Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
02Agosto2022Emigración concedeu axudas para impulsar un centenar de actuacións para a realización de Obras e Adquisición de Equipamentos de Entidades Galegas do Exterior audio Este programa conta cun orzamento de 575.000 euros destinado á conservación do patrimonio, a mellora de equipamentos e a reforma das instalacións. A Secretaría Xeral da Emigración aprobou a concesión de case 100 solicitudes de entidades galegas do exterior para a realización de obras e para a adquisición de equipamentos dentro da liña de axudas deste mesmo ano. Este programa conta cun crédito orzamentario de 575.000 euros e, novamente como o... Máis información
-
01Agosto2022Miranda reúnese co Presidente da Asociación Hispano-Gallega Caballeros de Santiago a quen agradeceu o apoio para trasladar á información sobre as Políticas de Retorno da Xunta aos Galegos do Brasil audio Esta asociación agrupa unha importante cifra de galegos do exterior residentes en Brasil, con máis de 300. A entidade mantén aberto unha oficina de atención social co apoio da Secretaría Xeral da Emigración a través dun acordo de apoio económico que supón unha axuda de 7.000 euros. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Asociación Hispano-Gallega Caballeros de Santiago (Brasil), Francisco Javier... Máis información
-
31Xullo2022Emigración rememora o VI Día da Galicia Exterior a través dun vídeo do último tramo do Camiño de Santiago realizado por preto dun millar de galegas e galegos do exterior audio A Secretaría Xeral da Emigración convida a volver a desfrutar e a rememorar o VI Día da Galicia Exterior a través dun vídeo que recompila o percorrido realizado polas e polos membros das agrupacións culturais asistentes a este evento do último tramo do Camiño de Santiago dende o Monte do Gozo. Neste traxecto, estiveron acompañados polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas... Máis información
-
30Xullo2022Rueda pon en valor o talento exterior que aposta por Galicia e que axuda a construír un futuro máis próspero para as vindeiras xeracións audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor o talento exterior que aposta por Galicia e que axuda a construír un futuro máis próspero para as vindeiras xeracións. O titular do Goberno galego participou no Carballiño na sexta edición da Romaría Abanca Internacional, que a entidade financeira dedica ás e aos clientes non residentes. Alfonso Rueda agradeceu a Abanca o seu compromiso con Galicia e puxo como exemplo a traxectoria das e... Máis información
-
30Xullo2022O delegado da Xunta na Arxentina mantén un encontro co presidente do Consejo de la Magistratura de Buenos Aires para analizar a súa visita a Galicia en setembro audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantivo nos últimos días un encontro co presidente do Consejo de la Magistratura da Ciudad Autónoma de Buenos Aires, no que tamén estiveron presentes integrantes do órgano de selección e disciplina da Xustiza da capital arxentina, no que se analizou a súa futura viaxe a Galicia no mes de setembro. As e os membros do Consejo trasladáronlle a López Dobarro o seu interese por coñecer a... Máis información
-
29Xullo2022Emigración destaca que os últimos datos do IGE manteñen o valor positivo do saldo migratorio en Galicia audio O Instituto Galego de Estatística fixo público nas últimas horas o seu balance de Indicadores Migratorios onde se destaca, entre outros datos, que en 2021 a diferencia entre as entradas e saídas de persoas en Galicia presentou un valor positivo de 14.448 cidadás e cidadáns. Tamén destaca que dende 2016, a taxa de entrada de cidadáns e cidadás supera á taxa de emigración en Galicia. Os datos da idade media das e dos que entran e saen de Galicia... Máis información
-
29Xullo2022Rueda salienta que a combinación dunha economía internacionalizada e de empresarias e empresarios con raíces fai que Galicia sexa máis recoñecida e próspera audio Incide na vontade internacionalizadora de Galicia coa posta en marcha da Estratexia de Internacionalización 2025, que xa está a acadar obxectivos. Valora o traballo das Asociacións de Empresarios Galegos que traballan fóra do país, ás que cualificou de “axentes clave no prestixio mundial da marca Galicia”. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou onte que a combinación dunha economía internacionalizada e de empresarias e empresarios con... Máis información
-
28Xullo2022Emigración lembra a importancia do investimento en Galicia das empresas de orixe galega nadas no exterior audio O secretario xeral participou na apertura do VIII Encontro Internacional de Empresarios Galegos na Illa da Toxa. Antonio Rodríguez Miranda destacou a gran iniciativa emprendedora que teñen as e os galegos retornados. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na apertura do VIII Encontro Internacional de Empresarios Galegos no ‘Eurostars Gran Hotel La Toja’ da Illa da Toxa (O Grove), organizado pola Asociación de... Máis información
-
27Xullo2022A Xunta crea un novo programa de bolsas para que a mocidade do exterior curse Formación Profesional de nivel básico en Galicia audio Destínanse 351.000 euros ao financiamento dun total de 54 bolsas. A través do programa 'Retorna Mocidade' o alumnado recibirá 6.500€ de apoio económico para a viaxe, o aloxamento e a manutención durante o próximo curso 22-23. Poderán cursar formación específica básica de Albanelaría e fontanaría no Centro Integrado de FP de Someso (A Coruña) e de Fontanaría, calefacción, electricidade e telecomunicacións no Universidade laboral (Culleredo) e no... Máis información
-
26Xullo2022Representantes das entidades galegas do exterior participan na ofrenda floral a Rosalía de Castro polo Día de Galicia audio Representantes de varias entidades galegas do exterior participaron onte na ofrenda floral a Rosalía de Castro polo Día de Galicia que se desenvolveu no Panteón de Galegos Ilustres da igrexa de San Domingos de Bonaval, onde tamén se atopan os restos de Castelao, trasladados dende Bos Aires en 1984. Nesta ocasión, o acto foi presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional... Máis información
Páxinas |