Retorna Dixital
Desenvolvedor/a Android
31 / 08 / 21
31 / 10 / 21
#133
Sixtema, SL
A Coruña
España
Centro de traballo:
Santiago de Compostela / Remoto
Descrición da oferta:
- Actualmente atopámonos en proceso de incorporar programadores/ as android ao noso equipo de traballo.
Sixtema, con sede en Santiago de Compostela, é unha empresa TIC especializada en desenvolvemento web, desenvolvemento de aplicacións móbiles e solucións GIS con 15 anos de experiencia no sector.
Que requisitos que estamos a buscar?
- Coñecementos en Android.
- Integración con webservices (REST).
- Coñecemento de librerías Jetpack.
- SQLite.
Ademais, valoramos:
- Coñecementos en Kotlin.
- Programación noutras plataformas móbiles.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Iniciativa.
- Proactividade.
En Sixtema dámoslle gran importancia ao benestar e desenvolvemento das persoas, polo que che comentamos que cousas destacamos de nós:
- Empresa entusiasta, divertida e próxima.
- Empresa en crecemento e expansión.
- Traballo baixo metodoloxías áxiles.
- Proxectos innovadores con tecnoloxías en auxe.
- Flexibilidade horaria.
- Xornada de verán en xullo e agosto.
- Teletraballo posible.
- Bo clima laboral.
- Seguimento ao empregado.
- 23 días de vacacións (24 e 31 de decembro libres).
- Participación nas iniciativas empresariais.
- E máis cousas que están por vir!
Tipo de contrato:
Indefinido / Temporal