Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
08Agosto2023Emigración lembra que segue aberta a liña de axudas ao Retorno Emprendedor que facilita ata 10.000 euros para poñer en marcha un proxecto empresarial en Galicia audio A historia da galega retornada do Brasil, Eliana Ventura, que publica hoxe a web Galiciaaberta, é un exemplo do apoio da Xunta ao regreso a Galicia para a posta en marcha dun negocio nun concello rural, As Neves. Os interesados poden informarse tamén a través da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno que existe en cada provincia. A Secretaría Xeral da Emigración mantén aberta a convocatoria das axudas ao Retorno Emprendedor... Máis información
-
07Agosto2023Os mozos e mozas da segunda quenda do programa Conecta con Galicia de Emigración visitan Ourense para coñecer o pasado e a cultura da terra dos seus maiores audio Os preto de 30 mozos e mozas galegos do exterior que están a participar na segunda quenda do Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración visitaron no día de hoxe diversos lugares históricos da provincia de Ourense para achegarse ao pasado de Galicia e a súa cultura. Deste xeito, primeiro coñeceron o mosteiro de Oseira pola mañá e pola tarde visitan a Fundación Aquis Querquennis, coñecendo con máis profundidade a pegada romana na nosa... Máis información
-
05Agosto2023As iniciativas deportivas e de lecer centran estes días a actividade dos participantes no Conecta con Galicia no albergue de Gandarío audio O segundo grupo de rapaces e rapazas galegas do exterior que participan no Conecta con Galicia continúa a desenvolver as actividades de ocio e deporte que organiza a Dirección Xeral de Xuventude no albergue xuvenil de Gandarío. A próxima semana participarán en visitas culturais e tamén poderán coñecer empresas punteiras situadas en diversos lugares de Galicia. Este programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, permite... Máis información
-
04Agosto2023Emigración ofrece un vídeo resumo do programa Conecta co Camiño que permitiu achegar Galicia a medio centenar de mozos e mozas galegos do exterior audio A Secretaría Xeral da Emigración quere felicitar, a través dun vídeo resumo, a tódolos participantes no programa Conecta co Camiño que, durante unha semana, achegáronse a cultura e a sociedade de Galicia a través dos diferentes tramos de andaina ata Santiago de Compostela. Tamén participaron en diversas actividades orientadas a coñecer aspectos da historia xacobea e o patrimonio cultural vencellado á zona da contorna, sendo para moitos a... Máis información
-
03Agosto2023Os centros galegos de Montevideo poñen punto e final ao mes de Galicia cunha xornada de actividades ás que asistiu a delegada da Xunta no Uruguai audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto organizado na praza Galicia pola Federación de Instituciones Gallegas no Uruguai no que participaron os corpos de danzas de todas as entidades galegas presentes na capital deste país americano así como a banda da Armada Nacional. Xunto a Elvira Domínguez asistiron tamén a cónsul xeral de España, María Victoria Scola, a consejera de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social de... Máis información
-
02Agosto2023A delegada da Xunta en Uruguai asiste aos actos de celebración do Santiago Apóstol en A Casa de Galicia de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos actos de celebración da Patria Galega e o Santiago Apóstol levados a cabo esta pasada fin de semana en A Casa de Galicia de Montevideo, cos que se puxeron fin ás iniciativas coas que colectividade galega do país do Cono Sur homenaxeou o Día de Galicia, o 25 de xullo. Xunto a Elvira Domínguez asistiron tamén a cónsul xeral de España, María Victoria Scola e os directivos de A Casa de... Máis información
-
01Agosto2023Emigración publica a proposta dos beneficiarios no programa Conecta co Voluntariado audio A iniciativa destínase a persoas galegas residentes no exterior de entre 21 e 30 anos, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. O programa desenvolverase do 8 ao 19 de setembro e os participantes aloxaranse no campo de voluntariado de Castro de Viladonga en Lugo. Os participantes descubrirán aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego. A... Máis información
-
01Agosto2023Os mozos e mozas do programa Conecta co Camiño de Emigración regresan aos seus países de orixe tras unha semana de andaina percorrendo Galicia audio O medio centenar de mozos e mozas participantes no programa Conecta co Camiño partiron nas últimas horas cara aos seus países de orixe tras unha semana de andaina percorrendo Galicia. Estes galegos do exterior, de entre 18 e 20 anos, proceden de diversos países con gran presenza da colectividade galega como Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil. Este programa, realizado pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección... Máis información
-
31Xullo2023Fabiola García pecha a súa viaxe institucional selando un compromiso de colaboración co Hogar Español de Montevideo audio A conselleira de Política Social e Xuventude, acompañada da delegada da Xunta, Elvira Dominguez, visitou hoxe este centro. Asinou un protocolo de colaboración con esta entidade por valor de 20.000 euros para seguir mellorando os coidados neste centro de atención aos galegos emigrantes máis maiores. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada da delegada da Xunta, Elvira Domínguez, visitou hoxe a residencia de... Máis información
-
31Xullo2023Emigración convoca o programa “Reencontros con Galicia” para 119 galegos do exterior residentes en América audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegos do exterior maiores de 65 anos, co obxectivo de facilitar o seu contacto coa realidade galega e cos seus familiares en Galicia. Esta iniciativa volve poñerse en marcha en colaboración coa Consellería de Política Social. O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para a participación das persoas maiores de 65 anos vinculadas... Máis información
Páxinas |