Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
31Xullo2023Emigración convoca o programa “Reencontros con Galicia” para 119 galegos do exterior residentes en América audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegos do exterior maiores de 65 anos, co obxectivo de facilitar o seu contacto coa realidade galega e cos seus familiares en Galicia. Esta iniciativa volve poñerse en marcha en colaboración coa Consellería de Política Social. O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para a participación das persoas maiores de 65 anos vinculadas... Máis información
-
30Xullo2023Os mozos e mozas do programa Conecta co Camiño de Emigración rematan a súa andaina ante a Catedral de Santiago de Compostela audio Este programa permitiu que 50 galegas e galegos do exterior de entre 18 e 20 anos procedentes da Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realizaran o Camiño Portugués pola Costa e coñeceran aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego. O medio cento de mozos e mozas participantes no programa Conecta co Camiño chegaron hoxe a Santiago de... Máis información
-
30Xullo2023Fabiola García participa nun encontro con mulleres distinguidas co galardón ‘A Barca de Sálvora’ en Bos Aires audio A conselleira de Política Social e Xuventude, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López, visitou o Centro Gallego de Avellaneda. Posteriormente, asinou un protocolo de colaboración coa residencia de maiores Hogar Gallego para Ancianos de Domselaar por valor de 20.000 euros A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, mantivo un encontro con mulleres distinguidas... Máis información
-
30Xullo2023O especial “Historias de ida e volta” analiza a acción filantrópica de Blanco de Lema audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos séculos XIX e XX. O especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, chega a xullo documentando a acción filantrópica de Blanco de... Máis información
-
29Xullo2023Rueda pon en valor que a estabilidade de Galicia convértea nun territorio atractivo para investir audio Agradece o compromiso dos que apostan por esta comunidade para poñer en marcha os seus proxectos xa que ningún país prospera sen os seus empresarios. Subliña que a Xunta vai seguir traballando para que Galicia sexa o lugar “de estabilidade, certezas e tranquilidade” que demandan os inversores. O Goberno autonómico apoia ao tecido empresarial con medidas para simplificar e axilizar os trámites ou cunha axenda financeira dotada de 135 M€ para... Máis información
-
29Xullo2023Chegan a Galicia os mozos e mozas do exterior que participan na segunda quenda do programa Conecta con Galicia de Emigración audio Este programa, que se realiza en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, desenvolverase no albergue de Gandarío ata o próximo 11 de agosto e ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. A trintena de rapazas e rapaces que participaron na primeira quenda desta iniciativa remataron onte tras visitar, nos últimos días, diversas empresas galegas e lugares de interese turístico das... Máis información
-
29Xullo2023Fabiola García felicita ao Centro Galicia de Bos Aires polo seu 44 aniversario audio Asinou tamén un protocolo de colaboración co Centro Gallego de Mar del Plata por valor de 10.000 euros para apoiar as súas actividades e centro de día de atención a maiores. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, asistiu este venres á cea de gala en conmemoración polo 44 aniversario do Centro Galicia en Bos Aires. Durante a viaxe institucional que está a realizar... Máis información
-
29Xullo2023Conferencias, foliadas e xuntanzas centraron as celebracións das entidades galegas no Uruguai polo Día de Galicia audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos diferentes actos celebrados polo Día de Galicia en varias das entidades de Montevideo, como o Patronato da Cultura Galega, Alma Gallega ou o Centro Gallego de Montevideo. Conferencias, foliadas e xuntanzas centraron as iniciativas coas que os galegos e galegas deste país do Cono Sur desfrutaron da xornada grande de Galicia. Elvira Domínguez estivo, o día 25 de xullo, acompañada... Máis información
-
28Xullo2023Miranda apoia aos galegos e galegas que impulsan a reactivación do Centro Gallego O Noso Lar da República Dominicana audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu aos representantes do Centro Gallego O Noso Lar da República Dominicana, Eduardo Pahíno e Leandro Tales, que lle trasladaron o obxectivo desta entidade de reactivar os seus proxectos futuros, poñendo en marcha novas iniciativas e actividades. Durante a reunión, Miranda trasladoulles o seu compromiso de visitar este centro despois do verán e apoialo na súa potenciación como... Máis información
-
28Xullo2023Os mozos e mozas do Conecta con Galicia visitan o Polo Aeroespacial de Galicia en Rozas (Castro de Rei - Lugo) para achegarse ao mundo da innovación galega audio As e os preto de 30 mozos e mozas galegas do exterior que chegaron a pasada semana para participar no programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración visitaron nas últimas horas o Polo Aeroespacial de Galicia de Rozas (en Castro de Rei, Lugo) para achegarse ao mundo da innovación e a realidade empresarial galega. Este programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Volutariado ao longo de... Máis información
Páxinas |