Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
12Outubro2023Emigración e Fundación Araguaney presentan o novo programa Galicia é Cine nun vídeo resumo das películas que compoñen o ciclo audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez, presentan neste vídeo o novo programa Galicia é Cine, que achegará o cine de maior éxito aos centros galegos do mundo, dende a Patagonia arxentina ata as rúas de Londres. O obxectivo deste novo programa é dar a coñecer o cine feito en Galicia aos centros galegos, comezando por dous de Arxentina:... Máis información
-
11Outubro2023Miranda anima á ABC do Partido de Corcubión, como novo membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, a seguir avanzando na mellora do potencial dos centros galegos do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Asociación Benéfica Cultural do Partido de Corcubión de Bos Aires, Carlos Óscar Ameijeiras Miñones, que se converteu o pasado mes de setembro en novo membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. Ambos analizaron o traballo conxunto a poñer en marcha nos próximos anos para avanzar na mellora do potencial das institucións galegas do exterior... Máis información
-
11Outubro2023As e os participantes no programa Reencontros con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración visitan a cidade da Coruña audio O centenar de participantes no programa de Reencontros da Secretaría Xeral da Emigración visitaron esta mañá a cidade da Coruña, coñecendo os principais monumentos e prazas, e percorreron o monte de San Pedro. As e os participantes no programa Reencontros con Galicia proceden de Venezuela, Cuba, Brasil, Arxentina e Uruguai. Este programa ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e galegas do exterior de máis de 65 anos coa Galicia... Máis información
-
10Outubro2023A Xunta achega o cine galego de maior éxito aos centros galegos do mundo, dende a Patagonia ata as rúas de Londres audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou o ciclo "Galicia é Cine" que se pon en marcha da man da Fundación Araguaney e que permitirá que galegas e galegos residentes en Arxentina, Reino Unido e Venezuela poidan coñecer as películas feitas en Galicia máis taquilleiras dos últimos anos. As películas comezarán a proxectarse o xoves, día 12, no Centro Gallego de Río Gallegos na Arxentina. A Secretaría Xeral da... Máis información
-
10Outubro2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, visitou a mostra pictórica de Mariella Zilli no Hogar Español de Mercedes audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, visitou a mostra pictórica da artista plástica Mariella Zilli, coincidindo co Día del Patrimonio do Uruguai, que se puido contemplar durante as últimas semanas no Hogar Español de Mercedes. Estivo acompañada do vicepresidente da entidade, Julio Riós, da representante da Comisión de Cultura do Centro Gallego de Montevideo, Rosario Antón, e da profesora de baile May de la Peña Costas, quen... Máis información
-
09Outubro2023Miranda dá a benvida á súa terra ás e aos maiores do exterior que hoxe chegaron aos aeroportos galegos para participar no programa da Xunta “Reencontros con Galicia” audio Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social, levarase a cabo do 9 ao 19 de outubro. As e os participantes, todas e todos eles de máis de 65 anos e procedentes de Cuba, Venezuela, Brasil, Arxentina e Uruguai, aloxaranse na residencia de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón. Ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e galegas do exterior de maior idade coa Galicia actual e coas e cos seus... Máis información
-
08Outubro2023Emigración ofrece un vídeo resumo do XIII Consello de Comunidades Galegas celebrado en Ourense audio A Secretaría Xeral da Emigración quere agradecer a tódolos asistentes ao XIII Consello de Comunidades Galegas celebrado o pasado mes de outubro en Ourense e que permitiu renovar a Comisión Delegada e analizar a situación dos galegos no exterior. A labor do órgano representativo das comunidades galegas asentadas fora das nosas fronteiras é esencial para continuar a traballar pola nosa colectividade no exterior. Máis información
-
07Outubro2023A Xunta informa aos beneficiarios do programa Reencontros con Galicia sobre as actividades que realizarán durante a súa estadía na súa terra de orixe audio A Xunta de Galicia informou en Cuba, Arxentina, Uruguai e Venezuela, aos 112 beneficiarios do programa Reencontros con Galicia que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería de Política Social. Esta iniciativa ten coma obxetivo facilitar a estas persoas, de máis de 65 anos, o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares, aos que, nalgúns casos fai moitos anos que non ven. Este programa conta... Máis información
-
07Outubro2023Emigración recorda que o Celga 1 en Liña permite a autoformación en lingua galega para todos os galegos do exterior audio Os interesados poden facer estes cursos independentemente do lugar onde residan e do momento que poidan dedicarlle. A Secretaría Xeral da Emigración recorda que a Xunta de Galicia conta cun sistema para a autoformación en lingua galega da que se poden beneficiar todos os galegos do exterior. A través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) o Celga 1 en liña permite... Máis información
-
06Outubro2023Conclúe a 21º Edición de Termatalia ampliando os lazos de unión do sector termal entre Galicia e Uruguai audio A 21º edición de Termatalia, que organiza Expourense en Salto, Uruguai, concluíu hoxe tras tres xornadas de intenso traballo que permitiron ampliar os lazos de unión do sector termal entre Galicia e Uruguai. A esta feira especializada, na que participaron 500 profesionais, asistiron tamén os delegados da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, e en Arxentina, Alejandro López Dobarro. Durante a xornada de onte, realizouse unha sesión técnica... Máis información
Páxinas |