Retorna Dixital
Tester de software
31 / 08 / 21
31 / 10 / 21
#131
Sixtema, SL
A Coruña
España
Centro de traballo:
Santiago de Compostela / Remoto
Descrición da oferta:
En Sixtema, atopámonos na procura dun perfil de tester que se encargará de verificar que o software cumpre cos estándares de calidade establecidos.
Que requisitos que estamos a buscar?
- Jenkins.
- Sonar.
- jUnit.
- Realización de tests de carga, seguridade e tensión.
- Persoa con coñecementos en testing automático ou ben que saiba de testing manual e queira envorcarse a testing automático.
En Sixtema, dámoslle gran importancia ao benestar e desenvolvemento das persoas, polo que che comentamos que cousas destacamos de nós:
- Empresa entusiasta, divertida e próxima.
- Empresa en crecemento e expansión.
- Traballo baixo metodoloxías áxiles.
- Proxectos innovadores con tecnoloxías en auxe.
- Flexibilidade horaria.
- Xornada de verán en xullo e agosto.
- Teletraballo posible.
- Bo clima laboral.
- Seguimento ao empregado.
- 23 días de vacacións (24 e 31 de decembro libres).
- Melloras nalgúns permisos do convenio colectivo.
- Temos en conta a túa opinión para iniciativas empresariais.
- E máis cousas que están por vir!
Tipo de contrato:
Indefinido / Temporal