Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
13Decembro2022O Ciclo Mestre Mateo pechou as súas portas nos centros galegos coa proxección do filme “Jacinto” audio O Ciclo Mestre Mateo chegou este mes ao seu fin, tras oito meses de periplo polas entidades galegas do exterior, coa proxección do filme Jacinto. O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, tivo ao longo deste ano como obxectivo achegar aos galegos e galegas do exterior os documentais e filmes premiados na última edición dos premios do... Máis información
-
12Decembro2022Miranda fai un balance positivo do impulso do labor cultural orientado á mocidade do Centro Galego de Lisboa nun encontro con Francisco Guisado audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao responsable da área cultural do Centro Galego de Lisboa, Francisco Guisado, con quen analizou as accións do ano que xa remata e as próximas iniciativas desta entidade para o ano 2023, trasladándolle o responsable autonómico o compromiso da Xunta de seguir a colaborar de cara a continuar avanzando na promoción da cultura galega en Portugal. Deste xeito, Miranda destacou... Máis información
-
11Decembro2022A Secretaría Xeral da Emigración contará cun orzamento de 13M€ en 2023 para fomentar as políticas de retorno audio A Secretaria Xeral da Emigración aumentará o seu orzamento para 2023 apostando polo apoio aos galegos e galegas do exterior e potenciando o retorno. Deste xeito, destínanse 5,5€ M€ para os diversos programas específicos da Secretaría Xeral destinados ás e aos galegos do exterior que regresan a Galicia, aos que hai que sumar os 7,5M€ que destinará a Consellería de Emprego a programas de específicos de formación, incentivos á contratación e... Máis información
-
10Decembro2022Rueda aplaude a contribución dunha xeración de galegas e galegos que axudaron a impulsar Cataluña sen deixar de construir a Galicia moderna de hoxe audio Subliña que, grazas ao esforzo dos galegos e galegas no exterior, hoxe existe unha Galicia que racha teitos en exportacións, en turismo ou en investimento nas e nos galegos. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, aplaudiu a contribución dunha xeración de galegas e galegos que axudaron a impulsar Cataluña sen deixar de construír a Galicia moderna de hoxe. O mandatario galego interveu hoxe nunha gala-homenaxe á emigración en Cataluña celebrada no... Máis información
-
09Decembro2022Miranda agradece aos centros galegos de Cataluña o esforzo para render unha sentida homenaxe á emigración galega nesta comunidade audio O secretario xeral da Emigración asistiu esta tarde en Cornellà ao ensaio xeral da gala “Unha xeración. Dous mundos” organizada pola colectividade galega en colaboración coa Xunta de Galicia. A gala, que se desenvolverá mañá no Gran Teatre del Liceu de Barcelona, contará coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu esta tarde ao ensaio xeral do... Máis información
-
09Decembro2022A Asociación Cultural Libro Vivo presenta a Rodríguez Miranda un proxecto para visibilizar a modernización social de Galicia a través da construción de escolas no rural grazas ao aporte da emigración audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, coñeceu o proxecto sobre a modernización de Galicia a través da construción das escolas no rural galego executadas grazas ao aporte económico da emigración, que está a realizar a Asociación Cultural Libro Vivo. Na reunión estiveron presentes o presidente desta entidade, Carlos Breixo, así como do investigador Vicente Peña e do concelleiro popular de Ortigueira, Valentín Calvín. ... Máis información
-
09Decembro2022As e os investigadores dos centros públicos galegos contarán cun estatuto que facilitará o retorno do talento investigador grazas a unha maior estabilidade e calidade laboral audio A Xunta iniciou os trámites para aprobar un decreto que fixará un marco laboral que oriente a contratación do futuro. Nestes intres atópase aberto o prazo da consulta pública previa para recibir achegas do colectivo coa previsión de que estea aprobado no “primeiro semestre” do ano que vén. Óptase polo réxime laboral por ser o que mellor se adapta aos perfís e necesidades dos centros a través dun sistema que busca a excelencia. O persoal... Máis información
-
08Decembro2022Jorge Fernández, do Centro Galego de Tenerife, destaca o valor de colaborar na difusión do Camiño de Santiago a través do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración audio O galego Jorge Fernández Castro, socio do Centro Galego de Tenerife, participou fai unhas semanas no programa Conecta co Xacobeo que organizou a Secretaría Xeral da Emigración co obxectivo de que as persoas vinculadas a entidades galegas de todo o mundo puideran coñecer o Camiño de Santiago e posteriormente converterse en embaixadoras e embaixadores do mesmo nos seus países de residencia. Jorge Fernández conta, no seguinte vídeo, a súa... Máis información
-
07Decembro2022As delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai coñecen as iniciativas para a capacitación e incorporación de traballadoras e traballadores retornados a sectores de alta demanda laboral audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto á directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, trasladaron aos delegados da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro e Elvira Domínguez, o traballo que se está a desenvolver nestes intres para a posta en marcha de programas que faciliten a incorporación de traballadoras e traballadores retornados a sectores de alta demanda laboral... Máis información
Páxinas |