Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
26Xaneiro2023Alfonso Rueda presidiu a presentación da nova Estratexia Galicia Retorna ante as e os distintos representantes da sociedade galega audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu a presentación da nova Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 ante máis dun cento de distintas e distintos representantes da sociedade galega, acompañado de varias e varios membros do Goberno galego, destacando o orzamento co que xorde esta ferramenta, 450 millóns de euros, que ten como obxectivo o retorno de 30.000 galegas e galegos do exterior nos próximos catro anos. GaliciaAberta ofrece unha... Máis información
-
26Xaneiro2023A Xunta convoca dúas novas liñas de axudas para apoiar a persoas traballadoras autónomas, que se atopan incluídas na Estratexia Galicia Retorna audio Xa está aberto o prazo de solicitude dunha nova edición do Bono Autónomo e do programa Xempre Autónomo. Este ano vanse destinar preto de 60M€ dende a Xunta de Galicia en apoio das persoas traballadoras por conta propia. O Goberno galego destina 20 millóns de euros a dúas novas liñas de axudas para apoiar a 7.000 persoas traballadoras autónomas, axudas que se atopan incluídas na Estratexia Galicia Retorna. As partidas habilitadas este ano para... Máis información
-
25Xaneiro2023Rueda avanza que a Xunta destinará 4 M€ este ano para que máis de 400 galegas e galegos no exterior regresen a Galicia cun contrato indefinido na man audio Subliña que o emprego é imprescindible para o asentar poboación e que Galicia aspira a acoller a máis galegos “porque é de xustiza”. Recorda que a Estratexia Retorna, posta en marcha no ano 2018, facilitou a chegada de 28.000 persoas, e que a nova convocatoria conta cun orzamento de 450 M€ para o retorno de 30.000 en catro anos. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanza que o Goberno galego destinará 4 millóns de euros este ano para que máis... Máis información
-
24Xaneiro2023O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidirá en Ferrol a presentación da Estratexia Galicia Retorna 23-26 ante a sociedade galega audio O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, será o encargado de presidir a presentación ante a sociedade galega da nova Estratexia Galicia Retorna 23-26 mañá, ás 13 horas, no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol. Estará acompañado dos conselleiros de Economía, Educación, Emprego e Política Social, así como do secretario xeral da Emigración. No acto tamén participarán retornadas e retornados que exporán a súa experiencia, persoal técnico da... Máis información
-
23Xaneiro2023Miranda explica na Radio Galega a nova convocatoria das bolsas BEME para universitarias e universitarios galegos do exterior que verá a luz a comezos de febreiro audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explicou no programa Galicia por Diante Fin de Semana a nova convocatoria das 250 bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para universitarias e universitarios galegos que residen fóra das nosas fronteiras, recordando que tan só faltan uns días para que se abra a presentación de candidaturas. Esta axuda permite a realización dun máster para o curso 2023/24 nunha das tres... Máis información
-
22Xaneiro2023Emigración recorda que só faltan uns días para que abra a nova convocatoria das bolsas BEME para universitarias e universitarios galegos do exterior audio A Secretaría Xeral da Emigración recorda que só faltan uns días para que se abra a nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior – BEME para universitarias e universitarios galegos do exterior, polo que anima a todas e todos os interesados a que preparen a súa documentación. Esta axuda permite a realización dun máster para o curso 2023/24 nunha das tres universidades galegas. María Valverde, estudante bolseira BEME da Universidade... Máis información
-
21Xaneiro2023Canal Rías Baixas analiza co secretario xeral da Emigración a posta en marcha da nova Estratexia Galicia Retorna que potenciará a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno audio O Canal Rías Baixas de televisión analizou da man do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a posta en marcha da nova Estratexia Galicia Retorna que ten coma obxectivo, tras o éxito da primeira estratexia, conseguir o regreso de, polo menos, 30.000 galegas e galegos do exterior, facilitándolles apoios e axudas a través de todos os departamentos autonómicos. A nova estratexia pon o foco de xeito relevante no eido laboral, ao... Máis información
-
20Xaneiro2023O secretario xeral da Emigración destaca en COPE Vigo a importancia da nova Estratexia Retorna que busca o retorno de 30.000 galegas e galegos ata 2026 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explicou en COPE Vigo as novidades da recentemente aprobada Estratexia Galicia Retorna, destacando que permitirá á Xunta de Galicia continuar a afrontar o reto demográfico e facilitar o dereito ao retorno dos galegos e galegas do exterior que aportarán caudal de coñecemento activo e vantaxe competitiva á sociedade galega. A nova estratexia pon o foco de xeito relevante no eido laboral... Máis información
-
20Xaneiro2023A Xunta estrea perfil en TikTok e convértese no primeiro Goberno autonómico de España en contar cunha canle nesta rede social audio O principal obxectivo desta nova conta, dispoñible en https://www.tiktok.com/@xuntadegalicia, pasa por facer chegar información de interese á xuventude dun xeito máis informal, dinámico, e favorecer o alcance e visibilidade das iniciativas postas en marcha polo Goberno galego. Entre os contidos que estarán dispoñibles inclúense publicacións de temática cultural, económica, medioambiental ou científica, así como vídeos de concienciación sobre... Máis información
-
19Xaneiro2023Miranda recibe á nova cónsul de Cuba en Galicia, Ingrid Izquierdo, a quen lle trasladou o interese da Xunta por seguir a apoiar aos galegos e galegas en situación de vulnerabilidade residentes nese país audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu á nova cónsul de Cuba en Galicia, Asturias e Cantabria, Ingrid Izquierdo, a quen trasladou o interese da Xunta de Galicia por continuar a apoiar aos galegos e galegas residentes neste país e que se atopan en situación de vulnerabilidade, solicitándolle neste senso toda a colaboración posible no seu desenvolvemento. A diplomática e o secretario xeral da Emigración tamén... Máis información
Páxinas |