Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
28Xullo2023Elvira Domínguez felicita ao programa Sempre en Galiza polo galardón Castelao 2023 da Federación de Asociaciones Gallegas en el Uruguay polos seus 73 anos de apoio á lingua galega audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á entrega do galardón Castelao 2023 que outorga a Federación de Asociaciones Gallegas neste país e que se celebrou no Centro Pontevedrés Social y Deportivo de Montevideo. A máxima responsable da Xunta no país do Cono Sur felicitou ao programa Sempre en Galiza por este premio destacando os 73 anos que leva en antena apoiando a lingua galega. Elvira Domínguez agradeceu o seu labor de... Máis información
-
28Xullo2023Fabiola García enxalza o papel dos galegos emigrados na mellora da calidade de vida das persoas maiores audio Destaca o labor de mulleres emigradas como Regina Jallas, natural de Santa Comba, e actual presidenta de honra da entidade Recreio dos Anciãos. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, visitou a residencia Santiago Apóstol, en Río de Xaneiro, onde enxalzou o papel dos galegos emigrados na mellora da calidade de vida das persoas maiores. A visita foi guiada por Regina... Máis información
-
27Xullo2023A Xunta lanza o programa Retorna Talento FP con 1 M€ para que 108 mozos do exterior cursen Formación profesional en Galicia o próximo curso audio O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, subliña que o obxectivo é “atraer galegos do exterior para que se formen en Galicia e se incorporen ao noso mercado laboral”. Destaca que o Goberno autonómico “duplica” a oferta de bolsas para estes alumnos no vindeiro curso. Ademais, resalta que haberá unha nova modalidade de FP dual, con 60 prazas, nas cales os interesados poderán facer unha parte da... Máis información
-
27Xullo2023Os mozos e mozas participantes no programa 'Conecta co Camiño' coñecen a provincia de Pontevedra durante a súa andaina audio Este programa destínase a galegas e galegos do exterior de entre 18 e 20 anos procedentes de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Desenvolverase ata o 31 de xullo e, ademais de percorrer oito tramos a pé polo Camiño Portugués pola Costa ata Compostela, tamén están a coñecer aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego. O medio cento de... Máis información
-
27Xullo2023A Xunta destinará 10.000 euros a mellorar a calidade asistencial da Casa de España de Río de Xaneiro audio Asinou un protocolo de colaboración para apoiar aos galegos na diáspora que reciben nestas instalacións servizos de rehabilitación, estimulación da memoria ou asesoramento para realizar trámites administrativos. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, visitou o centro social da Casa de España en Río de xaneiro, Brasil. Durante a visita asinou un protocolo de... Máis información
-
26Xullo2023As e os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen estes días a realidade empresarial e os espazos naturais de Galicia audio Este programa, que se está a desenvolver no albergue de Gandarío en dúas quendas, ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. Os case 30 mozos e mozas galegas do exterior que chegaron a pasada semana para participar no programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración están a rematar a súa estadía na nosa comunidade autónoma coñecendo a realidade empresarial galega e os... Máis información
-
26Xullo2023Representantes das entidades galegas do exterior participan na ofrenda floral a Rosalía de Castro polo Día de Galicia audio Representantes de varias entidades galegas do exterior participaron onte na ofrenda floral a Rosalía de Castro polo día de Galicia que se desenvolveu no Panteón de Galegos Ilustres da igrexa de San Domingos de Bonaval, onde tamén se atopan os restos de Castelao, trasladados dende Bos Aires en 1984. Nesta ocasión, o acto foi presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices. A... Máis información
-
26Xullo2023Emigración publica o listado provisional de adxudicación dos obradoiros de cultura galega para entidades do exterior audio A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe na súa páxina web o listado provisional de adxudicación dos obradoiros de cultura galega destinados a entidades do exterior. O programa conta cun orzamento de 150.000 euros e permitirá sufragar os gastos de contratación e desprazamento do profesorado e materiais de formación. As entidades encargaranse, pola súa banda, das instalacións onde se impartan os cursos e dos gastos de estadía e manutención... Máis información
-
26Xullo2023A Xunta reforza a colaboración coas sociedades Rosalía de Castro en Brasil para mellorar a atención nos seus centros de día audio Asinou dous protocolos de colaboración cos centros de día destas entidades, por un valor de 10.000 euros cada un, para garantir a súa calidade de atención. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, iniciou onte a súa viaxe institucional por América Latina, coincidindo co Día de Galicia. Neste primeiro día, visitou os dous centros de día de atención a maiores das... Máis información
-
25Xullo2023O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, felicita o Día de Galicia a todos os galegos e galegas do exterior audio O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, conmemora o 25 de xullo, Día de Galicia, con todos os galegos e galegas do exterior. No gran día de Galicia, en honra a Santiago Apóstolo, Alfonso Rueda recordou que a Xunta seguirá a acompañar á colectividade galega estea onde estea, mandando unha forte aperta a todas e todos aqueles que traballan pola nosa colectividade en calquera recuncho do planeta. Destacou, ademais, a... Máis información
Páxinas |