IVº Concurso literario de relato curto 'Manuel Rivas' 2020 da Irmandade Galega de Rubí

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

200 lecturas

A Irmandade Galega de Rubí convoca o seu IVº Certame literario de relato curto 'Manuel Rivas'.

BASES:

  1. Poderán participar todas as persoas que o desexen en lingua española, catalá e galega. As categorías son:
    • Categoría A: Infantil de 6 a 12 anos.
    • Categoría B: Xuvenil de 12 a 18 anos.
    • Categoría C: Adultos/as a partir de 18 anos.
  2. A extensión dos traballos será dun mínimo dun folio e un máximo de tres, mecanografiados e escritos por unha soa cara en Times New Roman 12, a dobre espazo.
  3. O tema do relato será libre, inédito baixo ningún formato, non premiado en ningún concurso nin certame anterior nin acharse pendente de resolución doutros concursos; poderase presentar único traballo por autor/a por mail ao enderezo concursoirmandaderubi@gmail.com.
  4. Para cada categoría establécense os seguintes premios:
    • Categoría A: Premio Lote de libros valorado en 50 €.
    • Categoría B: Premio Lote de libros valorado en 50 € + 25 € en metálico.
    • Categoría C: Premio Lote de libros valorado en 50 € + 600 € en metálico.
    Cantidades ás que se aplicará a retención que estipule o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas vixente no momento do fallo do concurso.
  5. Os traballos deberán ser orixinais, deberase acompañar unha plica nun documento aparte en cuxo interior deberán figurar os datos persoais do/a autor/a; nome, idade, domicilio, teléfono, enderezo de correo electrónico, categoría na que participa e título do relato; no nome deste documento deberá figurar o título do relato e categoría na que participa.
  6. Prazo de presentación: desde o día 24 de Febreiro de 2020 (día de Rosalía de Castro) até o día 23 de Abril de 2020 (día do libro).
  7. Entrega de premios: o domingo, día 24 de maio de 2020, na Rambla do Ferrocarril de Rubí en acto público con presenza dos/as membros do xurado e autoridades locais. Os/as escritores/as que obteñan premios están obrigados/as a asistir ao acto de entrega ou delegar en alguén que lle represente, pola contra entenderase que renuncian ao mesmo.
  8. Os traballos premiados quedarán en poder da organización, que se reserva o dereito da súa publicación se así o estima oportuno. A partir dos dous anos, o relato quedará a disposición do/a autor/a.
  9. O fallo do xurado que se constitúa ao efecto, será inapelable, mesmo poderá declararse deserto calquera categoría ou a totalidade das mesmas.
  10. O/a autor/a, polo mero feito de participar no certame, acepta cada unha das bases anteriores, así como o fallo do xurado. Para todos aqueles extremos non previstos nestas bases, aplicarase o criterio inapelable do xurado. A participación neste Certame Literario supón a aceptación das presentes bases. O incumprimento dunha ou varias delas descualificará automaticamente o traballo presentado.

Máis info: Facebook | Instagram

IVº Concurso literario de relato curto 'Manuel Rivas' 2020 da Irmandade Galega de Rubí
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Irmandade Galega de Rubí
Data: 
23.04.2020
Hora: 
24:00
Lugar:
Irmandade Galega de Rubí
Monturiol, 18 - Bajo
Rubí - 08191Barcelona
España
  • O TEMPO EN:l'Hospitalet de Llobregat
    Hoxe
    17°
    Feira
    Mañá
    16°
    Ceo despexado
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: