Dinahosting é unha empresa de aloxamento web e dominios afincada en Santiago de Compostela, nacida no ano 2001, en plenos inicios da Internet.
Os nosos inicios estiveron ligados ao desenvolvemento e deseño web, pero dado o enorme crecemento de Internet neses anos e ao incremento fortísimo da demanda, o negocio pronto evolucionou cara a xestión de aloxamento web e dominios. Desde sempre acompañamos a evolución da Internet sendo unha empresa innovadora, que aposta pola calidade técnica, o desenvolvemento de ferramentas propias e a mellor atención ao cliente. Estas foron as claves do noso crecemento e o que nos converteu na compañía líder no sector que somos a día de hoxe.
Que ofrecemos?
Os nosos valores son tres: soporte técnico, desenvolvementos propios e infraestrutura e hardware da máxima calidade.
Estamos a un só chat ou chamada de distancia as 24 horas do día, os 7 días da semana. Sen contestadores, sen formalismos, sen esperas, e en galego ou outras linguas como o catalán, portugués e inglés. Ademais desenvolvemos a medida dos nosos clientes ferramentas tan importantes como o Panel de Control, a través do cal o usuario pode xestionar os seus servizos, e o Webmail ou ferramenta de correo, que dispón dun amplo abano de utilidades para facer máis doado o traballo en equipo.
O noso hardware e infraestrutura técnica dispoñen da mellor calidade posible, avaliada mensualmente pola auditoría Netcraft, que nos sitúa mes a mes entre as 10 compañías de hosting máis fiables do mundo.Por outra banda, fomos recoñecidos pola Deputación da Coruña en 2018, e no 2020 pola Cámara de Comercio e o Santander como Empresa Socialmente responsable, por medidas como o favorecemento da conciliación laboral e familiar para o noso cadro de persoal, con xornadas de traballo flexibles; plans de formación onde o/a traballador/a pode solicitar cursos vencellados co seu perfil; axuda co pagamento de garderías e residencias de maiores; elección libre de vacacións; seguro médico e dental privado, con coberturas tamén para familiares; clases de pilates e comidas corporativas trimestrais a conta da empresa para facer equipo, entre outras medidas.
Os nosos servizos
Ofrecemos plans de aloxamento adaptados para todo tipo de proxectos, desde hosting compartido ata servidores virtuais, físicos e cloud hosting. Tamén somos rexistradores de primeiro nivel para case todos os dominios do mercado avaliados pola ICANN, e ofrecemos máis de 400 dominios á venda. Ademais dispoñemos destes outros servizos:
- Certificados dixitais para cifrar as comunicacións web
- Auditorías de seguridade e servizo de desinfección de hosting
- Servizos legais especializados en Internet
- Solucións avanzadas e a medida para empresas con máis necesidades
- Solucións específicas para bases de datos E un longo etcétera. Como somos 100 % independentes podemos darlles aos nosos clientes o que necesitan e personalizar ao máximo os nosos produtos.
Outra información de interese
En dinahosting somos un equipo humano de máis de 130 persoas nos nosos centros de traballo de Santiago de Compostela e Madrid.
A nosa facturación foi de máis de 12 millóns de euros no último ano.
En dinahosting valoramos enormemente as persoas con interese e motivación e sempre fomentamos que o equipo aporte as súas ideas, así podemos mellorar.