Retorna Dixital
Programador/a Sistemas Linux
31 / 08 / 21
31 / 10 / 21
#128
Dinahosting, SL
A Coruña
España
Centro de traballo:
Santiago de Compostela (posibilidade de teletraballo)
Descrición da oferta:
- Programadores ou programadoras para a nosa infraestrutura de backend e de comunicacións con coñecementos de linguaxes como PHP e de scripting como Perl, Python ou Go, polo que se traballaches nalgunha ocasión con eles, encaixarás con facilidade.
En dinahosting traballarás:
- Investigando, propoñendo e deseñando solucións en equipo.
- Desenvolvendo tarefas de programación nas linguaxes coas que traballamos e documentando o teu traballo.
- Planificando e executando as probas necesarias para asegurar o correcto funcionamento do programa.
- Facendo despregues e postas en produción das ferramentas que desenvolviches e resolvendo as incidencias que poidan xurdir.
- E por suposto, encantaríanos que nos deses sempre a túa opinión e ideas de mellora sobre os proxectos do departamento.
Vantaxes de ser dinaworker :)
Somos un equipo de máis de 100 persoas dedicadas a ofrecer o mellor servizo de aloxamento web e dominios aos nosos clientes. Dispoñemos:
- Flexibilidade horaria de entrada e xornada intensiva. Entrada entre as 7h e as 9h, horario que favorece a conciliación familiar.
- Posibilidade de teletraballo
- Convenio colectivo propio.
- Salario de entrada: Poderá variar en función da túa experiencia e valor aportado ao equipo.
- Bolsa de formación subvencionada ao 100% para que poidas seguir formándote.
- Clases de pilates e relaxación.
Tipo de contrato:
Indefinido
Salario:
25.000-33.000
Xornada:
Completa
Requisitos mínimos:
• Programación OOP. • Git + Gitlab. • Docker. • Apache, Varnish, Postfix, Dovecot. • MySQL, ELK. • Ceph. • Linux. • Virtualización con KVM. • Ansible, Prometheus, Grafana.
Outros requisitos:
Comentarche que en dinahosting somos fieis seguidores dos principios de Clean Code e SOLID xa que é prioritario que coides o teu código. Tamén utilizamos metodoloxías áxiles na nosa xestión de proxectos, como Scrum.