Retorna Dixital
Es analista back- end? Estás a buscar un equipo que traballe con stack tecnolóxico de primeira liña, arquitectura de microservicios e en contornas de integración continúa e plataformas DevOps? Estás no lugar adecuado! Chegou o momento de escoitarche, de crear novas posibilidades que che leven cara a onde queres. É o momento perfecto porque en everis Galicia, queremos seguir sumando talento á compañía e ampliando os nosos equipos de desenvolvemento de produto. Confiamos na liberdade responsable da nosa xente e por iso ofrecémoslles un horario flexible, con capacidade de autoxestión.
Se tes o rol de Analista back- end poderás comezar a formar parte do noso team e, participarás no end to end do que creamos baixo marcos de traballos áxiles. Gustaríanos contar cunha persoa á que lle guste asumir novos retos, que busque ir máis aló e que se oriente á mellora continua. Ademais, queremos que sexas boa xente porque iso é o que prima na nosa compañía, xente boa e boa xente. Formar parte de everis implica contar coas seguintes vantaxes:
- Estabilidade laboral cun contrato indefinido desde o primeiro momento.
- Oportunidades de crecemento profesional grazas aos nosos plans de carreira que se adaptan ás inquietudes e expectativas de desenvolvemento que queiras ter.
- Paquete de beneficios sociais engadidos ao teu salario bruto (valorado en 2.000€ e composto de: seguro médico pago para ti ao 100% e se queres incluír aos teus familiares everis pagaríache o 80%), seguro de vida e accidentes; e axuda flexible mensual que se queres poderás destinar a outros beneficios flexibles.
- Formación técnica e certificacións adaptada ao teu rol e coñecemento específico. Contamos cunha universidade corporativa cun amplo catálogo onde tamén podes atopar formación metodolóxica, de idiomas, e competencial.
- Flexibilidade horaria onde podes adaptar o teu horario ás túas necesidades persoais.
Se che gustou o que liches, esperámosche!