Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
20Marzo2022Oito centros galegos do exterior proxectan o próximo 26 de marzo a primeira película do Ciclo Mestre Mateo, organizado en colaboración con Emigración e a Academia Galega do Audiovisual audio Oito centros galegos do exterior inician o vindeiro 26 de marzo a proxección das películas e documentais finalistas aos Premios Mestre Mateo 2022 grazas a un acordo de colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual. O Gran Camiño é o filme elixido para inaugurar este ciclo de cine. O Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, o Centro Gallego de Montevideo, a Hermandad Gallega de Venezuela,... Máis información
-
19Marzo2022Emigración finaliza a súa visita a Caracas na que puido comprobar o óptimo funcionamento da rede de apoio social dos centros galegos e as institucións españolas coas que colabora a Xunta audio Esta rede de apoio beneficiou a máis de 10.000 familias galegas durante os anos de pandemia. Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral deste departamento, recordou que entre as axudas á emigración e ao retorno, destináronse a Venezuela máis de 6,5M€ nos últimos dous anos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, finalizou a súa visita a Caracas tras comprobar como a aportación da Xunta beneficiou a máis de 10.000 galegas... Máis información
-
18Marzo2022Rodríguez Miranda reúnese co CRE de Venezuela para coñecer a súa visión sobre a situación da colectividade española a través das e dos seus representantes audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse nas últimas horas cos e coas representantes do CRE de Venezuela para coñecer a situación da colectividade española e, por tanto, da galega, así como das súas necesidades. Miranda informoulles sobre os programas de axuda da Secretaría Xeral para as galegas e galegos do exterior, e en concreto, para as e os galegos de Venezuela, así como lles trasladou a necesidade de axuda... Máis información
-
17Marzo2022Volve baixar o número de emigrantes galegas e galegos por sétimo ano consecutivo segundo os datos do INE, con 1.445 menos en 2021 audio A cifra das e dos descendentes nados xa no país de residencia xera un incremento de cidadás e cidadáns galegos no exterior ata chegar aos 529.038, 5.182 máis que no 2020. O Instituto Nacional de Estatística (INE) acaba de facer públicos os datos do Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro (PERE) a 1 de xaneiro de 2022, que vén a evidenciar novamente que o número de galegas e galegos do exterior nados en Galicia continúa a descender,... Máis información
-
17Marzo2022Miranda traslada ás e aos galegos de Venezuela as accións que a Xunta desenvolve para favorecer o retorno a Galicia audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coa colectividade galega en Caracas, á que informou da convocatoria aberta para solicitar bolsas de Excelencia Académica BEME que permiten realizar un máster nas universidades galegas. Nesta reunión Miranda trasladoulles a información doutra serie de programas complementarios en materia de acompañamento aos retornados e retornadas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda... Máis información
-
16Marzo2022O secretario xeral da Emigración traslada ao cónsul xeral de España en Venezuela o importante papel desta institución no proceso de retorno audio Antonio Rodríguez Miranda tamén se reuniu co consejero de Trabajo de España neste país para incrementar a coordinación na atención social aos galegos e galegas residentes en Venezuela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión co cónsul xeral de España en Venezuela, Juan José Buitrago, na que destacou a importancia do labor do consulado para facilitar o retorno das familias a Galicia.... Máis información
-
16Marzo2022O secretario xeral da Emigración e as entidades galegas en Venezuela analizan as liñas de colaboración dos próximos meses audio Antonio Rodríguez Miranda mantivo en Caracas un encontro cos máximos responsables da Hermandad Gallega de Venezuela, do Centro Gallego de Maracaibo, da Hermandad Gallega de Valencia e do Centro Gallego de Puerto La Cruz, cos que analizou a actual situación das entidades tras estes dous anos de pandemia. O secretario xeral recordou que o traballo conxunto con estes centros é esencial para manter a tradición e cultura galegas entre a... Máis información
-
15Marzo2022O secretario xeral da Emigración agradece o labor e o apoio das oficinas sociais dos centros galegos de Venezuela audio Antonio Rodríguez Miranda visitou a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas e aproveitou para recordar que permanece aberta a liña de apoio económico social deste departamento para axudar ás familias galegas residentes no exterior que se atopan nunha situación económica precaria. Tamén visitou o centro de día desta entidade que presta servizo a medio cento de galegas e galegos residentes en Caracas. O pasado ano, estas axudas permitiron apoiar... Máis información
-
15Marzo2022Miguel Souto conta a súa experiencia como bolseiro BEME, o que lle permitiu regresar a Galicia para atopar un emprego audio A Secretaría Xeral da Emigración ten convocadas as novas 250 Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que as e os galegos residentes no exterior ou os descendentes de galegas e galegos poidan cursar un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2022/23. Miguel Souto optou por solicitar unha bolsa BEME para cursar un mestrado na USC que lle permitira regresar a Galicia dende os Países Baixos a estudar e atopar un... Máis información
-
14Marzo2022Miranda viaxa a Venezuela para trasladar o apoio da Xunta aos galegos e galegas residentes neste país e coñecer a súa situación tralos anos de pandemia audio O secretario xeral da Emigración visitará a Hermandad Gallega de Venezuela e manterá un encontro cos representantes das entidades galegas do país así como coas autoridades españolas no país caribeño. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia mañá, 15 de marzo, unha visita a Venezuela para achegarse aos galegos e galegas residentes neste país e aos centros que traballan a prol desta colectividade e coñecer así, en... Máis información
Páxinas |