Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
23Decembro2022Emigración aumenta ata os 2,4M€ as axudas extraordinarias para as e os galegos retornados audio Amplíase o orzamento desta liña para atender a todas as solicitudes presentadas. Estas axudas, de carácter social, destínanse a gastos da unidade familiar derivados do retorno, cun especial apoio de ata 1.500 euros por fillo ou filla, así como tamén se valora o feito de residir nun concello rural. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o aumento da dotación da liña de axudas extraordinarias da Secretaría Xeral da Emigración para as galegas e... Máis información
-
23Decembro2022A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao encontro de despedida de ano da Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu a gala de despedida do ano que organizou a Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago, que preside Adriana Fernández. A delegada da Xunta felicitou á asociación polo seu traballo en apoio do Camiño de Santiago, tanto pola divulgación que do mesmo realizan no Uruguai, como pola información sobre rutas a desenvolver no eido do Camiño cara a Compostela. Máis información
-
22Decembro2022O especial “Historias de ida e volta” pecha o ano achegándose á traxectoria do Centro Galego de Lisboa audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. O especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, pecha o ano achegándose á traxectoria do Centro... Máis información
-
21Decembro2022A Secretaría Xeral da Emigración contará cun orzamento de 6,6M€ en 2023 para apoiar ás e aos galegos e entidades do exterior audio A Secretaria Xeral da Emigración aumentará o seu orzamento para 2023 e, no mesmo, apostarase tanto por continuar a apoiar ás e aos galegos e entidades do exterior como a potenciar o retorno. Deste xeito, destínanse 6,6€ M€ para os diversos programas de apoio social que a Secretaría Xeral destina aos galegos e galegas do exterior que se atopan en situación de vulnerabilidade, así como para o funcionamento e actividades culturais e sociais dos... Máis información
-
20Decembro2022Rodríguez Miranda destaca na TVG a importancia da nova Estratexia Retorna para conseguir caudal de coñecemento activo e vantaxe competitiva para Galicia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou no Telexornal da Televisión de Galicia a importancia da aprobación da nova Estratexia Retorna da Secretaría Xeral da Emigración para a loita contra o reto demográfico e co obxectivo de facilitar o dereito ao retorno dos galegos e galegas do exterior que aportarán caudal de coñecemento activo e vantaxe competitiva á sociedade galega. Nesta reportaxe, o secretario xeral da... Máis información
-
19Decembro2022A Xunta inicia a execución da Estratexia Galicia Retorna 2026 coa que se impulsará o emprendemento, a formación e o emprego de 30.000 galegas e galegos do exterior audio A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron hoxe un encontro para avanzar nos programas de emprego da nova planificación. A Estratexia 2023-26 duplica as medidas e o orzamento anterior incidindo a través dun cento de propostas en catro áreas: laboral, educativa, social e asesoramento. Ao eido do emprego, o que aglutina unha maior cantidade de... Máis información
-
18Decembro2022Miranda acompaña á comunidade galega na celebración “Galicia en Madrid” organizada por FAGAMA audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á celebración “Galicia en Madrid” no teatro Lara, organizada pola Federación de Asociacións Galegas nesta comunidade (FAGAMA) e que contou coa actuación central do grupo Ramalleira, liderado polo recoñecido gaiteiro Miguel Ramalleira. Na gala tamén actuaron un grupo de cantareiras xunto a Agrupación Artística Gallega Rosalía de Castro e varios artistas afincados en Madrid... Máis información
-
18Decembro2022Emigración únese á conmemoración do Día Internacional da Persoa Migrante audio A Secretaría Xeral da Emigración únese á conmemoración de apoio á e ao migrante da Organización das Nacións Unidas (ONU) co gallo do Día Internacional da Persoa Migrante, 18 de decembro. Galicia ten demostrado en infinitas ocasións ao longo da súa historia que é un pobo solidario e valente, capaz de axuntar esforzos e recursos para poñelos ao servizo das e dos que máis o precisan. E neste senso, seguiremos a traballar para estar ao carón de... Máis información
-
17Decembro2022Miranda destacou na Radio Galega que o apoio e asesoramento laboral ás e aos retornados galegos será o eixe central da nova Estratexia Retorna 2026 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou hoxe no programa Galicia por Diante Fin de Semana da Radio Galega que a nova Estratexia Retorna 2026 terá como principal novidade ampliar o apoio e asesoramento laboral ás familias retornadas galegas. O novo documento baséase na experiencia da primeira Estratexia Retorna, que agora verase duplicada tanto no orzamento inicial como nas medidas a aplicar polo conxunto de todos... Máis información
-
17Decembro2022Emigración participa no acto de entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega no concello de Ramirás no que se homenaxea ás e aos emigrantes galegos dos EE.UU. audio A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, acompañou ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, no acto de entrega dos premios Rebulir da Cultura Galega que tivo lugar hoxe no polideportivo O Picouto do concello de Ramirás. Nesta gala fíxose unha lembranza especial ás e aos emigrantes de este concello aos... Máis información
Páxinas |