Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
29Marzo2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Antas de Ulla, Marín, Castro Caldelas e Sada audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
27Marzo2024Membros da Irmandade Galega de Rubí son recibidos por responsables da Xunta de Galicia tras completar a súa peregrinación polo Camiño de Santiago audio Membros da Irmandade Galega de Rubí concluíron este mércores a súa peregrinación polo Camiño de Santiago chegando á Praza do Obradoiro. Esta xornada non só representa o final da súa viaxe física, senón tamén o reflexo do seu compromiso coas raíces culturais e espirituais de Galicia. Tras varios días de percorrido, as peregrinas e peregrinos foron recibidos por responsables da Secretaría Xeral da Emigración e do Xacobeo, que incluíu unha foto... Máis información
-
26Marzo2024A delegada da Xunta no Uruguai participa no ciclo "Falando con Elas” e lembra o compromiso do Goberno galego coa promoción da igualdade audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou na segunda edición do ciclo "Falando con Elas", organizado pola Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay (AEGU). Un espazo dedicado a destacar o papel da muller na sociedade e no ámbito empresarial. Este encontro serviu para reafirmar os lazos culturais e empresariais entre Galicia e Uruguai, promovendo ao mesmo tempo o empoderamento feminino e a igualdade de oportunidades... Máis información
-
25Marzo2024O profesor e antropólogo Xoán Carlos García Porral, convidado especial no curso en liña de galego da Secretaría Xeral da Emigración audio O curso está aberto a todas as persoas interesadas na lingua e cultura galegas, xa sexan principiantes ou con coñecementos previos. A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia anuncia a participación especial de Xoán Carlos García Porral, destacado membro da comunidade cultural galega, no curso en liña de galego deste martes. Este evento inscríbese na serie de iniciativas promovidas pola Xunta para promocionar o uso da lingua pola... Máis información
-
23Marzo2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Santa Comba e Boborás audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
21Marzo2024Emigración axuda a máis de 100.000 galegas e galegos do exterior en situación de vulnerabilidade económica e social na pasada lexislatura audio O prazo para solicitar as axudas económicas individuais deste ano remata o luns 25 de marzo. A Secretaria Xeral da Emigración destinou na pasada lexislatura máis de 13M€ do seu orzamento para apoiar a máis de 30.000 familias galegas do exterior que se atopan en situación de vulnerabilidade económica e social. A nova liña de axudas da Secretaría Xeral da Emigración para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade, publicada... Máis información
-
20Marzo2024A delegada da Xunta no Uruguai participa nas reunións entre representantes do Porto de Vigo e o Goberno do Uruguai para reforzar os lazos entre Galicia e Uruguai en materia pesqueira e agrícola audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu xunto ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, ao encontro co ministro de Trabajo y Seguridad Social de Uruguai, Pablo Mieres, para continuar afondando nas relacións e alianzas galegas con este país. Esta reunión tivo como eixo central o apoio aos investimentos das empresas galegas en territorio uruguaio. No encontro tamén participaron figuras destacadas como o... Máis información
-
19Marzo2024O número de emigrantes galegas e galegos diminúe en 2.861, mentres se incrementou o número de descendentes nados no exterior, sumando un total de 534.972 audio O aumento de cidadás e cidadáns galegos residentes no estranxeiro ten a súa base na descendencia das e dos galegos nados xa no seu país de destino. O número de emigrantes galegas e galegos (persoas que naceron en Galicia e residen no exterior) volve baixar un ano máis en 2.861, continuando a tendencia dos últimos exercicios. Mentres a poboación galega total que reside no exterior segue a incrementarse debido ás novas inscricións de persoas... Máis información
-
19Marzo2024Emigración incrementa en máis dun 50% o orzamento do programa de obradoiros para centros galegos no exterior audio Esta iniciativa, que se publica no Diario Oficial de Galicia, permitirá aos centros poñer en marcha talleres de folclore, artesanía, cociña ou seminarios de cultura galega. O programa, que conta cun orzamento de 225.000 euros, sufragará os honorarios do profesorado, viaxe ao país e materiais de formación. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria do programa da Secretaría Xeral da Emigración para a posta en marcha de obradoiros... Máis información
-
18Marzo2024A delegada da Xunta no Uruguai recibe en Montevideo ao presidente do Porto de Vigo e ao presidente de ARVI audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, recibiu ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, e ao presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), Javier Touza, reafirmando o compromiso de Galicia coa promoción dos seus intereses no exterior e co fortalecemento das relacións co Uruguai. Este encontro serve como plataforma para avanzar en diferentes iniciativas conxuntas, cun enfoque especial... Máis información
Páxinas |