Convocatoria de publicacións para dossier sobre a emigración galega na revista RELACult

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

203 lecturas

O equipo editorial da Editora CLAEC - Centro Latino-Americano de Estudos em Cultura invita a profesores/as, investigadores /as e interesados/as a participar na selección pública a través de artigos e recensións para compoñer o dossier temático Estudos da emigração galega da súa Revista Latino Americana de Estudos em Cultura e Sociedade - RELACult (Vol. 06, nº 02 - Segundo cuadrimestre 2020).

Obxecto: A inmigración galega tivo gran impacto na dinámica na sociedade brasileira, influíndo na economía, política, linguaxe,  gastronomía, literatura, compondo o tecido multicultural e sociocultural do Brasil. Xa iniciada no século XIX, foi na primeira metade do século XX cando se tornou masiva. Existen núcleos universitarios e centros culturais no Brasil que pescudan e coidan do acervo sobre a cultura galega, o que contribúe á súa preservación e á dunha parte da historia e cultura brasileira esquecida, inclusive, dos currículos escolares. A pesar da súa   relevancia, os estudos sobre a  diáspora galega requiren máis visibilidade, por iso, o  dossier sobre este tema vén en momento oportuno, cando discutimos tamén outras  inmigracións.

Organizadora: Dr.ª Lucía Tavares Leiro (Universidade do Estado da Bahia e Universidade de Vigo).

Prazo de recepción de artigos: do 1 de maio ao 31 de agosto de 2020

Normas para a publicación: picar aquí para acceder

Publicación: setembro de 2020

Máis info: relacult@claec.org

Convocatoria de publicacións para dossier sobre a emigración galega na revista RELACult
Evento: 
Outros
Organiza: 
Centro Latino-Americano de Estudos em Cultura - CLAEC
Data: 
31.08.2020
Hora: 
85870-050
Lugar:
Centro Latino-Americano de Estudos em Cultura
Vila Velha, 63
Foz do Iguaçu - 85870-050Paraná
Brasil
  • O TEMPO EN:Ciudad del Este
    Hoxe
    24°
    Ceo despexado
    Mañá
    23°
    Parcialmente anubrado
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: