Retorna Dixital
- Buscamos un/unha Fullstack Xoiante para desenvolver o backend e frontend das nosas experiencias de Realidade Aumentada, Virtual e Estendida
Que é iso? Os Xoiantes, desenvolvedores da familia Xoia Extending Reality, son unha mestura de 40% aptitude (coñecementos (estudos regrados e non regrados) + habilidades desenvolvidas coa experiencia) + 60% actitude (creatividade, iniciativa, traballo colaborativo, adaptabilidade, pensamento analítico, crítica construtiva) unido á paixón polo mundo das realidades estendidas e interactivas, con gañas de aprender cada día, de superar retos tecnolóxicos, explorar os límites da tecnoloxía e capaz de evolucionar con esta.
Requisitos mínimos:
- Dous anos de experiencia como Fullstack
- Deseño e Desenvolvemento de CMS Headless (Xestor de contido)
- Deseño e Desenvolvemento de API Rest
- SQL & NoSQL databases: MongoDB, PostgreSQL, MySQL, and SQLite (Algún deles)
- Sistemas de control de versións - Git
Requisitos moi valorables:
- JavaScript
- Node JS
- React
- AWS
- Mantemento Servidores e VPS
- HTML5 & CSS
- RESTful or GraphQL
- Experiencia en proxectos relacionados co 3D.
- Experiencia traballando con metodoloxías agile.
Valorable:
- Webadmin
- WebGL
- Soap
- Coñecementos básicos de Unity 3D
Ofrecemos:
- Posto de traballo a xornada completa.
- Contrato e Salario a convir, segundo experiencia e valía do candidato ou candidata.
- Horario parcialmente flexible.
- Días de teletraballo.
- Un equipo e ambiente aberto, colaborativo, onde non só crecer profesionalmente, senón potenciar as túas habilidades acordes aos teus gustos e aspiracións.
- Unha carreira a longo prazo no apaixonante, e en continua evolución, mundo da realidade aumentada e virtual.
Os/as interesados/as non vos asustedes con tanto requisito. Queremos coñecervos a todos e a todas!