Quen somos?
Con sedes en Galicia, Valencia e Madrid, e impulsada por Palma Tools e Tema Grupo Consultor, empresas referentes no sector da mobilidade, TICMoveo ofrece solucións tecnolóxicas a medida grazas a un equipo multidisciplinar de consultores con amplas traxectorias tanto no sector das tecnoloxías coma no do transporte.
Que ofrecemos?
A nosa misión e visión é aportar valor aos nosos clientes, ofrecendo un servizo de consultoría e desenvolvemento dinámico e innovador, sustentado nos nosos valores fundamentais:
- Xestión dende a cercanía
- Perspectiva global e raíces en Galiza
- Background tecnolóxico
- Experiencia no soporte á Administración
Os nosos servizos
Mobilidade e Transporte:
- Sistemas Centrais de Xestión de Medios de Pago e de tratamento intelixente na mobilidade, servizos cidadáns e turismo
- Sistemas de Axuda á Explotación e de información ao viaxeiro e o turista
- Implantación de redes de recarga do vehículo eléctrico
Asistencia Técnica na implantación e xestión:
- Soporte en sistemas ITS embarcados (SAE, monética) e backoffice
- Asistencia Técnica a entidades públicas e privadas
- Sistemas avanzados de ticketing sen contacto
- Sistemas de optimización e axuda á operación do transporte con ferramentas XIS e CAD
- Redacción de ofertas e pregos técnicos
Desenvolvemento e formación:
- Ferramentas, compoñentes e aplicacións especializadas do sector
- Desenvolvemento de aplicacións web e móbil chave en man
- Aplicacións de intelixencia de datos (cadros de mando, Big Data, reporting)
- Formación e especialización no coñecemento das tecnoloxías
Outra información de interese
Contamos con seguro médico privado e levamos anos aplicando políticas de teletraballo e horarios flexibles.