Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
10Xullo2023A delegada da Xunta no Uruguai asiste á presentación da nova xunta directiva do Centro Gallego de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á presentación da nova xunta directiva do Centro Gallego de Montevideo para o período 2023-25, acompañada do embaixador de España, Santiago Jiménez Martín, da cónsul xeral de España en Montevideo, María Victoria Scola Pliego, e da consejera de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social, Isabel de Zulueta de Miguel. A nova xunta directiva estará presidida por Ramón Lorenzo Pita, o... Máis información
-
09Xullo2023Miranda acompaña aos centros españois en Venezuela no encontro cultural organizado por Feceve en Valencia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao Encuentro Cultural de Centros Españoles en Venezuela organizado por Feceve (Federación de Centros Españoles de Venezuela) e que tivo como obxectivo dar a coñecer a tradición, música e gastronomía españolas entre os veciños e veciñas da localidade venezolana de Valencia. O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia destacou a importancia de actos desta entidade... Máis información
-
08Xullo2023Miranda transmite en Valencia as iniciativas formativas e laborais que garanten o retorno efectivo a Galicia dos galegos e galegas de Venezuela audio O secretario xeral da Emigración trasladou á colectividade galega neste país a nova Estratexia Galicia Retorna, que aposta polo eido laboral e o educativo con ata 100 iniciativas para favorecer o retorno á comunidade autónoma. Rodríguez Miranda expuxo as medidas deseñadas pola Xunta ás que poden optar tanto para poñer en marcha un negocio propio, como as Axudas ao Retorno Emprendedor, como para traballar por conta allea, como o Retorna Cualifica... Máis información
-
08Xullo2023A delegada da Xunta no Uruguai comparte coa colectividade galega o 145º aniversario do Club Español audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, compartiu coa colectividade galega do país do Cono Sur o 145º aniversario do Club Español ao que asistiron as principais autoridades españolas. Deste xeito, xunto a Elvira Domínguez asistiron tamén o embaixador de España no Uruguai, Santiago Jiménez, a cónsul xeral, María Victoria Scola, e o presidente do Club Español, Antonio Araujo. No acto tamén interveu o coro da institución baixo a... Máis información
-
07Xullo2023Miranda mantén un encontro de traballo coas entidades de Maracay para analizar a situación da colectividade nesta localidade de Venezuela audio O secretario xeral da Emigración lembrou aos centros o centenar de programas cos que conta a Estratexia Galicia Retorna 2026 que ten como obxectivo facilitar o regreso á terra dos galegos e galegas do exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro de traballo coas directivas da Asociación Fillos de Galicia de Aragua e do Centro Hispano Venezolano Aragua para coñecer a situación da colectividade... Máis información
-
07Xullo2023As e os participantes no programa Escolas Abertas visitan o Obradoiro de Gaitas Seivane, coñecen a música de Cupeiro e profundan nos tecidos naturais audio Durante a primeira xornada deste programa da Secretaría Xeral da Emigración, os máis de 50 alumnos e alumnas comezaron a recibir docencia en baile, canto tradicional e pandeireta, gaita, percusión, confección de traxes e cociña galega. A próxima semana continuarán recibindo a visita de músicos e cociñeiros de renome. O medio cento de galegas e galegos do exterior que participa no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración... Máis información
-
07Xullo2023Emigración publica a listaxe definitiva das e dos admitidos a unha das bolsas BEME para realizar un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 23/24 audio O prazo para enviar o xustificante da matrícula a través da plataforma de bolsas finaliza o próximo 8 de agosto. A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe a listaxe definitiva dos 250 mozos e mozas do exterior candidatos ás Bolsas Excelencia Xuventude Exterior-BEME 2023/24, o programa da Secretaría Xeral da Emigración que suma así a súa sétima edición, na procura de fomentar o retorno da xuventude galega no exterior. Para poder chegar a... Máis información
-
06Xullo2023As e os participantes no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración inician a súa formación no Centro Superior de Hostalería de Galicia audio Esta mañá tivo lugar a inauguración deste programa que ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais e cociña nos centros galegos do exterior. Durante unha semana, as e os participantes recibirán tamén a visita de recoñecidas e recoñecidos músicos e cociñeiros, iniciando esta tarde a primeira master class o músico Abraham... Máis información
-
05Xullo2023Miranda recibe ás e aos participantes no programa Escolas Abertas que comeza mañá xoves no Centro Superior de Hostalería de Galicia audio Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais e cociña galega. Durante unha semana, as e os participantes, membros de entidades galegas de Europa e América, recibirán tamén a visita de recoñecidas e recoñecidos músicos e cociñeiros. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta... Máis información
-
04Xullo2023A colectividade galega e a Delegación da Xunta no Uruguai celebraron o día de San Xoán con diferentes encontros sociais e culturais audio A Delegación da Xunta no Uruguai participou nas diferentes actividades organizadas co gallo do Día de San Xoán polas entidades galegas neste país do Cono Sur. A delegada, Elvira Domínguez, puido asistir a varias delas para mostrar o apoio da Xunta ao labor en prol da cultura galega destes centros. Entre outras entidades, celebráronse encontros con numerosa asistencia no Centro Gallego de Montevideo, no Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega... Máis información
Páxinas |