Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
12Xullo2023A Delegación da Xunta na Arxentina organiza unha charla informativa para as e os familiares dos rapaces e rapazas que van participar no programa de Emigración 'Conecta con Galicia' audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, presidiu a charla informativa que se ofreceu no salón Alhambra do Club Español de Bos Aires, á trintena de galegas e galegos residentes no país do Cono Sur que participarán a partir do próximo día 15 de xullo no programa 'Conecta con Galicia' que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social. Esta iniciativa... Máis información
-
12Xullo2023Os alumnos e alumnas do programa de Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración visitan obradoiros de especialistas en zocos e percusión tradicional audio Os alumnos do programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración visitaron nas últimas horas o taller de zocos de madeira Eferro e o de Sanín Percusion Tradicional, e recibiron formación específica no eido da gaita da man do músico Álvaro Costas, creador do espectáculo Mitic, e de baile co director de ‘Cantigas e Agarimos’, Pedro Brañas. Escolas Abertas, que conta cun total de 54 alumnos e alumnas, ten como obxectivo formar a membros... Máis información
-
11Xullo2023O Consello de Comunidades Galegas celebrarase en Ourense os días 22 e 23 de setembro audio O DOG publica a resolución pola que se convoca a este órgano representativo das e dos galegos do exterior a través das entidades galegas que teñen a condición de “comunidade galega” no Rexistro da Galeguidade. O XIII Pleno do Consello centrarase na análise de diversos relatorios dos eidos da galeguidade, a cultura, o ámbito social e o retorno. O día anterior reunirase a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para pechar o período... Máis información
-
11Xullo2023Carlos Núñez achega a súa experiencia no eido da música galega ás e aos participantes no programa de Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración audio O gaiteiro galego Carlos Núñez ofreceu unha máster class sobre a súa experiencia no eido da música galega ás e aos máis de 50 participantes no programa de Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración, tras visitar a aula dos alumnos e alumnas de gaita galega. Ademáis, o programa Hora Galega da TVG achegouse ata o Centro Superior de Hostelería de Galicia para falar co profesorado e alumnado das Escolas Abertas e dar a coñecer este programa... Máis información
-
10Xullo2023Miranda destacou a importancia das novas xeracións para manter os vínculos coas súas raíces durante o Encontro Folklórico Infantil Nenos do Mundo organizado pola Hermandad Gallega de Venezuela audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao Encontro Folklórico Infantil Nenos do Mundo invitado pola Hermandad Gallega de Venezuela e no que puido desfrutar das actuacións dos diversos grupos infantís de Caracas que representan as tradicións musicais e de danza de Galicia, Asturias, Canarias, Portugal, Sevilla e da propia Venezuela. O acto desenvolveuse no Teatro Rosalía de Castro da entidade galega na capital do... Máis información
-
10Xullo2023As e os participantes no programa Escolas Abertas da Secretaria Xeral da Emigración coñecen a feira de artesanía de Agolada e o Mercado de Abastos de Santiago audio Durante esta fin de semana as e os máis de 50 galegos do exterior que participan nestes cursos tamén protagonizaron no centro de Santiago unha foliada para mostrar os bailes que están a desenvolver neste programa onde reciben docencia en baile, canto popular e pandeireta tradicional, gaita, percusión, confección de traxe e cociña galega. Na mañá de hoxe recibiron unha xornada de formación en cociña da man do restaurador ourensán Miguel... Máis información
-
10Xullo2023A delegada da Xunta no Uruguai asiste á presentación da nova xunta directiva do Centro Gallego de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á presentación da nova xunta directiva do Centro Gallego de Montevideo para o período 2023-25, acompañada do embaixador de España, Santiago Jiménez Martín, da cónsul xeral de España en Montevideo, María Victoria Scola Pliego, e da consejera de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social, Isabel de Zulueta de Miguel. A nova xunta directiva estará presidida por Ramón Lorenzo Pita, o... Máis información
-
09Xullo2023Miranda acompaña aos centros españois en Venezuela no encontro cultural organizado por Feceve en Valencia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao Encuentro Cultural de Centros Españoles en Venezuela organizado por Feceve (Federación de Centros Españoles de Venezuela) e que tivo como obxectivo dar a coñecer a tradición, música e gastronomía españolas entre os veciños e veciñas da localidade venezolana de Valencia. O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia destacou a importancia de actos desta entidade... Máis información
-
08Xullo2023Miranda transmite en Valencia as iniciativas formativas e laborais que garanten o retorno efectivo a Galicia dos galegos e galegas de Venezuela audio O secretario xeral da Emigración trasladou á colectividade galega neste país a nova Estratexia Galicia Retorna, que aposta polo eido laboral e o educativo con ata 100 iniciativas para favorecer o retorno á comunidade autónoma. Rodríguez Miranda expuxo as medidas deseñadas pola Xunta ás que poden optar tanto para poñer en marcha un negocio propio, como as Axudas ao Retorno Emprendedor, como para traballar por conta allea, como o Retorna Cualifica... Máis información
-
08Xullo2023A delegada da Xunta no Uruguai comparte coa colectividade galega o 145º aniversario do Club Español audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, compartiu coa colectividade galega do país do Cono Sur o 145º aniversario do Club Español ao que asistiron as principais autoridades españolas. Deste xeito, xunto a Elvira Domínguez asistiron tamén o embaixador de España no Uruguai, Santiago Jiménez, a cónsul xeral, María Victoria Scola, e o presidente do Club Español, Antonio Araujo. No acto tamén interveu o coro da institución baixo a... Máis información
Páxinas |