Quen somos?
Desde o ano 2002 en Balidea especializámonos en consultoría tecnolóxica, integración de sistemas e aplicacións, desenvolvemento de software e web, ciberseguridade, así como en provisión de infraestruturas e sistemas e outsourcing de servizos profesionais.
A nosa actividade vira ao redor da tecnoloxía e a innovación, ofrecendo propostas de calidade e utilizando os últimos avances TIC.
Que ofrecemos?
O noso traballo caracterízase pola calidade e adaptación ao cliente, e para conseguilo traballamos en equipo, con compromiso e eficiencia.
Somos un equipo profesional altamente cualificado e multidisciplinar, novo e dinámico. Sempre apostamos pola formación continua do noso equipo para a actualización e evolución dos nosos coñecementos e habilidades.
Os nosos servizos
A nosa actividade vira ao redor da tecnoloxía e a innovación, ofrecendo propostas de calidade e utilizando os últimos avances TIC.
En Balidea achegamos solucións que dan resposta ás necesidades dos nosos clientes, coas que conseguen maximizar o valor do seu investimento en recursos tecnolóxicos e que lles permiten evolucionar con garantías e coa confianza dun socio TIC de referencia.
Outra información de interese
Queremos ser a empresa de solucións TIC de referencia para os clientes máis esixentes en calidade e eficiencia, a nivel nacional e internacional. Apostamos polas persoas como o noso principal valor: queremos un equipo comprometido ao que ofrecemos desenvolvemento profesional.