Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
23Xuño2023Miranda coñece a nova sede da Asociación Cultural Galega de Hamburgo que permite mellorar a atención aos galegos e galegas desta localidade alemá audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou no día de hoxe a nova sede da Asociación Cultural Galega de Hamburgo, que cambiou de localización co obxectivo de mellorar a atención aos galegos e galegas residentes nesta localidade alemá. Nestes intres, o novo local ten moi avanzadas as obras de reforma. Miranda cumpriu así coa promesa que realizou a este colectivo fai uns meses, durante a reunión que mantivo coas... Máis información
-
23Xuño2023A Xunta abre a convocatoria de “Conecta Voluntariado Galicia”, un programa destinado a achegar a nosa terra ás mozas e mozos galegos do exterior audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para persoas galegas que residan no exterior de entre 21 e 30 anos. O programa desenvolverase do 8 ao 19 de setembro no campo de voluntariado de Castro de Viladonga, en Castro de Rei, Lugo. As e os participantes descubrirán aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego. O Diario Oficial de Galicia fixo pública hoxe a convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para... Máis información
-
22Xuño2023Miranda mantén un encontro coa cónsul de Brasil en Madrid, Vera Cintia Álvarez, quen se interesou polas políticas de apoio aos galegos e galegas do exterior da Xunta de Galicia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe a Vera Cintia Álvarez, cónsul de Brasil en Madrid, quen, durante a súa visita a Santiago de Compostela, quixo analizar co responsable do departamento autonómico as políticas de apoio da Xunta de Galicia aos galegos e galegas do exterior. A diplomática e o secretario xeral da Emigración tamén intercambiaron información sobre a situación da colectividade galega no Brasil... Máis información
-
22Xuño2023Emigración publica a listaxe provisional das e dos admitidos e excluídos no programa Conecta co Camiño audio A iniciativa destínase a persoas de entre 18 e 20 anos, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O programa desenvolverase do 20 ao 31 de xullo e os participantes aloxaranse na residencia xuvenil Altamar de Vigo. As e os participantes percorrerán oito tramos a pé polos Camiños Portugués pola Costa ata Compostela, coñecendo aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego. A Secretaría Xeral da... Máis información
-
22Xuño2023O especial “Historias de ida e volta” documenta as accións filantrópicas dos indianos mariñaos audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos séculos XIX e XX. O especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, chega a xuño documentando as accións filantrópicas dos... Máis información
-
21Xuño2023Miranda agradece ás representantes da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá o labor de apoio social e cultural desta entidade coa colectividade galega audio O secretario xeral da Emigración interesouse tamén pola situación da comunidade galega neste país onde residen máis de 4.000 persoas de orixe galega. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo, no día de hoxe, unha reunión con Ana Maria Pérez e Rosa Prieto, representantes da xunta directiva da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá, na que o responsable autonómico agradeceu o labor de apoio social e cultural desta... Máis información
-
20Xuño2023Emigración renova a colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia (AJERGA) co obxectivo de continuar a facilitar a integración das e dos bolseiros BEME audio A Secretaría Xeral da Emigración destina 15.000 euros a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozas e mozos retornados, organización de actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia e no exterior. Mantense así un acordo que permite, dende 2019, facilitar a integración laboral e social dos... Máis información
-
20Xuño2023Emigración apoia o compromiso do Festival Internacional Rebulir 2023 co recoñecemento ás accións culturais das entidades galegas do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladoulle ao director do Festival Internacional Rebulir 2023, Alexandre Sotelino Losada, o apoio do departamento autonómico a este evento que, como cada ano, desenvolverase no concello de Ramirás, en Ourense, polo recoñecemento que realiza ás accións culturais das entidades galegas do exterior. O XVII Festival Internacional Rebulir é unha das citas do almanaque lúdico-cultural de... Máis información
-
19Xuño2023A Xunta salienta os lazos de amizade secular co Uruguai e aposta por reforzar a colaboración en eidos estratéxicos audio O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu á celebración da Festa Nacional organizada polo Consulado Xeral do Uruguai en Compostela. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na celebración da Festa Nacional do Uruguai, onde destacou os lazos de amizade secular con este país e apostou por reforzar a colaboración en eidos socioeconómicos... Máis información
-
18Xuño2023Miranda e Alén asisten á homenaxe a José Antonio Viñas no Festival Internacional Caravan, destacando a súa figura como colaborador esencial na divulgación da cultura galega no eido da emigración audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiron na tarde de onte aos actos en homenaxe a José Antonio Viñas, fundador da Asociación Cultural Queixumes dos Pinos, que se desenvolveron no IGF Caravan Festival Internacional 2023 en O Pereiro de Aguiar. Miranda destacou a súa figura como colaborador esencial no eido da emigración, pola difusión constante da nosa cultura entre a... Máis información
Páxinas |