Xoia Extending Reality é unha startup que desenvolve productos e servizos basados na tecnoloxía de Realidade Aumentada e Virtual para as verticais de: Industria 4.0; Cultura, Turismo e Patrimonio; Marketing e retail, con clientes que van dende grandes empresas como Acciona a institucións públicas coma a Xunta de Galicia.
Que ofrecemos?
A Xoia tan só se pode vir a desfrutar do traballo e a sentir paixón pola tecnoloxía que utilizamos e da que aprendemos todos os días. Buscamos persoas que queiran crecer e densenrolar a súa carreira neste apaixonante sector, crecendo continuamente tanto no puramente técnico, como en responsabilidades, segundo as aptitudes, necesidades e intereses de cada un. Todo isto nun ambiente de traballo divertido, de colaboración e compañeirismo.
Os nosos servizos
Desenvolvemos solucions e productos innovadores baseados na realidad aumentada e virtual utilizando sempre a ultima tecnoloxía dispoñible.
Outra información de interese
Valoramos tanto, senón máis que o técnico, as habilidades e aptitudes persoais, as gañas de crecer, de aprender todos os días cunha tecnoloxía que cambia continuamente. En Xoia, hoxe, contratamos e formamos os líderes do mañá.