Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
07Setembro2023Emigración aposta por potenciar o eido de información laboral e fiscal básica na Oficina Integral de Retorno en Ourense audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe a sede situada na rúa Concello da cidade das Burgas onde destacou a aposta da Xunta polo retorno coa ampliación das e dos técnicos destinados a apoiar aos galegos e galegas do exterior nos eidos laboral, social e xurídico na súa volta a Galicia, que contará ademais, como no resto de Galicia, dende agora con asesoramento tributario e fiscal básico. Recordou que a... Máis información
-
06Setembro2023Rodríguez Miranda interésase nos proxectos previstos polo décimo aniversario da Casa de Galicia en Alcorcón audio A secretaria da entidade, Carmen Lamas, compartiu co secretario xeral da Emigración as actividades previstas por esta entidade, a máis nova da comunidade madrileña. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu á secretaria da Casa de Galicia en Alcorcón, Carmen Lamas, coa que falou, entre outros temas, dos proxectos previstos polo décimo aniversario deste centro galego. Esta entidade, que conta cunha ampla actividade... Máis información
-
06Setembro2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, destaca a importancia dos xogos de salón para manter a unión entre a colectividade galega audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao inicio das 48ª Olimpiadas de Juegos de Salón da Liga Española Deportes del Uruguay, na que participan as entidades galegas Centro Gallego de Montevideo, o Centro Pontevedrés, A Casa de Galicia, o Club Social CUTCS e o Centro Alma Gallega, entre outras. A delegada destacou a importancia que este tipo de iniciativas teñen para manter a unión entre a colectividade galega e española no... Máis información
-
05Setembro2023Emigración destaca a figura de Antonio Palacios como afianzador da identidade galega a través da arquitectura audio Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou a mostra “Construír a paisaxe” realizada pola artista Amelia Palacios, sobriña-bisneta do famoso arquitecto galego, co gallo do 150º aniversario do seu nacemento. O secretario xeral da Emigración agradeceu a iniciativa posta en marcha pola Federación de Asociaciones Gallegas en Madrid, FAGAMA. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á inauguración da exposición que sobre a figura... Máis información
-
04Setembro2023Miranda analiza con Manuel Enríquez, presidente do Consello da Comunidade Española da Baixada Santista, a situación da colectividade no Brasil audio Manuel Enríquez aproveitou a visita para valorar e agradecer a colaboración da Secretaría Xeral da Emigración no que a apoio económico, humano e social se refire. Antonio Rodríguez Miranda recibiu na Secretaría Xeral da Emigración a Manuel Enríquez, presidente do Consello da Comunidade Española da Baixada Santista, colonia que agrupa ao Centro Español de Santos, á Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficencia Rosalía de Castro así como ao... Máis información
-
04Setembro2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asiste ao 144º aniversario do Centro Gallego de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto de homenaxe ao Centro Gallego de Montevideo co gallo do seu 144º aniversario, que tivo lugar no polideportivo de Carrasco. Durante o evento, a delegada da Xunta estivo acompañada de outras autoridades españolas como o encargado de negocios da embaixada de España, Carlos Domínguez, ou a consejera de Trabajo y Seguridad Social, Isabel de Zulueta. Elvira Domínguez destacou a... Máis información
-
01Setembro2023Representantes de Casas de Galicia de Barcelona e do Centro Galego de Tarragona reúnense co secretario xeral da Emigración audio Marisol Pérez e Manoel Carrete aproveitaron o encontro para facer balance das actividades deste primeiro semestre nas súas respectivas entidades. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu a Marisol Pérez, secretaria de Casas de Galicia de Barcelona, e a Manoel Carrete, vicepresidente de cultura do Centro Galego de Tarragona. Ambos representantes mantiveron un encontro para facer balance das actividades que levaron a... Máis información
-
31Agosto2023Miranda visita en Ribadeo unha respostería artesanal e ecolóxica posta en marcha por dúas galegas retornadas audio O proxecto empresarial “Pan de Limón”, fundado no ano 2021, xorde da iniciativa de dúas galegas retornadas do Reino Unido e Alemaña e está integrado nas liñas de Axudas ao Retorno Emprendedor. Esta subvención da Secretaría Xeral da Emigración ten aberto o prazo de solicitude ata o 29 de setembro e a contía comprende entre os 6.000 e 10.000 euros. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega,... Máis información
-
30Agosto2023Rodríguez Miranda recibe aos representantes da Asociación Casa Argentina en Vigo audio Esta entidade cultural, fundada no ano 2008, converteuse nun referente cultural e, na actualidade, desenvolve un importante labor de acollida para a colectividade arxentina na cidade olívica. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá a Hugo Aloe e Ana Rosas, presidente e secretaria da Asociación Casa Argentina en Vigo. Esta entidade cultural fundada no ano 2008 é, na actualidade, un referente cultural... Máis información
-
30Agosto2023As entidades galegas do exterior contarán cun total de 40 obradoiros de música, cociña e cultura galega audio A Secretaría Xeral da Emigración vén de publicar a adxudicación definitiva dos 40 obradoiros que se organizan en colaboración coas entidades galegas do exterior de América, España e Europa. Estas actividades serán presenciais, excepto os seminarios de cultura galega que se realizarán de forma virtual, e darán comezo este mes de setembro. A Secretaría Xeral da Emigración vén de publicar no día de hoxe a adxudicación definitiva dos 40... Máis información
Páxinas |