Información do proxecto

Que é Retorna Dixital?

Neste espazo queremos dar saída ás necesidades de persoal TIC que teñen as empresas galegas do sector aproveitando o talento das galegas e galegos do exterior que retornaron ou están pensando en retornar á terra. Aquí atoparás oportunidades de comezar unha nova carreira profesional en Galicia: se o teu perfil se axusta a algunha das ofertas non dubides de enviarnos o teu currículo!!!.

Para coñecer máis en relación á transformación dixital que se está levando a cabo en Galicia e datos e actividades do sector tecnolóxico galego, podes pinchar nas seguintes ligazóns:

Quen pode participar?

RetornaDixital busca facilitar o encontro entre perfís dixitais interesados en voltar a Galicia e as empresas TIC radicadas na Comunidade. É por iso que se dirixe a:

  • Persoas emigrantes galegas e descendentes que residan no estranxeiro e queran retornar, ou que xa retornaran e que poden, a través deste espazo, consultar e contactar directamente a empresas do sector tecnolóxico que figuran no directorio, inscribirse nas ofertas de emprego dispoñibles ou presentar candidaturas espontáneas se consideran que o seu perfil se axusta aos intereses da empresa.
  • Empresas TIC que desexen adherirse ao programa ou figurar no directorio RetornaDixital, ambas opcións potenciarán a súa visibilidade mellorando o seu posicionamento cara a atracción de talento dixital do exterior.

Como se pode participar?

As empresas poden facilitar os datos da súas organizacións a través do formulario dispoñible na sección Adhesión e posteriormente contactarase con elas para concretar o detalle da información necesaria (traxectoria, organización, servizos, ofertas de emprego, etc.).

Podes contactar con calquera das empresas adheridas ou o Directorio de Empresas sector TIC Galicia ao programa e/ou inscribirte nas ofertas de emprego que se publiquen no portal.

Que empresas poden participar?

Pode participar no programa RetornaDixital calquera empresa do sector TIC con sede en Galicia, este espazo manterase en constante actualización para ofrecer todas as novidades dispoñibles polo que as organizacións poderán trasladar os seus datos para manter Directorio ao día ou, no caso das empresas adheridas, estas comunicarán os cambios relativos ás súas ofertas de emprego que reflictan a imaxe real das súas necesidades de perfís dixitais en cada momento.

Vídeos sobre Retorna Dixital