades galegas no país, aproveitando tamén para achegarse a varias entidades que dan apoio aos galegos e galegas con maiores necesidades socioeconómicas. O secretario xeral da Emigración retoma o contacto presencial coa colectividade galega do Brasil esta fin de semana, achegándose ata Río de Xaneiro e São Paulo co obxectivo de coñecer a súa situación actual e as súas necesidades... Máis información
-
21Outubro2022Parten cara a Galicia as e os primeiros participantes do Conecta co Xacobeo procedentes de Uruguai e Arxentina audio As e os beneficiarios do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración procedentes de Arxentina e Uruguai xa se atopan de camiño a Galicia para vivir, dende mañá mesmo, sábado, a experiencia do Camiño de Santiago e do Xacobeo. Nos aeroportos de orixe foron despedidas e despedidos por responsables das delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo. Nestes programa participan persoas vinculadas aos centros galegos... Máis información
-
20Outubro2022O Ciclo Mestre Mateo chega esta fin de semana ás entidades galegas do exterior coa proxección da película “Malencolía” audio O Ciclo Mestre Mateo continúa esta fin de semana desenvolvéndose nos centros galegos do exterior, neste caso coa proxección da película Malencolía, protagonista do mes de outubro. O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, ten como obxectivo achegar aos galegos e galegas do exterior os documentais e filmes premiados na última edición... Máis información
-
19Outubro2022Quintana e Miranda acompañan á colectividade venezolana en Galicia na entronización da reliquia do beato José Gregorio Hernández audio A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañaron esta mañá á colectividade venezolana en Galicia nos actos de entronización das reliquias do beato José Gregorio Hernández que tivo lugar na Catedral de Santiago de Compostela. O acto estivo presidido polo cardeal e arcebispo da arquidiocese de Mérida (Venezuela), Enrique Porras Cardozo, que destacou a figura deste médico e... Máis información
-
18Outubro2022Miranda mantén un encontro co emprendedor arxentino, descendente de galegos, Mateo Salvatto, no que analizaron os seus proxectos futuros en España audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo durante a súa visita a Arxentina un encontro co emprendedor arxentino e descendente de galegos Mateo Nicolás Salvatto, no que analizaron os proxectos futuros en España deste experto en robótica e creador dunha aplicación que facilita a comunicación a persoas con dificultades na fala denominado ‘Háblalo’. Durante o encontro, o emprendedor fixo entrega ao secretario xeral da... Máis información
-
18Outubro2022A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asiste aos actos de celebración do Día da Hispanidade en Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos actos de celebración polo día da Hispanidade en Montevideo, que tivo lugar na sede da Embaixada de España na capital do país americano. Ademais, e organizado pola Federación de Instituciones Españolas en el Uruguay (FIEU), levouse a cabo unha ofrenda floral no monumento a Isabel de Castilla e José Artigas na praza da Independencia. Nestes actos tamén estiveron presentes, entre... Máis información
-
17Outubro2022Rueda traslada ao presidente do Uruguai a colaboración de Galicia para potenciar as relacións comerciais ás dúas beiras do Atlántico audio Rueda interésase pola situación dos galegos e galegas no Uruguai e reafirma a vontade do Goberno galego por colaborar co futuro do Hogar Español e do patrimonio da Casa de Galicia en Montevideo. Coa reunión mantida con Lacalle, o mandatario galego pecha cinco días dunha viaxe que cualificou como “moi satisfactoria” polas oportunidades que ofreceu para ampliar as relacións entre as galegas e galegos e as e os seus irmáns ao outro lado do... Máis información
Páxinas |