Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
15Novembro2022Emigración agasalla aos galegos e galegas do exterior que participaron no programa Conecta co Xacobeo cun vídeo recompilatorio da súa andaina audio A Secretaría Xeral da Emigración agasalla ás e aos preto de 200 galegas e galegos do exterior que participaron no programa Concecta co Xacobeo que organiza este departamento cun vídeo recompilatorio da súa andaina, iniciada o domingo 22 de outubro e que rematou unha semana despois chegando pola Vía da Prata e polo Camiño Portugués ata a Catedral de Santiago de Compostela. O programa contou coa participación de galegas e galegos do exterior... Máis información
-
15Novembro2022A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao 53º aniversario do Centro Social e Cultural Bergantiños de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos actos de celebración do 53 aniversario do Centro Social e Cultural Bergantiños de Montevideo, acompañando ao presidente da entidade, Pedro Miras. No acto estivo tamén presente a cónsul xeral de España no Uruguai, María Victoria Scola. A delegada da Xunta felicitou á entidade e os seus socios e socias polo apoio á cultura e o idioma galego durante todos estes anos e aproveitou para... Máis información
-
14Novembro2022Miranda reúnese coa Asociación Cultural “As Xeitosiñas” de Zürich, membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en Zürich unha reunión co presidente da Asociación Cultural “As Xeitosiñas”, José Gil, membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. Durante esta reunión o secretario xeral da Emigración coñeceu a situación da colectividade galega en Suíza así como dos centros galegos situados no país helvético, e a recuperación das distintas actividades que se están a... Máis información
-
13Novembro2022Os galegos e galegas do exterior participantes no programa Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración rematan a súa experiencia ante a Catedral de Santiago de Compostela audio Esta iniciativa, que comezou o pasado luns e que conta con case 140 persoas de máis de 65 anos vinculadas a centros galegos do exterior ten como obxectivo difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. As e os case 140 participantes do programa Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración, procedentes de diferentes países de América e Europa, así como de distintas comunidades autónomas, chegaron hoxe ata Santiago de... Máis información
-
12Novembro2022Miranda asiste aos actos da tradicional celebración do Centro Español Apostol Santiago de Liechtenstein audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na celebración do tradicional encontro de socias e socios do Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein que tivo lugar no Spörryhalle, en Vaduz, capital deste Principado. A celebración, que levaba sen poder celebrarse dous anos a causa da pandemia, contou con máis de 400 asistentes e diversas actuacións musicais, nunha xuntanza na que estiveron... Máis información
-
11Novembro2022Os representantes da Casa de Galicia en Córdoba e a Secretaría Xeral da Emigración coordinan a colaboración nas accións culturais da entidade para o próximo ano audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión nas últimas horas cos responsables da Casa de Galicia en Córdoba, María Isabel García Cano e José Manuel de Bernardo Ares, co obxectivo de coordinar as accións culturais previstas polo colectivo galego para o próximo ano. Neste senso, Miranda destacou as actividades previstas pola entidade galega en Córdoba en relación co próximo Día das Letras Galegas, así como... Máis información
-
10Novembro2022Miranda destaca, na entrega dos Pratos de Ouro de Radio Turismo, o labor de prescritores internacionais dos galegos e galegas e das entidades do exterior na difusión da gastronomía e dos produtos de Galicia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na entrega dos Pratos de Ouro que Radio Turismo organizou en Xantar, no 23º Salón internacional de Turismo Gastronómico, destacando o labor de prescritores internacionais dos galegos e galegas e das entidades do exterior na difusión da gastronomía e os produtos de Galicia. O secretario xeral tamén fixo un recoñecemento ás e aos profesionais da hostalería, a... Máis información
-
09Novembro2022A Ribeira Sacra acolle a visita das e dos galegos do exterior do programa Reencontros acompañados polo secretario xeral da Emigración audio Nesta iniciativa participan preto de 140 galegas e galegos do exterior de máis de 65 anos vinculados a entidades de todo o mundo. As e os participantes do programa Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración foron hoxe recibidos no Mosteiro de Santo Estevo, en Ribas de Sil, polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen os acompañou na visita realizada á Ribeira Sacra. Esta iniciativa ten como obxectivo... Máis información
-
08Novembro2022O secretario xeral da Emigración acompaña ás e aos participantes do programa Reencontros co Xacobeo na visita ao Mosteiro de Oseira (San Cristovo de Cea) audio Esta iniciativa, na que participan galegas e galegos de máis de 65 anos vinculados a entidades do exterior, ten como obxectivo difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. As e os participantes neste grupo están a realizar a ruta da Vía da Prata en pequenos tramos ata chegar o domingo a Santiago de Compostela. As e os participantes do programa Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración foron hoxe recibidos no... Máis información
-
07Novembro2022Comeza o programa Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración coa chegada a Galicia dos case 140 galegas e galegos do exterior que coñecerán o Camiño de Santiago audio Esta iniciativa, na que participan galegas e galegos de máis de 65 anos vinculados a entidades do exterior, ten como obxectivo difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. As e os participantes realizarán pequenos tramos dos últimos 100 quilómetros do Camiño Portugués e da Vía da Prata en diferentes etapas, dada a elevada idade dalgunha e dalgún dos participantes. As e os case 140 participantes do programa Reencontros co Xacobeo da... Máis información
Páxinas |